Saltar ao contido

Agustín Hernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAgustín Hernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Santiago de Compostela
2014 – 2015
← Ángel Currás FernándezMartiño Noriega →
Conselleiro da Xunta de Galicia
2009 – 2014
← María Xosé CarideEthel Vázquez → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , enxeñeiro de camiños Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: Agustin_Stgo Editar o valor em Wikidata

Agustín Hernández Fernández de Rojas, nado en Madrid o 31 de marzo de 1961, é un enxeñeiro de camiños, canles e portos pola Universidade Politécnica de Madrid e ademais un político galego do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Funcionario de carreira. En 1985 participou como enxeñeiro na construción do encoro de Santa Uxía, que imposibilitou durante vinte e cinco anos que o río Xallas desembocase no mar na fervenza do Ézaro. A raíz dunha denuncia do grupo ecoloxista AMS-Ríos con Vida, o propio Hernández resolveu en abril de 2011, sendo conselleiro de Medio Ambiente, impoñer un caudal ecolóxico a empresa FerroAtlántica na fervenza do Ézaro.[1]

Foi Director Xeral de Obras Públicas desde 1998 ata 2005. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas listas do PPdG, e ocupou o cargo de conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Xunta de Galicia presidida por Alberto Núñez Feijoo. Cesou no cargo en xuño de 2014 para ser alcalde de Santiago de Compostela. Agustín Hernández concorrera pechando a candidatura municipal do PPdG nas eleccións municipais de 2011, e trala dimisión da práctica totalidade do equipo de goberno municipal pasou a conformar un goberno con varios edís non electos, tras agota-la práctica totalidade dos suplentes da candidatura. Encabezou a candidatura do PPdeG nas eleccións municipais de 2015 e perdeu a alcaldía en favor do candidato de Compostela Aberta Martiño Noriega, tras pasar a ser a segunda forza. Durante este mandato asumiu a portavocía do grupo municipal, foi deputado provincial e asumiu a presidencia local do PPdeG en Santiago. Encabezou novamente a candidatura popular nas eleccións municipais de 2019 e volveu ser derrotado, nesta ocasión polo socialista Xosé Sánchez Bugallo.

En setembro de 2019 renunciou aos seus cargos no concello e no comité local do partido en Santiago, pasando a asumi-la presidencia do Consello Económico e Social de Galicia. En setembro de 2023 anunciou a súa dimisión. Regresou a Augas de Galicia, como subdirector xeral de Xestión e Execución de Infraestruturas Hidráulicas.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casado e ten tres fillos.


Predecesor:
María Xosé Caride
 
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
 
2009 - 2014
Sucesor:
Ethel Vázquez
Predecesor:
Ángel Benito Currás Fernández
 
Alcalde de Santiago de Compostela
 
2014 - 2015
Sucesor:
Martiño Noriega Sánchez

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]