Aleksandr Ivanchenkov
Aparencia
Aleksandr Sergeievich Ivanchenkov (en ruso: Алекса́ндр Серге́евич Иванче́нков), nado en Ivanteevka (óblast de Moscova) o 28 de setembro de 1940, é un excosmonauta ruso.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gradouse como enxeñeiro civil en 1964. Participou nas misións Soiuz 29, Soiuz T-6 e Soiuz 31, e pasou un total de 147,53 días no espazo.[1] Adestrouse para voar no transbordador espacial Buran.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2018). "Ivanchenkov, Aleksandr Sergeyevich" (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aleksandr Ivanchenkov |