Saltar ao contido

Armita Geravand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArmita Geravand
Biografía
Nacemento2 de abril de 2006 Editar o valor en Wikidata
Kermanshah, Irán (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de outubro de 2023 Editar o valor en Wikidata (17 anos)
Teherán, Irán Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio
morte accidental, traumatismo cranioencefálico Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoKurdos en Irán Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónEstudante de secundaria Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisBahman Geravand Editar o valor en Wikidata  e Shahin Ahmadi Editar o valor en Wikidata

Armita Geravand[1] (en persa: آرمیتا گراوند), nada en Kermanshah o 2 de abril de 2006 e finada en Teherán o 28 de outubro de 2023, foi unha estudante kurda iraniana, que o 1 de outubro de 2023 quedou en coma no metro de Teherán logo de que a Patrulla de orientación da policía iraniana a agredise por non levar o velo islámico.[2][3] Dende entón quedou ingresada na unidade de coidados intensivos dun hospital do exército,[4] onde foi declarada con morte cerebral o 22 de outubro de 2023[5] e oficialmente morta o 28 de octubro.[6] A súa morte foi comparada coa de Mahsa Amini.[4]

En Irán, as mulleres están obrigadas por lei a cubrir os cabelos e a levar roupa alargada como parte dos estritos códigos de vestimenta islámicos.[7] Aquelas que infrinxan a norma enfróntanse a reprimendas públicas, multas ou detencións por parte da policía relixiosa islámica, tamén coñecida como «policía da moral».[4] En setembro de 2022, Mahsa Amini, de 22 anos, morreu baixo a custodia da Patrulla de orientación da policía iraniana logo de ser detida por, presuntamente, non levar ben posto o hijab.[7] A morte de Amini provocou protestas en todo Irán, que se coñeceron como «movemento Mahsa».[5] En resposta, o réxime reprimiu o activismo e endureceu as leis do velo islámico.[7]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada en Kermanshah[8] o 2 de abril de 2006,[9][10] estudou arte no Conservatorio Estatal Arwa al-Wathgi de Teherán[11] e era afeccionada a practicar taekwondo.[7] O 1 de outubro de 2023 foi vista entrando no metro de Teherán con dous amigos. Máis tarde, foi arrastrada fóra dun vagón, inconsciente, e trasladárona a un hospital.[2] Segundo o grupo kurdo de defensa dos dereitos humanos Hengaw e os seus dous amigos, axentes da policía moral recrimináronlle a Geravand que non levase o velo posto e, despois dun breve altercado, foi agredida e caeu, provocándolle un golpe na cabeza e perdendo o coñecemento.[12][7] Ingresou nun hospital con «lesións cerebrais graves».[8] As autoridades iranianas negaron que houbese ningún enfrontamento físico e afirmaron que se desamaiou por mor da presión arterial baixa.[4]

As imaxes da cámara de seguridade da estación de metro amosan como a vítima entrou no tren sen valo na cabeza, xunto con dúas mozas máis. Momentos despois, os seus amigos sacárona inconsciente do tren.[4] Os medios estatais iranianos afirmaron que esas imaxes demostraban a súa narrativa, pero non mostraban os acontecementos no interior do vagón do tren que levaron ao coma da nena.[7]

Consecuencias

[editar | editar a fonte]

O hospital onde ingresou Geravand estaba rodeado de forzas de seguridade que ameazaraon á familia e ás amizades da vítima.[7][13] Un xornalista que tentou investigar o seu estado foi detido brevemente.[7] O goberno de Irán rexeitou as críticas internacionais, cualificándoas de «intervencionistas».[14] Os funcionarios defenderon a tese de que a moza simplemente se desmaiou e sufriu unha lesión accidental.[4]

O 22 de outubro, os medios de comunicación estatais de Irán anunciaron que foi declarada con morte cerebral despois de estar en coma durante diversas semanas.[5] Seis días despois, o 28 de outubro, comunicouse a súa morte oficial no hospital de Teherán onde estaba ingresada.[6] O caso xerou críticas internacionais e peticións dunha investigación independente sobre a causa do seu estado.[4] A ministra de Asuntos Exteriores alemá, Annalena Baerbock, cualificou a agresión de «insoportable».[2]

  1. Wintour, Patrick; Parent, Deepa (2023-10-05). TheGuardian.com, ed. "Iran urged to release full CCTV of what led to teenage girl’s coma" (en inglés). Consultado o 2023-10-07. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Willinger, Katharina (2023-10-04). Tagesschau.de, ed. "Mädchen im Iran im Koma: Ein neuer Fall Amini?" (en alemán). Consultado o 2023-10-06. 
  3. DiarideGirona.cat, ed. (2023-10-22). "En mort cerebral l'adolescent iraní Armita Geravand agredida per la 'policia de la moral' per no portar bé el vel". Consultado o 2023-10-27. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Arkin, Daniel (2023-10-05). NBCNews.com, ed. "An Iranian girl is hospitalized, fueling new outrage" (en inglés). Consultado o 2023-10-06. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Reuters.com, ed. (2023-10-22). "Iranian teenager Armita Geravand is 'brain dead': state media" (en inglés). Consultado o 2023-10-22. 
  6. 6,0 6,1 BBC News, ed. (2023-10-28). "Armita Geravand: Iranian girl who collapsed on Tehran metro dies" (en inglés). Consultado o 2023-10-28. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 NYTimes.com, ed. (2023-10-05). "With Iranian Girl in Coma, Suspicion Falls on Government" (en inglés). Consultado o 2023-10-06. 
  8. 8,0 8,1 DW.com, ed. (2023-10-22). "Iran: Teen Armita Geravand 'brain dead' after hijab incident" (en inglés). Consultado o 2023-10-23. 
  9. IranWire.com, ed. (2023-10-05). "تکواندو آرمیتا گراوند؛ قهرمان در کما" (en persa). Consultado o 2023-10-28. 
  10. BBC.com, ed. (2023-10-24). "آرمیتا گراوند، دختری که نمی‌خواست قضاوت شود" (en persa). Consultado o 2023-10-28. 
  11. IranInt.com, ed. (2023-10-28). "آرمیتا گراوند، ۱۶ساله و دانش‌آموز هنرستان دولتی عروه‌الوثقی در منطقه ۱۱ تهران است" (en persa). Consultado o 2023-10-28. 
  12. Salem, Mostafa; Rebane, Teele; Akbarzai, Sahar; Karadsheh, Jomana (2023-10-04). CNN.com, ed. "Iranian activists accuse morality police of assault after teenage girl hospitalized" (en inglés). Consultado o 2023-10-06. 
  13. Reuters.com, ed. (2023-10-05). "Rights group says mother of Armita Geravand arrested in Iran - X platform" (en inglés). Consultado o 2023-10-06. 
  14. RadioFarda.com, ed. (2023-10-05). "واکنش‌های بین‌المللی به وضعیت آرمیتا گراوند در بیمارستان؛ ایران خواستار «عدم مداخله» شد" (en persa). Consultado o 2023-10-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]