Akranes
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País insular | Islandia | ||||
Rexión | Vesturland | ||||
Concello | Akraneskaupstaður (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.997 (2023) (888,56 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9 km² | ||||
Altitude | 9 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1604 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 300 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | akranes.is |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Akranes é unha cidade portuaria de 7 997 habitantes (estimación do 1 de xaneiro do 2023)[1] na costa oeste de Islandia.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia da cidade remóntase á época dos asentamentos, cando 880 persoas de orixe irlandesa se estableceron na zona, unha rexión fértil aos pés do monte Akrafjall. A mediados do século XVII, o bispo Brynjólfur Sveinsson do arcebispado de Skálholt trasladou varias embarcacións para comezar a pesca pola zona, creando o primeiro porto pesqueiro de todo o país. Esta actividade mantívose ata a actualidade. En 1864 a cidade obtivo garantías do rei dinamarqués para converterse en centro comercial, o que impulsou o estabelecemento de moitas empresas dedicadas ao intercambio de produtos do interior do país por produtos marítimos.
A cidade comezou a formarse no século XIX a partir da vila de pescadores, e en 1942 foi oficialmente catalogada como cidade e nos anos seguintes experimentou o maior aumento de poboación da súa historia. Espérase que a cidade continúe a medrar nos próximos anos por mor do crecemento industrial e polas melloras das comunicacións coa capital. En 1998 inaugurouse un túnel de 5,57 km por baixo do Hvalfjörður, un dos maiores túneles submarinos do mundo, reducindo a distancia entre Akranes e Reiquiavik en 45 km. A industria foi o maior e crecente fonte xeradora de emprego. O comercio tamén é un importante creador de emprego xa que Akranes funciona como centro de servizos e comercio para unha extensa área rural que a rodea.
Outros datos de Akranes
[editar | editar a fonte]Akranes ten unha longa tradición futbolística e o seu equipo, o IA Akranes, foi moitas veces o gañador da Liga islandesa. Siggi Jonsson, ex-centrocampista do Sheffield Wednesday e do Arsenal, naceu en Akranes e foi xogador do IA durante tres tempadas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "All Urban Settlements (Iceland): Urban Localities in Municipalities". www.citypopulation.de (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Akranes |
A Galipedia ten un portal sobre: Islandia |