Saltar ao contido

Angry Birds

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo de Angry Birds.

Angry Birds é unha serie de videoxogos creada no 2009 pola empresa finesa Rovio Entertainment. Inspirada por Crush the Castle,[1] os xogos foron aclamados pola súa exitosa mestura de modo de xogo, estilo cómico e baixo prezo. A súa popularidade supuxo a creación de numerosos spin-offs, versións de Angry Birds creadas para PCs e consolas, un mercado para comercializar as súas personaxes, unha serie de animación e un filme. En xaneiro de 2014 a franquía sumaba máis de 2 billóns de descargas en tódalas plataformas, incluíndo as edicións normais e as especiais:[2][3] e en xullo de 2015, a serie de videoxogos tiña tres billóns de descargas colectivas,[4] converténdose na serie de videoxogos máis descargada de tódolos tempos. O Angry Birds orixinal está considerado como "un dos xogos máis populares do momento",[5] "one of the great runaway hits of 2010",[6] e "o meirande éxito dunha aplicación móbil que vira o mundo".[7] The Angry Birds Movie é un filme baseado na serie de xogos que se estreou por Columbia Pictures o 20 de maio de 2016, e a secuela do primeiro título da serie, Angry Birds 2, foi estreado o 30 de xullo de 2015.

  1. Wired (páxina web) (ed.). "Angry Birds Creator Has First Original Idea". 
  2. John Gaudiosi (11 de marzo de 2012). Forbes.com, ed. "Rovio Execs Explain What Angry Birds Toons Channel Opens Up To Its 1.7 Billion Gamers". Consultado o 12 de marzo de 2012. 
  3. Long, Neil (23 de xaneiro de 2014). Edge, ed. "Two billion downloads? We’re just getting started, says Angry Birds creator Rovio". Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 
  4. Forbes, ed. (16 de xullo de 2015). "'Angry Birds 2' Arrives 6 Years And 3 Billion Downloads After First Game". Consultado o 16 de xullo de 2015. 
  5. Van Camp, Jeffrey (23 de novmebro de 2010). Digital Trends, ed. "Israeli Angry Birds satire goes viral". Consultado o 26 de novembro de 2010. 
  6. Shaer, Matthew (29 de novembro de 2010). "Angry Birds bound for Xbox, PlayStation". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2010. Consultado o 29 de novembro de 2010. 
  7. Erik Holthe Eriksen; Azamat Abdymomunov; Dagens Næringsliv (18 de febreiro de 2011). MIT Entrepreneurship review, ed. "Angry Birds will be bigger than Mickey Mouse and Mario. Is there a success formula for apps?". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2011. Consultado o 27 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]