Saltar ao contido

Andrei Tarkovskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrei Tarkovskii

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Андрей Арсеньевич Тарковский Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Andrei Arsenyevich Tarkovsky Editar o valor en Wikidata
4 de abril de 1932 Editar o valor en Wikidata
Zavrazhye, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte29 de decembro de 1986 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Russo de Sainte-Geneviève-des-Bois (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaParís (1986–1986)
Moscova
Yuryevets (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstitute of Oriental Studies of the Russian Academy of Sciences (en) Traducir
Instituto Gerasimov de Cinematografía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme, guión cinematográfico, dirección de cine e Actuación Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, actor de cinema, director teatral, realizador, biógrafo, montador, guionista, actor, guionista de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor en Wikidata - 1986 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMosfilm (pt) Traducir (1961–)
Escola de Posgrao de Guionistas e Directores Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLarissa Pawlowna Tarkowskaja (1970–1986)
Irma Rausch (1957–1970) Editar o valor en Wikidata
PaisArseni Tarkovski Editar o valor en Wikidata  e Maria Tarkowska Editar o valor en Wikidata
IrmánsMarina Tarkovskaja Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001789 Allocine: 909 Allmovie: p113668
BNE: XX895839 Musicbrainz: 3ac3ce3f-9724-4aa4-90ac-da12de4dcc38 Discogs: 1808377 Find a Grave: 1584 Editar o valor en Wikidata

Andrei Arsenevich Tarkovskii (en ruso: Андрей Арсеньевич Тарковский), nado en Zavrazhie o 4 de abril de 1932 e finado en París o 29 de decembro de 1986, foi un cineasta ruso da segunda metade do século XX considerado un dos máis significativos na historia do cinema.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Andrei Tarkovskii, de nacionalidade rusa, nace en Zavrazhie, unha vila moi preto de Yurievets, ás beiras do río Volga. Esta cidade sitúase a uns 300 km ao nordeste de Moscova. O pai de Andrei foi o prominente poeta de orixe ucraína Arsenii Aleksandrovich Tarkovskii, súa nai era Maria Ivanovna Vishnakova. Os pais coñecéronse en Moscova, casaron e tiveron dous fillos, o maior foi Andrei e despois veu Marina, nacida dous anos despois do primoxénito. No ano 1935 a familia estableceuse en Moscova onde Arsenii traballaba escribindo e como tradutor e a nai era editora da casa mais importante da cidade. Pero no 1937 o pai deixou a familia para vivir con outra muller, cando Andrei tiña só catro anos, aínda que seguiu aportando diñeiro á súa primeira familia.

Tarkovskii medrou nun ambiente matriarcal, sendo criado pola súa avoa, a nai e a irmá. Durante a invasión nazi de Rusia a familia volveu a Yurievets, e durante dous anos estiveron alí recluídos, o que atrasou os seus estudos. No 1951 terminou o colexio e entrou no Instituto de Estudos Orientais, e tamén continuou coa música que estudaría durante sete anos. Traballou asemade como xeólogo en Siberia. Finalmente debido a numerosas razóns desistiu de todas esas vías; sempre tivera unha grande inclinación pola arte e a literatura alimentada pola súa familia, e decidiu ingresar na Escola de Cine VGIK (Instituto de Cinematografía de todos os estados da Unión Soviética) no que ensinou Eisenstein. Alí estudou durante 5 anos e coñeceu moitos dos actores cos que colaborou ao longo da súa carreira, así como o director de cine e profesor seu Mikhail Romm, que foi un grande apoio e influencia para Tarkovskii durante moitos anos.

Andrei abandonou a súa primeira muller Irma, e o fillo Arsenii, para casar con Larisa en 1970 coa que tivo o seu segundo fillo Andriuskha.

A súa primeira longametraxe oficial foi Ivanovo detstvo (1962) gañadora do León de Ouro dese ano no Festival de Venecia, o que reportou o recoñecemento e fama internacional xa co seu primeiro traballo. O segundo filme foi Andrei Rublev (1966), un filme épico acerca do máis famoso pintor de iconas medievais de Rusia. Este filme causou moita controversia co réxime comunista ao non estar moi claros os ideais plasmados; pese a que conseguiu a aprobación do guión, o resultado final non foi do agrado das autoridades rusas. A película foi enviada ao Festival de Cannes do 1967, pero non puido ser exhibida, xa que as autoridades rusas mandaron retirar a cinta. Esta foi devolta, pero conseguiuse facer unha copia. Porén, non era tan fácil exhibila coa URSS en contra. Tentouse negociar con Mosfilm, a produtora rusa, mais os soviéticos alegaban as inexactitudes cronolóxicas da cinta, e máis tarde a necesidade de acurtar certas escenas de contido violento. Os organizadores ameazaron con non acoller nunca máis unha película soviética nos festivais.

