Betty Harris
Aparencia
Betty Wright Harris, nada en Monroe o 29 de xullo de 1940,[1] é unha química estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Betty Harris naceu en Luisiana e creceu rodeada da natureza. Optou polos estudos científicos, e formouse como química.[2]
En 1975, despois do doutoramento, traballou no Laboratorio Nacional de Los Álamos, onde permaneceu 20 anos. Investigou como detectar explosivos, e como reparar o impacto que causan no medio ambiente.[3]
Esta investigadora é unha dos poucos científicos afroamericanos distinguidos pola Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Betty Harris". Introductions Necessary. Nine Hour Films. 29 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2019. Consultado o 23 de marzo de 2017.
- ↑ Palomino, Zinthia (2019). Mujeres negras en la ciencia : www.mujeresnegrasquecambiaronelmundo.com. Zinthia Palomino. ISBN 978-84-09-08025-0. OCLC 1148196409.
- ↑ "Betty Wright Harris, química". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-07-29. Consultado o 2022-07-29.
- ↑ "Betty W. Harris". www.cpnas.org. Consultado o 2022-07-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- American Chemical Society and National Organization for the Professional Advancement of Black Chemists and Chemical Engineers video of "Five black chemists who changed the world"
- Betty W. Harris biography
- Featured Inventors: Dr. Betty Harris
- Betty Wright Harris
- Meet Dr Betty Wright Harris, inventor of test that detects explosives