Bombardeo de Singapur (1944-1945)
Bombardeo de Singapur | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Segunda guerra mundial | |||||||
O IX peirao flotante da base naval de Singapur foi o obxectivo de dous ataques en 1945. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Estados Unidos |
Imperio do Xapón | ||||||
Baixas | |||||||
9 bombardeiros destruídos | Destrución de varias instalacións navais. Destrución de catro navíos e danos en once. |
O bombardeo de Singapur (1944–1945) foi unha campaña militar dirixida polas forzas aéreas aliadas durante a segunda guerra mundial. Unidades de bombardeiros de longo alcance das Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF) lanzaron 11 ataques aéreos dirixidos a Singapur, ocupado polo Imperio Xaponés, entre novembro de 1944 e marzo de 1945. A maioría destes ataques ían dirixidos contra a base naval e as instalacións dos estaleiros da illa. Despois de que os bombardeiros americanos se reorganizasen, os británicos da Royal Air Force asumiron a responsabilidade das operacións de minado preto de Singapur, as cales continuaron até o 24 de maio de 1945.
Os ataques tiveron resultados diversos: o dano máis significativo foi provocado na importante base naval de Singapur e no porto comercial. Algúns ataques sobre estes obxectivos non tiveron éxito e outros contra instalacións de almacenaxe de carburante en illas preto de Singapur foron ineficaces. A campaña de minado interrompeu o tráfico de barcos xaponesos na área de Singapur e provocou a perda de tres barcos e danos noutros dez, pero no foron decisivos no devir da guerra. Porén, os ataques aéreos aliados tiveron éxito alzando a moral da poboación civil de Singapur, que cría que estes poderían marcar a inminente liberación da cidade. O número global de vítimas civís dos bombardeos foi baixo, aínda que un ataque en concreto matou centenares de indixentes e varios traballadores civís de instalacións militares.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mann, Robert A. (2009). The B-29 Superfortress Chronology, 1934–1960 (en inglés). Jefferson, North Carolina: McFarland. ISBN 0-7864-4274-3.
- Murfett, Malcolm H.; et al. (1999). Between Two Oceans: A Military History of Singapore From First Settlement to Final British Withdrawal (en inglés). Singapur: Oxford University Press. ISBN 0-19-588482-5.