Non obstante, os principios de Tarkovskii eran moi sólidos e tiña formulada unha extensa teorización a partir deste filme, que despois foi limando e recompoñendo, pero que xa sentaba as bases do seu cine. Ao fin, no 1969, a película foi mostrada en Cannes, aínda que fóra de concurso. Comezaban con esta cinta todas as tensións do cineasta co goberno do seu país, que influíron moito na súa traxectoria.

A seguinte película que viu a luz foi unha adaptación da obra do filósofo e escritor polaco Stanisław Lem: Solaris. Era unha obra de ciencia ficción algo posterior ó éxito de Stanley Kubrick, 2001: Unha odisea do espazo, baseada nunha obra de Arthur C. Clarke. O mesmo que o do tándem Kubrick - Clarke, aquel filme suscitou moitos debates filosóficos tanto na URSS como noutros países onde foi proxectada.

Zerkalo (1975) foi a película a seguir, tamén realizada na Unión Soviética, e que marcaba claramente o carácter cinematográfico de Tarkovskii e os seus ideais estéticos. De novo foi obxecto de boicot do seu goberno, chegando case á desesperación. O filme foi tachado e relegado. Aínda así realizou outra longametraxe na URSS, titulada Stalker (1978).

Por suposto toda a tensión acumulada, unida á imposibilidade de realizar a súa arte libremente e de ver como os seus filmes eran menosprezados, fixeron estalar o cineasta. Andrei marchou a Italia no 1982. Finalmente tiña a liberdade que desexaba. Alí realizou un documental para a RAI chamado Tempo di Viaggio e, no 1983, o seu único filme rodado en italiano, Nostalghia. Tarkovskii anunciou, tras a súa estancia en Italia, que nunca regresaría a Rusia.

A súa última longametraxe, Offret (1986), foi realizada en Suecia, e nela interviñeron moitos técnicos axudantes de Ingmar Bergman, cineasta moi admirado por Tarkovskii. É o caso do director de fotografía do filme, Sven Nykvist. Este filme leva a sombra da enfermidade de Tarkovskii que o levou á tumba, un cancro de pulmón; quizais por esas circunstancias, Offret é considerado pola crítica como un dos filmes máis completos do autor. O último proceso de montaxe da película foi realizado practicamente desde a cama, e finalmente, despois de intensa loita, morreu Andrei Tarkovskii en París, o 29 de decembro de 1986.

Sobre a súa obra

[editar | editar a fonte]

Tarkovskii era un apaixonado teórico, con ideas moi sólidas, formadas a través da súa experiencia nas diversas películas que realizou, así como a súa dura experiencia vital. Moitas destas ideas están recollidas en artigos diversos, entrevistas e, como non, no libro que escribiu, Запечатлённое время ("Esculpindo no tempo"). Consideraba que a función da arte é ofrecer unha visión espiritual e sempre xoga con termos como a memoria e o tempo. Visualmente sempre foi considerado un director excepcional. A súa fotografía é moi coidada, así como os encadramentos dos planos, a luz, os tons e as súas famosas coreografías en planos longuísimos.

O director ruso xamais aceptou falar dun simbolismo na súa obra, ou en calquera outra obra dun director. Non falaba dunha simboloxía cerrada, ou de símbolos preestablecidos pola cultura. O que el pretendía era abrir o seu mundo interno nun sentido mais junguiano. Os símbolos, que nos seus filmes aparecen, chaman moito a atención do espectador e dos teóricos, e son elementos que se repiten ao longo da súa filmografía. Pero todos estes elementos proveñen do subconsciente do artista, que xeralmente é manifestado a través de símbolos. Tódalas imaxes que aparecen nas películas están abertas a interpretacións máis alá do que el podía prever.

Interesante é enumerar certo tipo de símbolos constantes na súa obra:

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Producións teatrais, Ópera

[editar | editar a fonte]

Obra escrita

[editar | editar a fonte]
  • Запечатлённое время (1986)
  • Martyrolog, diarios 1970-1986.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • MENGS, A. Stalker de Andrei Tarkovski. La metáfora del camino. Ediciones Rialp. Madrid, 2004. (en castelán)
  • CAPANNA, P. Andrei Tarkovski: El icono y la pantalla. Ediciones de la Flor, Buenos Aires, 2003. (en castelán)
  • SOBREVIELA, A. Andrei Tarkovski: de la narración a la poesía. Fancy Ediciones, Valladolid, 2003. (en castelán)
  • LLANO, R. Andréi Tarkovski. Vida y obra. Prólogo de Víctor Erice. Filmoteca da Generalitat Valenciana. Colección Documentos, nº 11, 2 vols. Valencia, España, 2003. (en castelán)
  • TEJEDA, C. Andrei Tarkovski. Cátedra. Madrid, 2010 (en castelán)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]