Aeroporto Internacional O'Hare
Aeroporto Internacional O'Hare Chicago O'Hare International Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | cidade de Chicago | ||
Operador | Chicago Department of Aviation | ||
Cidade/Illa | Chicago, Illinois | ||
Localización | Chicago, Illinois | ||
Elevación (msnm) | 204 metros / 668 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
4L/22R | 2 286 | 7 500 | asfalto |
4R/22L | 2 461 | 8 075 | asfalto |
9L/27R | 2 286 | 7 500 | cemento |
9R/27L | 2 428 | 7 967 | asfalto/cemento |
10R/28L | 2 286 | 7 500 | cemento |
10C/28C | 3 292 | 10 801 | cemento |
10L/28R | 3 962 | 13 000 | asfalto/cemento |
15/33 | 2 952 | 9 686 | asfalto/cemento |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 77 960 588 | ||
Movementos | 867 635 | ||
Carga (toneladas) | 1 726 361,6 |
O Aeroporto Internacional Chicago O'Hare (IATA: ORD, ICAO: KORD, FAA LID: ORD), tamén coñecido como Aeroporto O'Hare, Aeroporto Internacional de Chicago, Chicago O'Hare, ou sinxelamente O'Hare, é un aeroporto internacional situado no noroeste de Chicago, Illinois, a 27 km do centro da cidade. É o principal aeroporto que serve á área metropolitana de Chicago, xunto co Aeroporto Internacional Midway, que se atopa a uns 16 km máis preto do centro e que serve como aeroporto secundario. Está operado polo Departamento de Aviación da cidade de Chicago.[1]
O'Hare foi o aeroporto máis concorrido do mundo en número de operacións no ano 2014, por diante do Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson, que mantivo ese título dende 2005 ata 2013; porén no ano seguinte Atlanta volveu a superalo. Ata 1998 O'Hare tamén foi o aeroporto máis concorrido do mundo en número de pasaxeiros; foi superado principalmente debido aos límites impostos no aeroporto polo goberno federal para reducir os atrasos nos voos.[2] En 2016 O'Hare foi o sexto aeroporto máis concorrido do mundo en número de pasaxeiros, o terceiro dos Estados Unidos, e o máis concorrido do Medio Oeste. O'Hare ten oito pistas de aterraxe,[3] máis que calquera outro aeroporto internacioanal.[4]
En xaneiro de 2017 O'Hare tiña servizos directos a 208 destinos, incluídos 153 domésticos nos Estados Unidos e 55 internacionais cara Norteamérica, Suramérica, Asia e Europa, facendo del unha porta de entrada internacional a gran parte do medio oeste estadounidense.[5] O'Hare atópase entre un selecto grupo de aeroportos de todo o mundo coa distinción de ter servizos a máis de 200 destinos, xunto con Heathrow, Frankfurt, Atatürk, Ámsterdam, Charles de Gaulle, Atlanta, Dallas/Fort Worth, Múnic e Dubai.
O'Hare serve como un gran centro de conexións para United Airlines e American Airlines, ademais de facelo para a aeroliña rexional Air Choice One, e é unha cidade focal para Frontier Airlines[6] e Spirit Airlines. É o centro de conexións máis grande de United Airlines tanto en pasaxeiros transportados anualmente (16,6 millóns en 2016) e en voos diarios (585 de media).[7] Tamén é o terceiro centro de conexións máis grande de American Airlines, despois do Aeroporto Internacional de Dallas-Fort Worth e do Aeroporto Internacional de Charlotte-Douglas, con 527 voos diarios a 120 destinos.[8]
O'Hare foi votado como o "mellor aeroporto de Norteamérica" durante 10 anos polas revistas Business Traveler Magazine (1998–2003) e Global Traveler Magazine (2004–2007).[9][10] Pola outra banda, a lista da revista Travel + Leisure das "Cidades favoritas dos Estados Unidos" (2009) sitúan ao sistema aeroportuario de Chicago (O'Hare e Midway) como o segundo peor en atrasas, despois do sistema de aeroportos de Nova York (JFK, Newark Liberty e LaGuardia).[11] O'Hare acumula case o 20% dos atrasos e cancelacións de voos do país.[12]
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chicago Department of Aviation (ed.). "About the Chicago Department of Aviation (CDA)". Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ United States House of Representatives (ed.). "Subcommittee on Aviation: Hearing on Delay Reduction Efforts at Chicago's O'Hare Airport". Archived from the original on 05 de xaneiro de 2007. Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ Chicago Department of Aviation (ed.). "Airport Operations 101". Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ WorldData.info (ed.). "The biggest airports worldwide by number of runways". Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ Chicago Department of Aviation (ed.). "Non-Stop Flight Information - O'Hare International Airport". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2017. Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ Chicago Business Journal (ed.). "Frontier Airlines making Chicago's O'Hare a focus". Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ USA Today (ed.). "The fleet and hubs of United Airlines, by the numbers". Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ Bureau of Transportation Statistics (ed.). "Chicago, IL: O'Hare (ORD)". Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ Chicago Department of Aviation (ed.). "Chicago Voted Best Airport in North America" (PDF). Archived from the original on 17 de abril de 2012. Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ Chicago Department of Aviation (ed.). "About CDA: Awards". Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ Travel + Leisure (ed.). "America's Favorite Cities 2009". Archived from the original on 06 de agosto de 2010. Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ Bureau of Transportation Statistics (ed.). "Table 6 Ranking of Major Airport On-Time Departure Performance Year-to-date through April 2015". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2017. Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ http://www.chicagotribune.com/business/ct-american-airlines-chicago-venice-flights-0817-biz-20170816-story.html
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "bahamasair adds Chicago scheduled service in W17".
