Acorus calamus
Cálamo aromático | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Acorus calamus | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
Acorus calamus, o ácoro,[1] é unha das dúas especies do xénero Acorus da familia das acoráceas; é coñecido vulgarmente como "cálamo aromático”. Orixinario da India,[2] atópase amplamente distribuído pola zona temperada do hemisferio norte, e incluso se está a aclimatar en zonas pantanosas de América do sur. Tamén é coñecido como cálamo aromático.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]Aseméllase aos xuncos e posúe follas longas lineares de bordos afiados, moi apuntadas, duns 25 mm de anchura. As flores, pequenas e de cor verde amarelada, preséntanse en forma de espiral sobre un espádice espido, envolto cunha espata que sobresae por encima. O talo prolóngase baixo terra en forma de rizomas de longas raíces adventicias, carnosas e fortemente aromáticas.
É unha planta alta, perennifolia con follas aromáticas e raíces rizomatosas. As follas, de arredor dun centímetro de largo, alcanzan os 10 de longo, e son lanceoladas e de bordos serrados ou ondulados. A vea central da folla, prominente e facilmente distinguible das apenas relevantes veas secundarias, permite distinguila facilmente de A. americanus. As flores alcanzan os 4 mm, e son estériles, reproducíndose rizomaticamente; o ovario é vestixial.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Crece nas rexións boreais de todo o globo, aínda que é nativa de Europa. Prefire as terras húmidas e as costas de augas lentas ou estancadas. O seu talo semileñoso utilizouse na Antigüidade clásica para fabricar cálamos para a escritura.
Usos
[editar | editar a fonte]Co Acorus calamus tense comerciado en moitas culturas durante séculos. Empregouse medicinalemente contra unha ampla variedade de doenzas, como enfermidades gastrointestinais e tratamento da dor e tamén o aroma do seu aceite esencial valorouse na industria do perfume.[4] A esencia do rizoma emprégase como saborizante para alimentos, bebidas alcólicas e amargas en Europa[5] e a raíz do cálamo, confitada, úsase en Europa en repostaría.[6] Dela tamén se extrae unha droga estimulante e carminativa, chamada cálamo.
Usos na herboristaría
[editar | editar a fonte]O seu uso ten unha longa tradición de uso medicinal na China, Nepal e na herboristaría na India.[4][7] As follas, talos e raíces empréganse en varias medicinas Siddha e na medicina tradicional da India[8][9] e tamén en Sikkim.[10] Tamén é unha das menciñas tradicionais máis usadas entre a tribo norteamericana dos Chipewas.[11]
A maceración da raíz do cálamo aromático emprégase como tonificante nos casos de debilidade xeral do aparello dixestivo, gases do estómago e dos intestinos, e tamén como un remedio para combater as enfermidades das glándulas así como a gota. Esta tisana contribúe quentando o estómago e os intestinos lentos e fomenta a secreción de mucosa. Recoméndase contra o metabolismo lento, as dixestións lentas, o mesmo que contra a clorose e a hidropisía.[12]
Propiedades
[editar | editar a fonte]Utilizouse pola súa fragrancia e como droga psicotrópica. A súa raíz empregábase como anestésico e estimulante contra a fatiga pola asarona que contén; en doses maiores, produce efectos alucinóxenos. Walt Whitman empregou esta ou, tamén, a raíz do estreitamente emparentado Acorus americanus. Figuraba nas pocións psicotrópicas preparadas polas meigas europeas durante a Idade Media.
Principios activos
[editar | editar a fonte]Contén escasos taninos, aceite esencial (1,5-3,5%), rico en asarona e compostos sesquiterpénicos, entre os que destaca a acalamona. Nas follas hai trazas de alcaloides. Outras fontes: Acorina, tanino, colina, esencia con asarona, eugenol, pineno. Ácido cetílico e ácido palmítico, vitamina B1. A esencia faise viscosa chegando a densidade do 0,36%; o rendemento está entre 1 e 4%.
