Arquipélago de Los Roques
(mul) Archipiélago Los Roques (lb) Archipiélago Los Roques | |||||
Tipo | grupo de illas | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas de Sotavento Antillas Menores | ||||
Localización | |||||
Continente | América do Sur | ||||
División administrativa | Dependencias Federais, Venezuela | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Atlántico e Mar Caribe | ||||
Características | |||||
Altitude | 124 m | ||||
Superficie | 40,61 km² | ||||
O arquipélago de Los Roques é un conxunto de illas nas antillas menores pertencentes a Venezuela que posúe unha superficie estimada en 40´61 km² e que esta aproximadamente a 176 km ao norte da cidade de Caracas e é un dos principais atractivos turísticos do país, forma parte das Dependencias Federais Venezolanas, é parque nacional dende 1972 e no ano 2001 contaba con 1.300 habitantes fixos (sendo a dependencia federal máis poboada). Ten unha superficie aproximada de 221.120 hectáreas entre marítimos e terrestes, e é considerado o parque mariño máis grande de América Latina.
Os Roques posúe unha estrutura de atol, pouco frecuente no Caribe pero típica do océano Pacífico, con dúas barreiras externas formadas por comunidades coralinas, as cales protexen ao arquipélago das correntes fortes; tamén, unha lagoa interna de augas superficiais e fondos areosos. Este parque está constituído por 42 caios de orixe coralino e un gran número de bancos de area, que van desde dunha considerable superficie, como Cayo Grande de 15´1 km² de extensión, ata o Gran Roque que a pesar de ser o máis poboado só ten 1´7 km² (170 héctareas) de extensión.
Os lindeiros oficiais forman un rectángulo que encerra as seguintes illas e cayos:
- El Gran Roque
- Ratas
- Francia
- Carenero
- Sargo
- La Tiñosa
- Pepino de Mar
- Envenenado
- Mosquito
- Carbón
- Carbonero
- Guarura
- Felipe
- Boca Grande
- Nordeste
- Pelona
- Zancudo
- Sal
- Garrapatero
- Chipí-Chipí
- Pirata e demais caios e augas mariñas dentro do devandito rectángulo.