Bandeira de Crimea
Bandeira de Crimea | |
---|---|
Características | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 24 de setembro de 1992 |
Cores | Azul Branco Vermello |
A bandeira de Crimea (en ruso: Флаг Крыма; en ucraíno: Прапор Криму; en tártaro de Crimea: Qırım bayrağı / Къырым байрагъы) é a bandeira da República Autónoma de Crimea de Ucraína, e da República de Crimea reclamada por Rusia. A bandeira foi adoptada oficialmente o 24 de setembro de 1992[1] como bandeira da República Autónoma de Crimea, readoptada o 21 de abril de 1999,[2] despois reaprobada o 4 de xuño de 2014 como bandeira da República de Crimea, anexada pola Federación Rusa.
A bandeira é unha tribanda, con raias horizontais en azul-branco-vermello. A franxa azul está situada no bordo superior e ten 1/6 do ancho da bandeira. A franxa branca é a máis grande das tres e ten 2/3 do ancho da bandeira, e a franxa vermella está situada no bordo inferior e ten 1/6 do ancho da bandeira.
Cando se ondea verticalmente, a franxa azul da bandeira debe estar á esquerda, o campo branco no centro e a franxa vermella á dereita. A lonxitude da bandeira é o dobre da súa anchura.
Bandeiras étnicas dos tártaros de Crimea
[editar | editar a fonte]Durante a formación da efémera República Popular de Crimea do tártaros de Crimea en 1917, a bandeira usada foi a azul ceo cun tamğa dourado, coñecida como Kök Bayraq ou "bandeira azul". Utilizouse unha bandeira de cor verde con fins relixiosos e a bandeira de cor vermella como bandeira militar dos tártaros.[3] Dende 1991, a versión azul ceo é a usada como bandeira étnica dos tártaros de Crimea.
-
Emblema circular co tamğa dos tártaros de Crimea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://zakon4.rada.gov.ua/krym/show/rb0146002-92
- ↑ Ukrainian heraldry Arquivado 14 de febreiro de 2020 en Wayback Machine. — Flag of Crimea URL consultado o 22 de febreiro de 2007
- ↑ Jaume Olle', Crimea: The Tatars (Ukraine), Flags of the World — (10 de xullo de 2000). "adoptada en novembro de 1917, abolida en xaneiro de 1918" (Jaumé Olle, Historical Flags, 1998).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira de Crimea |