Saltar ao contido

Atol Nukutepipi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAtol Nukutepipi
(fr) Nukutepipi Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoAtol Editar o valor en Wikidata
Parte deTuamotu Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas do Duque de Gloucester Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAtol Hereheretue, Francia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 20°42′S 143°30′O / -20.7, -143.5
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie1,3 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1606 Editar o valor en Wikidata

Nukutepipi é un atol de Tuamotu, na Polinesia Francesa, o máis meridional do grupo das Illas do Duque de Gloucester. Esta deshabitado e depende de Hereheretue, comuna asociada á comuna de Hao. Está situado a 30 km ao sueste de Anuanurunga e a 700 km ao sueste de Tahití.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

É un atol pequeno situado nunha zona remota e historicamente deshabitado. Ten unha superficie total de 5´6 km² incluídos os illotes emerxidos, os arrecifes e a lagoa de 2´2 km². O atol ten forma de media lúa, de 3,5 km de longo e 2 km de ancho. Consta de dous illotes, un de 2.745 m ao norte, e o outro de 673 m ao noroeste, separados por unha canle de 150 m de ancho e 1 m de profundidade. A coroa do sur son arrecifes mergullados por onde a auga do océano entra na lagoa cando hai temporal do sur ou do leste. A lagoa consiste nunha ampla plataforma de ata 2 m de profundidade que ocupa a metade da superficie e rodea unha parte máis profunda de ata 17 m. O fondo é de area.

Foi descuberto polo inglés Philip Carteret, o 12 de xullo de 1767, que o chamou Gloucester Island, nome que se mantivo para todo o grupo. En 1803, John Turnbull do Margaret chamouno Margaret's Island. En 1841 foi explorado por Ringgold da expedición norteamericana de Charles Wilkes, e anotou o nome polinesio.

No ano 1910 o atol concedeuse á Société Commerciale da Océanie para replantar cocos. Tras a quebra da sociedade pasou por diferentes mans privadas.

En 1982, o comerciante de perlas Jean-Pierre Fourcade construíu un aeródromo. Ao ano seguinte houbo dous furacáns seguidos, en febreiro e abril, que destruíron a vexetación e todas as instalacións. En 1985 plantouse de novo parcialmente con cocos. Desde 1991 é propiedade dunha compañía xaponesa.