Astérix et Obélix contre César
Astérix et Obélix contre César | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Astérix et Obélix contre César |
Director | Claude Zidi |
Produtor | Vittorio Cecchi Gori Claude Berri |
Guión | René Goscinny Gérard Lauzier |
Intérpretes | Christian Clavier Gérard Depardieu Roberto Benigni Laetitia Casta |
Música | Jean-Jacques Goldman Roland Romanelli |
Fotografía | Tony Pierce-Roberts |
Montaxe | Hervé de Luze Nicole Saunier |
Distribuidora | Pathé (Reino Unido/Francia) Miramax films (USA) |
Estrea | 3 de febreiro de 1999 |
Duración | 109 minutos |
Orixe | Francia Italia Alemaña |
Xénero | Fantasía |
Recadación | $73 200 000 |
Filme seguinte | Astérix et Obélix : Mission Cléopâtre |
Na rede | |
https://asterix.com/asterix-au-cinema/les-films-live/asterix-et-obelix-contre-cesar/ | |
Astérix et Obélix contre César é un filme dirixido por Claude Zidi que se estreou en 1999. É o primeiro da serie de filmes baseados na banda deseñada de Goscinny e Uderzo Astérix. O filme combina o argumento de varias historias de Astérix, como Astérix o galo, Le Devin, Astérix e os godos, Astérix lexionario e Astérix gladiador.
No ano da súa estrea, foi a produción máis custosa do cine francés. Foi superada pola súa secuela Astérix et Obélix : Mission Cléopâtre, no 2002.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A pequena vila de Astérix e Obelix é o último lugar que queda fóra do control de Roma. Cando o recadador de impostos Claudius Incorruptus non consegue os cartos dos seus habitantes, o propio Xulio César achégase ó lugar para ver que hai de especial neles. O segredo é unha poción máxica preparada polo seu druída Panoramix lles dá a todos unha forza sobrehumana cando a beben.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Christian Clavier como Astérix
- Gérard Depardieu como Obélix
- Roberto Benigni como Lucius Detritus
- Michel Galabru como Abraracourcix
- Claude Piéplu como Panoramix
- Daniel Prévost como Prolix
- Pierre Palmade como Assurancetourix
- Laetitia Casta como Falbala
- Arielle Dombasle como Mme Agecanonix
- Sim como Agecanonix
- Marianne Sägebrecht como Bonnemine
- Gottfried John como Xulio César
- Jean-Pierre Castaldi como Caius Bonus
- Jean-Roger Milo como Cetautomatix
- Jean-Jacques Devaux como Ordralfabetix
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1999: Premios César: 1 nomeamento.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Astérix et Obélix contre César na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)