Ana dos mil días
Ana dos mil días | |
---|---|
Geneviève Bujold como Ana Bolena. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Anne of the Thousand Days |
Director | Charles Jarrott |
Produtor | Hal B. Wallis |
Guión | Bridget Boland John Hale Richard Sokolove |
Baseado en | Anne of the Thousand Days de Maxwell Anderson |
Intérpretes | Richard Burton Geneviève Bujold Anthony Quayle John Colicos Irene Papas |
Música | Georges Delerue |
Fotografía | Arthur Ibbetson, BSC |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 18 de decembro de 1969 23 de febreiro de 1970 13 de xuño de 1987 (TVG) |
Duración | 145 minutos |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Drama |
Recadación | $6 134 264 (USA/ Canadá)[1] |
Na rede | |
Ana dos mil días (en inglés: Anne of the Thousand Days) é un filme británico dirixido por Charles Jarrott e producido por Hal B. Wallis que se estreou en 1969. Foi realizado por Hal Wallis Productions e distribuído por Universal Pictures. O filme conta a historia de Ana Bolena. O guión é unha adaptación de Bridget Boland, John Hale e Richard Sokolove da obra de Maxwell Anderson.
Estreouse en galego a través da TVG o 13 de xuño de 1987.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme arrinca co rei asinando as ordes de execución contra un grupo que supostamente conspiraba contra el, entre os que se atopa a súa dona, Ana Bolena. Un longo flashback describe o capricho de Henrique VIII coa bela Ana, comprometido con outro home, ademais do agravante de que o rei, casado con Catarina de Aragón tivo como amante á súa irmá, que lle deu un fillo. No filme vese a evolución dende moza que lle para os pés ata a muller ambiciosa á que lle encanta probar o poder.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Richard Burton como Henrique VIII
- Geneviève Bujold como Ana Bolena
- Irene Papas como raíña Catarina de Aragón
- Anthony Quayle como Cardeal Thomas Wolsey
- John Colicos como Thomas Cromwell
- Michael Hordern como Tomás Bolena
- Katharine Blake como Elizabeth Bolena
- Valerie Gearon como María Bolena
- Michael Johnson como George Boleyn
- Peter Jeffrey como Thomas Howard
- Joseph O'Conor como Xoán Fisher
- William Squire como Sir Thomas More
- Esmond Knight como Sir William Kingston
- Nora Swinburne como Lady Kingston
- Vernon Dobtcheff como Mendoza
- Brook Williams como Sir William Brereton
- Gary Bond como Mark Smeaton
- T. P. McKenna como Sir Henry Norris
- Denis Quilley como Sir Francis Weston
- Terence Wilton como Lord Percy
- Lesley Paterson como Xoana Seymour
- Nicola Pagett como Princesa María
- June Ellis como Bess
- Kynaston Reeves como Willoughby
- Marne Maitland como Cardeal Campeggio
- Cyril Luckham como Prior Houghton
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ana dos mil días na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)