Bartolomeu (nome)
Aparencia
- Este artigo trata sobre o nome, para o apóstolo véxase Bartolomeu, apóstolo.
Bartolomeu[1] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o hebreo "Bar Talmai", de bar 'fillo', e Talmai, nome propio que algúns identificaron co grego Ptolomeo. En galego tamén ten os hipocorísticos Bartolo e Bértolo.[1]
Historia do nome
[editar | editar a fonte]O nome Bartolomeu chegou ao galego a través do grego: Βαρθολομαίος, que á súa vez procede do patronímico aramaico bar-Tôlmay, "fillo de Tôlmay" ou "fillo de Tolomeo".
Bartolomeu foi un dos apóstolos de Xesús. En Galicia existen numerosas parroquias que teñen a San Bartolomeu de patrón (véxase:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Bartolomeu).
Santoral
[editar | editar a fonte]24 de agosto: San Bartolomeu, apóstolo.
Variantes noutras linguas
[editar | editar a fonte]Variantes noutras linguas | |
---|---|
Español | Bartolomé |
Alemán | Bartholomäus |
Árabe | برثولماوس (Barthwlmaws) |
Aragonés | Bertolomeu |
Armenio | Բարդուղիմեոս (Bartoghimeos) |
Asturiano | Bartolomé |
Bretón | Bertelame |
Catalán | Bartomeu |
Checo | Bartoloměj |
Corso | Bartulumeu |
Dinamarqués | Bartolomæus |
Eslovaco | Bartolomej |
Esperanto | Bartolomeo |
Estoniano | Bartolomeus |
Etíope | Bārtālomēwos |
Éuscaro | Bartoloma |
Finlandés | Bartolomeus, Perttu, Pärttyli |
Francés | Barthélemy |
Galego | Bertomeu |
Grego | Βαρθολομαίος (Bartholomaios) |
Hebraico | ברתולומאוס (Bartwlwmaws) |
Holandés | Bartolomeüs |
Húngaro | Bertalan |
Inglés | Bartholomew |
Irlandés | Bairtliméad |
Islandés | Bartólómeus |
Italiano | Bartolomeo |
Latín | Bartholomaeus |
Letón | Bartolomejs |
Lituano | Baltramiejus |
Maltés | Bartoloméw, Bartilméw |
Noruegués | Bartolomeus |
Polaco | Bartłomiej, Bartosz |
Portugués | Bartolomeu |
Romanés | Bartolomeu |
Ruso | Варфоломей (Varfolomej) |
Sardo | Bartumèu |
Serbio | Вартоломеј (Bartolomej) |
Sueco | Bartolomeus |
Ucraíno | Варфоломій (Varfolomij) |
Véneto | Bortoło |
Personaxes celebres
[editar | editar a fonte]Santos
[editar | editar a fonte]- San Bartolomeu, apóstolo, festexado o 24 de agosto.
- San Bartolomeu Albano Roe, mártir, conmemorado o 21 de xaneiro.
- San Bartolomeu de Vir, bispo cisterciense en Laon, celebrado o 26 de xuño.
- San Bartolomeu de Durham , eremita bieito, celebrado o 24 de xuño.
- San Bartolomeu de Simeri, eremita, fundador e abade, festexado o 19 de agosto.
- San Bartolomeu o novo, abade de Rossano Calabro, conmemorado o 11 de novembro.
- Santa Bartolomea Capitanio, fundadora da congregación das Irmás de María Nena, celebrada o 26 de xullo.
Outras personalidades
[editar | editar a fonte]- Barthélemy Charles Joseph Dumortier, político, briólogo, e botanista belga.
- Barthélemy Prosper Enfantin, reformador social francés.
- Bartholomew Roberts, pirata inglés.
- Bartholomew Yong, hispanista inglés.
- Bartolomeu I, Patriarca de Constantinopla.
- Bartolomé Bennassar, historiador e hispanista francés.
- Bartolomé Bermejo, pintor español.
- Bartolomé Blanche, presidente de Chile en 1932.
- Bartolomé Calvo, político, tipógrafo, avogado e xornalista colombiano, presidente de Colombia do 1 de abril ao 18 de xuño de 1861.
- Bartolomeu Colón, navegante e cartógrafo español.
- Bartolomé de Carranza, eclesiástico e teólogo español.
- Bartolomé de las Casas, freire dominico, cronista, teólogo, filósofo e xurista español.
- Bartolomeu Dias, navegante portugués.
- Bartolomé Esteban Murillo, pintor español.
- Bartolomé Ferrelo, mariño e conquistador español.
- Bartolomé D. Gallardo, militar e explorador chileno da época colonial.
- Bartolomé Hidalgo, escritor uruguaio.
- Bartolomé Hurtado, mestre de obras e arquitecto español.
- Bartolomé Leonardo de Argensola, poeta e historiador español do Século de Ouro.
- Bartolomé Masó, militar cubano.
- Bartolomé Mitre, político, militar, historiador, home de letras, estadista e xornalista arxentino, presidente da Arxentina entre 1862 e 1868.
- Bartolomé Ordóñez, escultor renacentista español.
- Bartolomé Ros, fotógrafo español.
- Bartolomé Salom, militar venezolano.
- Bartolomé Torres Naharro, dramaturgo, poeta e teórico do teatro español.
- Bartolomé Vivar, militar chileno.
- Bartolomeo Ammannati, arquitecto e escultor italiano.
- Bartolomeo Arese, político italiano.
- Bartolomeo Carduccio, pintor italiano.
- Bartolomeo Colleoni, mercenario italiano.
- Bartolomeo Cristofori, construtor de instrumentos musicais italiano.
- Bartolomeo Eustachio, anatomista e médico italiano.
- Bartolomeo Manfredi, pintor italiano.
- Bartolomeo Passerotti, pintor italiano.
- Bartolomeo Tromboncino, compositor italiano.
- Bartolomeu Lourenço de Gusmão, inventor e sacerdote xesuíta brasileiro.
- Bartomeu Robert, médico e político catalán.
- Bartomeu Rosselló-Pòrcel, poeta catalán.
- Fray Bartolomeo, pintor italiano.
Personaxes ficticios
[editar | editar a fonte]- Bart Simpson (Bartholomew J. Simpson), personaxe ficticio de The Simpsons.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.
- Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3.