Saltar ao contido

Bioko Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBioko Sur

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 3°26′N 8°38′L / 3.44, 8.64
EstadoGuinea Ecuatorial
Region of Equatorial Guinea (en) TraducirRegião Insular (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CapitalLuba Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadaLingua bubi
Língua crioula de Bioco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.241 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
ISO 3166-2GQ-BS Editar o valor en Wikidata

Bioko Sur é unha das 8 provincias que compoñen a República de Guinea Ecuatorial.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A provincia localízase xeograficamente entre os 3º 25' N e os 8º 25' L, no golfo de Guinea, distando uns 50 km das costas do Camerún.

Ocupa a parte sur da illa de Bioko, limita ao norte coa provincia de Bioko Norte e ao oeste, sur e leste co océano Atlántico (golfo de Guinea).

A súa capital é a cidade de Luba.

A provincia ten unha extensión de 1 241 km² e, no ano 2015, contaba cunha poboación de 34 674 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 28 hab./km2.

Está dominada por dous picos volcánicos, o Pico Biao (2 009 m) e a Gran Caldeira de Luba (2 261 m).[2]

Os principais ríos son o Ole ou Tudela, Moab, Iladyi, Ruma e Tiburones, ríos onde son frecuentes as fervenzas, mesmo na súa foz, e exercen uha forte acción erosiva que pode dar lugar a violentos movementos de terra cando o fluxo se multiplica coas primeiras chuvias.

División administrativa e demografía

[editar | editar a fonte]

A provincia está constituída por dous municipios e os seus correspondentes distritos.[3][4]

Distritos Total Urbana Rural Superficie Densidade
Total homes mulleres homes mulleres homes mulleres km² hab./km²
Bioko Sur 29 034 15 263 13 771 4 942 5 155 10 321 8 616 1 241 23
Luba 23 870 12 453 11 417 4 421 4 590 8 032 6 827 843 28
Riaba 5 164 2 810 2 354 521 565 2.289 1.789 398 13
Demografía histórica
Censos
ano
Poboación

1983 10 969
1994 12 569
2001 29 034

Poboacións

[editar | editar a fonte]
  • Luba (con 21 Consellos de Poboados)
  • Riaba (con 14 Consellos de Poboados)
  1. "Censo de población 2015–República de Guinea Ecuatorial" (PDF) (en castelán). INEGE. p. 7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2012. 
  2. "Bioko - Geography e Geology". Gulf of Guinea Conservation Group. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2007. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  3. Ministerio del Interior y Corporaciones Locales
  4. Datos de poboación do censo de 2001.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]