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2017. Consultado o 30 de novembro de 2017.
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/274916/frontier-airlines-outlines-launch-date-for-new-routes-in-s18/
- ↑ http://www.postandcourier.com/business/frontier-airlines-to-launch-new-charleston-flights-to-chicago-denver/article_ff59c92a-9caf-11e7-b14c-fbe36f976857.html
- ↑ "Frontier to begin flights to four cities from Jacksonville" (en inglés). 26 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2018. Consultado o 04 de febreiro de 2019.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 30 de novembro de 2017.
- ↑ https://www.bizjournals.com/chicago/news/2017/10/10/frontier-airlines-adding-service-from-ohare.html
- ↑ "LOT narodowym przewoźnikiem Węgier! Poleci z Budapesztu do Chicago i NYC!".
- ↑ Liu, Jim (July 5, 2017). "Norwegian adds Austin / Chicago service in S18". Routesonline. Consultado o July 5, 2017.
- ↑ "Cancun Calling! Spirit Airlines to Begin Flights from Baltimore/Washington and Chicago to Mexican Vacation Hotspot". Spirit. May 2017. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2017. Consultado o May 22, 2017.
- ↑ Benjamin Bearup (24 Aug 2017). "SPIRIT AIRLINES EXPANDS IN NEW ORLEANS". airwaysmag.com. Airways Magazine. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2017. Consultado o 24 Aug 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "United domestic routes addition from June 2017".
- ↑ http://www.kfvs12.com/story/36236036/skywest-airlines-approved-as-cape-girardeaus-air-service-provider
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/274353/united-adds-seasonal-chicago-sun-valley-route-in-w17/
- ↑ "New Flights". Viva Aerobus. October 2017. Consultado o October 9, 2017.
- ↑ 29,0 29,1 "Volaris will connect Chicago with Huatulco and Zihuatanejo" (en Spanish). Grupo Milenio. February 2017. Consultado o February 19, 2017.
- ↑ "Our Network". Consultado o 12 September 2017.
- ↑ "Flight Finder ✈ Edmonton Int'l (CYEG) - Chicago O'Hare Intl (KORD) ✈ FlightAware". FlightAware.
- ↑ "China Southern Cargo Schedule". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2014. Consultado o March 28, 2013.
- ↑ "SkyCargo Route Map". Emirates SkyCargo. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2013. Consultado o May 9, 2013.
- ↑ "Etihad Cargo and Atlas Air's round-the-world freighter service". May 30, 2013. Consultado o May 31, 2013.
- ↑ Malinowski, Łukasz (February 14, 2012). "Cargo Jet i PLL LOT Cargo uruchomiły trasę z Pyrzowic do Chicago" [Jet Cargo and LOT Polish Airlines Cargo Has Launched a Route from Katowice to Chicago] (Nota de prensa) (en Polish). Aeroporto de Katowice. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2013. Consultado o July 15, 2012.
- ↑ "The customized AeroLogic network". Aero Logic. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2013. Consultado o August 13, 2013.
- ↑ http://globalnews.ca/news/3663253/edmonton-adds-to-cargo-load-with-a-regular-flight-to-tokyo/
- ↑ Quantas Freight International Network Map (PDF) (Mapa). Quanta Freight. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o September 1, 2015.
- ↑ "Qantas flight QF 7552 schedule". Info.flightmapper.net. April 27, 2016. Consultado o 2016-04-27.
- ↑ "Qantas Freight Launches Chongqing Route". Air Cargo World. April 19, 2012. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o July 15, 2012.
- ↑ "Qantas Freighter Network Northern Summer Schedule 2010" (PDF). Qantas Freight. June 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o December 30, 2010. Consultado o July 15, 2012.
- ↑ "Qatar Airways to Begin Chicago Freighter Service". AMEinfo. August 2, 2010. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2010. Consultado o November 3, 2010.
- ↑ "Qatar Airways to begin Chicago freighter service". Air Cargo News. August 10, 2010. Consultado o September 1, 2015.
- ↑ "Qatar Airways to Start Milan-Chicago Freighter Service". The Journal of Commerce. June 6, 2013. Consultado o June 29, 2013.
- ↑ "Silk Way Launches Direct Flights to Chicago". September 23, 2016. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2016. Consultado o October 2, 2016.
- ↑ "Singapore Airlines Cargo". Singapore Airlines Cargo. September 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2013. Consultado o June 10, 2013.
- ↑ "Turkish freighter goes to Chicago". Air Cargo News. April 7, 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2015. Consultado o April 12, 2015.