Acta Apostolicae Sedis
As Acta Apostolicae Sedis (en latín, "Actas da Sé Apostólica"), polo xeral citadas como AAS, é unha publicación oficial da Santa Sé con periodicidade mensual.[1] Contén todos os decretos principais, encíclicas, decisións das congregacións romanas e as novas dos nomeamentos eclesiásticos.
Descrición
[editar | editar a fonte]Foi estabelecida polo papa Pío X co decreto Promulgandi Pontificias Constitutiones do 29 de setembro de 1908, e a súa publicación comezou en xaneiro de 1909.[2] A lexislación canónica contida considérase promulgada ao ser publicada, e é efectiva tres meses logo da publicación.[3]
Substituíu outra publicación similar que existía dende 1865, baixo o título de Acta Sanctae Sedis.[4] Malia non estar oficialmente designada como a forma oficial de promulgación de leis da Santa Sé, o 23 de maio de 1904 foi declarada un órgano da Santa Sé, e que todos os documentos nela publicados eran auténticos e oficiais. As Acta Sanctae Sedis deixaron de publicarse catro anos máis tarde.[4]
As versións oficiais dos documentos son as que aparecen nas Acta Apostolicae Sedis, e publícanse principalmente en lingua latina, aínda que ocasionalmente inclúen documentos noutras linguas.[4] Dende 1929 inclúen un suplemento en lingua italiana, chamado Supplemento per le leggi e disposizioni dello Stato della Città del Vaticano, coas leis e regulacións civís da Cidade do Vaticano.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Acta Apostolicae Sedis". Dialnet (en castelán). Consultado o 16 de agosto de 2014.
- ↑ Frank Leslie Cross, Elizabeth A. Livingstone (edición) (2005). Oxford University Press, ed. The Oxford Dictionary of the Christian Church (en inglés). p. 11. ISBN 9780192802903.
- ↑ Codex Iuris Canonici.
Can. 8 — § 1. Leges ecclesiasticae universales promulgantur per editionem in Actorum Apostolicae Sedis commentario officiali, nisi in casibus particularibus alius promulgandi modus fuerit praescriptus, et vim suam exserunt tantum expletis tribus mensibus a die qui Actorum numero appositus est, nisi ex natura rei illico ligent aut in ipsa lege brevior aut longior vacatio specialiter et expresse fuerit statuta.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 John P. Beal (2000). Paulist Press, ed. New Commentary on the Code of Canon Law. p. 60. ISBN 9780809140664.
- ↑ Luciano Mazzei (1997). L'erma di Bretschneider, ed. Chiesa e informazione. I mass media della Santa Sede. p. 103. ISBN 9788870629873.