Saltar ao contido

Blaise Pascal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBlaise Pascal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1623 Editar o valor en Wikidata
birth house of Blaise Pascal (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte19 de agosto de 1662 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
París (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSaint-Étienne-du-Mont (pt) Traducir, Pilier devant La Chapelle de la Vierge 48°50′47″N 2°20′54″L / 48.8465, 2.34833 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaParís (1648–1662)
Ruán (1640–1647)
París (1631–1639)
Clermont-Ferrand (1623–1631) Editar o valor en Wikidata
RelixiónXansenismo Editar o valor en Wikidata
Director de teseMarin Mersenne Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoría da probabilidade, matemáticas, literatura e física Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, escritor, moralista, físico, filósofo, teólogo, estatístico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Pseudónimo literarioLouis de Montalte
Amos Dettonville
Salomon de Tultie Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisÉtienne Pascal Editar o valor en Wikidata  e Antoinette Begon Editar o valor en Wikidata
IrmánsJacqueline Pascal
Gilberte Périer Editar o valor en Wikidata
ParentesMarguerite Pascal, sobriña
Florin Périer, cuñado
Marguerite Pascal de Mons, avoa paterna Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLarousse Encyclopedia online (pt) Traducir
Concise Literary Encyclopedia (en) Traducir
Literary Encyclopedia 1929—1939 (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1147855 Musicbrainz: 4632a192-3a0c-4394-80b0-0163c09c5c82 Discogs: 826598 IMSLP: Category:Pascal,_Blaise WikiTree: Pascal-87 Find a Grave: 3241 Editar o valor en Wikidata
Blaise Pascal.

Blaise Pascal, nado en Clermont-Ferrand o 19 de xuño de 1623 e finado en París o 19 de agosto de 1662, foi un matemático, físico, filósofo e teólogo francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do matemático Étienne Pascal e de Antoinette Bégon. Perdeu á súa nai aos tres anos de idade. O pai decidiu educar persoalmente aos seus fillos decidindo, así mesmo, desprazarse a París onde se opuxo ás medidas fiscais do Cardeal Richelieu e tivo que escapar á Bastille. Tras recuperar o seu favor, instalouse en Rouen onde foi delegado rexio.

O neno Pascal, cando tiña 11 anos, escribiu un tratado sobre os sons e, pouco máis tarde, sobre os principios de Euclides verbo dos ángulos dos triángulos. Con 16 anos, redactou un ensaio sobre as seccións cónicas. Aos 18 anos, construíu unha calculadora mecánica.

Realizou estudos de hidrostática e implicouse na polémica xansenista debido ás súas inquedanzas relixiosas.

Dunha saúde moi feble, non se coñece con exactitude cal foi a causa da súa morte.

Científico

[editar | editar a fonte]

Contribuíu á creación da xeometría proxectiva e ao cálculo de probabilidades, así como ao desenvolvemento do cálculo infinitesimal, a mecánica dos fluídos e a presión atmosférica e perfeccionou o barómetro de Torricelli. Refutou o concepto de horror ao baleiro. Dentro da análise combinatoria é célebre o triángulo de Pascal relacionado co teorema binomial.

A el débeselle o teorema de Pascal que determina que nun hexágono nunha cónica as rectas que contiveren as beiras opostas intercéptanse en puntos colineares.

Tamén formulou o principio ou Lei de Pascal que di que a presión producida nun líquido en equilibrio se transmite integralmente a todos os puntos do líquido e ás paredes do recipiente.

[editar | editar a fonte]

Pascal aprehende ao home pola súa dimensión pensante como Descartes, pero o concibe na súa fraxilidade; o home é unha cana pensante. Só con Deus o home adquire a súa auténtica grandeza.

Pascal distingue entre razón e corazón. Só no corazón cáptanse os primeiros principios que sosteñen a articulación dos razoamentos, o discurso lóxico. O corazón ten razóns que a razón non coñece.

Pascal é debedor de Agostiño de Hipona e considera que existe o perigo de facer un ídolo da verdade mesma: a verdade sen amor non é Deus; é a súa imaxe, un ídolo que non se ha de estimar nin adorar. Para el existen dúas desviacións para acadar a auténtica Verdade onde o home se encontra a si mesmo: rexeitar a razón e non admitir máis que a razón.

  • Essai pour les coniques (1640)
  • Experiences nouvelles touchant le vide (1647)
  • Écrit sur la signatu
  • re du formulaire (1661)
  • Les Provinciales (1658)
  • Les Pensées (póstumo)
  • Traité du triangle arithmétique (póstumo)
  • De l'esprit géométrique (1658)
  • Traité de l'équilibre des liqueurs et de la pesanteur de la masse de l'air (1648)

Ver tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]