Azulenta alpina
Azulenta alpina | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prunella collaris | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Prunella collaris (Scopoli, 1769) | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
|
A azulenta alpina (Prunella collaris) é unha ave paseriforme da familia Prunellidae[2] visible en ladeiras rochosas e prados de alta montaña. En inverno, a súa área de distribución é máis ampla, incluíndo altitudes menores. A súa cabeza é gris, o peteiro amarelado, as ás escuras e unha parte inferior e lateral riscada avermellada. Pola forma e comportamento, parécese ao Prunella modularis, pero en maior tamaño.
A súa voz é en reclamo curto, tipo gorxeo, errático, cando está pousado ou en voo.
O seu niño é herbáceo, en fendas rochosas, con 3-5 ovos que pon en dúas niñadas, de maio a agosto.
Aliméntase peteirando no chan pequenos insectos, arácnidos, bagas e sementes.
A súa distribución é a alta montaña de Serra Nevada, Pireneos e Alpes; localmente, aparece en Italia e os Balcáns. Nos cumes do Mulhacén ou Catavento, resulta rechamante o seu comportamento extremadamente confiado ante a presenza do home.
No inverno pode acadar a costa, aínda que isto é moito máis raro.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense as seguintes subespecies:[2]
- Prunella collaris collaris
- Prunella collaris subalpina
- Prunella collaris montana
- Prunella collaris rufilata
- Prunella collaris whymperi
- Prunella collaris nipalensis
- Prunella collaris tibetana
- Prunella collaris erythropygia
- Prunella collaris fennelli
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2004). Prunella collaris. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan e C. L. Wood. (2010). "The Clements checklist of birds of the world: Version 6.5". Consultado o 2 de xaneiro de 2012.
- Hume. Rob. 2002. Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega ISBN 84-282-1317-8
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Azulenta alpina |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Azulenta alpina |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vídeos da azulenta alpina na Internet Bird Collection