Arquitectura dzong
Arquitectura dzong (en tibetano: རྫོང་, en transliteración Wylie: rDzong) é o nome dado ó estilo no que se construíron unha serie de fortalezas-mosteiro nas rexións do sur do Himalaia, especialmente en Bután.[1] Os espazos, patios e edificios, quedan definidos por unha construción masiva de muros pautados con torres. Estas fortificaciones construíronse con fins militares, relixiosos (servían de fogar a monxes budistas), e administrativos. Os dzongs existen dende os primeiros séculos do segundo milenio, aínda que a súa época de esplendor foi o século XVII.
Características
[editar | editar a fonte]- Muros altos de ladrillo e pedra pintados de branco. Na súa base dispoñen de moi poucas ou ningunha xanela.
- Bandas avermelladas preto do tope dos muros, ás veces puntuadas por grandes círculos dourados.
- Chans dos templos de estilo chinés.
- Entradas masivas construídas de madeira e ferro.
- Patios interiores e templos profusamente decorados con motivos budistas.
Os dzongs en Bután
[editar | editar a fonte]En Bután os dzongs forman parte da súa organización territorial, constituíndo un caso particular no mundo actual. Cada dzong está á cabeza dun distrito, e no seu interior están repartidos os tres poderes: executivo, lexislativo e xudicial. Ademais, é sede tanto do goberno político como do relixioso (budista).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Royal Ark
- ↑ Rennie, Frank, Robin, Mason; Bhutan: ways of knowing, p. 193. Ed. IAP (2008). ISBN 978-1-59311-735-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arquitectura dzong |
A Galipedia ten un portal sobre: Bután |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amundsen, Ingun B (Winter 2001). "On Bhutanese and Tibetan Dzongs" (PDF). Journal of Bhutan Studies 5: 8–41.
- Bernier, Ronald M. (1997). Himalayan Architecture. Fairleigh Dickinson University Press. ISBN 0-8386-3602-0.