Bandeira de Aruba
Bandeira de Aruba | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 18 de marzo de 1976 |
Cores | Azul Branco (cor) |
A bandeira de Aruba foi adoptada oficialmente o 18 de marzo de 1976, tras un concurso no que participaron máis de 630 deseños. Está composta por un fondo azul atravesado por dúas bandas horizontais paralelas de cor amarela. No extremo superior hai unha estrela de catro puntas de cor vermella e bordo branco.
O azul representa o ceo e o mar Caribe, mentres que o amarelo simboliza a unión entre Aruba e os Países Baixos e a cor do wanglo, flor nacional. A estrela vermella simboliza a illa apuntando aos catro puntos cardinais no medio do océano. O vermello representa a terra e o branco o bater das ondas sobre as praias. Tamén, as catro puntas da estrela identifican as catro linguas da illa: español, papiamento, neerlandés e inglés.
O 18 de marzo de cada ano é o Día da Bandeira en Aruba.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia detallada (en inglés)