Annona purpurea
Annona purpurea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
A Annona purpurea é unha planta tropical da familia Annonaceae distribuída por América Central e zonas de América do Sur.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha árbore froiteira caducifolia de 6 a 10 metros de altura máxima con follas grandes, vilosas e flores moi fragrantes. Ten un froito comestible, similar ao da chirimoia, arredondado, de 15 a 20 cm de largo e cuberto cunha tona verde-marrón de textura feltrosa con proxeccións en forma de gancho. A polpa deste, de cor alaranxada e consistencia fibrosa, é similar no cheiro, aparencia e sabor a algunhas variedades da manga. Contén moitas sementes.
Historia
[editar | editar a fonte]A especie Annona purpurea foi identificada pola primeira vez polos botánicos José Mariano Mociño e Martín Sessé durante a expedición botánica ao Vicerreinado de Nova España (1787-1803) que mandou o rei Carlos III de España. O traballo de Mociño e Sessé encóntrase nas coleccións do Hunt Institute for Botanical Documentation,[1] que conteñen ilustracións da flor da Annona purpurea realizadas por Mociño e Sessé.[2]
Propiedades
[editar | editar a fonte]A planta é medicinal. En México, o zume é considerado como un remedio para a febre e os calafríos. Noutros lugares úsase para aliviar a ictericia (probablemente por causa da súa cor). A decocción da casca é eficaz contra a disentería e adminístrase un té da casca interna en caso de edema.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Annona purpurea foi descrita por Moc. & Sessé ex Dunal e publicado en Monographie de la famille des Anonacées 64, t. 2. 1817.[4]
Annona: nome xenérico que deriva do taíno Annon.[5]
purpurea: epíteto latíno que significa "de cor púrpura".[6]
Nomes comúns nos lugares de cultivo
[editar | editar a fonte]Chincuya, chincua, cabeza de negro (México), sencuya, cabeza de muerto, matacay o mutucuy (Guatemala), soncuya (Honduras), anona sincuya (O Salvador), toreta, soncoya (Costa Rica), guanábana torete (Panamá), catiguire, tucuria, manire (Venezuela).[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hunt Institute Art". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 08 de xullo de 2016.
- ↑ "Annona purpurea (imaxe)". Hunt Institute for Botanical Documentation. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2012. Consultado o 08 de xullo de 2016.
- ↑ Morton, J. (1987). "Soncoya. Annona purpurea". Purdue Unviersity. Center for Crops and Plants Products. p. 85. Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Annona purpurea". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 18 de xullo de 2013.
- ↑ "1. Annona Linnaeus, Sp. Pl. 1: 536. 1753; Gen. Pl. ed. 5, 241, 1754" 3. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2006. Consultado o 20 de abril de 2008.
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ "Annona purpurea". www.catalogueoflife.org. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-10.
- ↑ en el IPNI, International Plant Name Index]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Annona purpurea |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabrera Cano, E. F., E. Hernández Martínez, J. Salvador Flores & C. Salazar Gómez. 2004. Annonaceae de la Península de Yucatán. Etnofl. Yucatanense 21: 1–63.
- CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México.
- Correa A., M.D., C. Galdames & M. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama.
- Funk, V. A., P. E. Berry, S. Alexander, T. H. Hollowell & C. L. Kelloff. 2007. Checklist of the Plants of the Guiana Shield (Venezuela: Amazonas, Bolivar, Delta Amacuro; Guyana, Surinam, French Guiana). Contr. U.S. Natl. Herb. 55: 1–584. View in Biodiversity Heritage Library
- Hokche, O., P. E. Berry & O. Huber. (eds.) 2008. Nuevo Cat. Fl. Vasc. Venezuela 1–860. Fundación Instituto Botánico de Venezuela, Caracas.
- Jørgensen, P. M. & S. León-Yánez. (eds.) 1999. Cat. Vasc. Pl. Ecuador, Monogr. Syst. Bot. Miss. Bot. Gard. 75: i–viii, 1–1181. Missouri Botanical Garden, St. Louis.
- Linares, J. L. 2003 [2005]. Listado comentado de los árboles nativos y cultivados en la república de El Salvador. Ceiba 44(2): 105–268.
- Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
- Nelson, C. H. 2008. Cat. Pl. Vasc. Honduras 1–1576.
- Pérez, A., M. Sousa Sánchez, A. M. Hanan-Alipi, F. Chiang Cabrera & P. Tenorio L. 2005. Vegetación terrestre. 65–110. In Biodivers. Tabasco. CONABIO-UNAM, México.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Fichas botánicas:
- Annona purpurea (Toreta), ficha do Center for Tropical Forest ScienceArquivado 14 de xullo de 2007 en Wayback Machine. de Panamá
- Annona purpurea (Toreta, Soncoya.) , ficha do Instituto Nacional de Biodiversidad de Costa Rica
- Annona purpurea (Soncoya, Soncoyo), ficha da web da Área de conservación Guanacaste, Costa Rica
- Annona purpurea (Soncoya), ficha do CATIE (Centro Agronómico Tropical de Investigación y Enseñanza)
- Annona purpurea (Soncoya), ficha da Universidade de Purdue (en inglés)
Outros:
- Intercambio entre afeccionados sobre a sementeira da Annona purpurea e da Annona crassiflora, no foro de The Cloudforest Cafe (en inglés)