Indicacións
[editar | editar a fonte]Utilízase como aperitivo, eupéptico, polos seus principios amargos; carminativo, diurético, sedante, sudorífico, hipotensor, espasmolítico, anticonvulsivante, antirreumático tópico, polo aceite esencial. Indicado para inapetencia, dispepsias hiposecretoras, gastrites, espasmos gastroduodenais, meteorismo. Ansiedade. Estados nos que se requira un aumento da diurese: afeccións xenitourinarias (cistite, ureterite, uretrite, oliguria, urolitiase), hiperazotemia, hiperuricemia, gota, hipertensión arterial, edemas, sobrepeso acompañado de retención de líquidos. A mastigación da raíz combate a halitose e reafirma as enxivas sanguentas.
O aceite esencial non debe ser empregado durante o embarazo, a lactación, nin en nenos menores de dous anos, é tóxico sobre o sistema nervioso central. Tamén se considera carcinoxénico. Recoméndanse tratamentos descontinuos.[13]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Acorus calamus foi descrita por Carlos Linneo e publicado en Species Plantarum 1: 324. 1753.[14]
Acorus: nome xenérico latino que deriva do grego antigo άχόρου (áchórou) de Dioscórides (con diferentes versións do texto que teñen diferentes grafías). A palabra άχόρου en si crese que derivou da palabra κόρη (kori), que significa pupila (do ollo), debido a que o líquido da raíz da planta se empregaba como remedio en enfermidades oculares.
calamus: epíteto latino (que significa "cana") que deriva do grego ΚΆΛΑΜΟΣ (kálamos, que significa "cana"), que é afín ao termo do latín culmus (que significa "axexar") e que se derivan do proto-indoeuropeo kole-mó- (crese que significa "herba" ou "cana"). A palabra árabe قلم (qalam, que significa "pluma") e o sánscrito कलम (kalama, que significa "cana utilizada como unha pluma", e unha especie de arroz) crese que foron tomadas do grego.
- Variedades
- Acorus calamus var. americanus Raf. (1828).
- Acorus calamus var. angustatus Besser (1834).
- Acorus calamus var. calamus.
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dicionario de alimentación e restauración" (PDF). p. 63. Consultado o 29 de xullo de 2020.
- ↑ Colmeiro, Miguel: «Diccionario de los diversos nombres vulgares de muchas plantas usuales ó notables del antiguo y nuevo mundo», Madrid, 1871.
- ↑ Pujol, Francesc; Amades, Joan (1936). Cançoner popular de Catalunya. Vol. I. Diccionari de la dansa, dels entremesos i dels instruments musicals i sonadors (en catalán). Barcelona: Imprenta Elzeviriana. p. 6.
- ↑ 4,0 4,1 "Calamus". drugs.com (en inglés). 21 de setembro de 2020. Consultado o 1 de febreiro de 2021.
- ↑ Scientific Committee on Food (12 de decembro de 2001). "Opinion of the Scientific Committee on Food on the presence of B-asarone in flavourings and other food ingredients with flavouring properties" (PDF). ec.europa.eu (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2021.
- ↑ Niering & Olmstead (1985), p. 340.
- ↑ Mukherjee et al. (2007), pp. 651-666.
- ↑ Ramya Venkatesan, Prakash Shyam Karuppiah, Gnanamani Arumugam, and Kadalmani Balamuthu. β-Asarone Exhibits Antifungal Activity by Inhibiting Ergosterol Biosynthesis in Aspergillus niger ATCC 16888. Proc. Natl. Acad. Sci., India, Sect. B Biol. Sci. 89, 173–184 (2019). https://doi.org/10.1007/s40011-017-0930-4 Consultado o 1 de febreiro de 2021
- ↑ "Vasambu". tamilnadu.com (en inglés). 1 de abril de 2013. Archived from the original on 22 de maio de 2016. Consultado o 1 de febreiro de 2021.
- ↑ O'Neill, Alexander; et al. (29 de marzo de 2017). "Integrating ethnobiological knowledge into biodiversity conservation in the Eastern Himalayas". Journal of Ethnobiology and Ethnomedicine. 13 (21): 21. doi:10.1186/s13002-017-0148-9 Arquivado 09 de maio de 2017 en Wayback Machine.. PMC 5372287. PMID 28356115. Consultado o 1 de febreiro de 2021.
- ↑ Johnson et al. (1995).
- ↑ Treben, Maria, (aut.). Salud de la Botica del Señor. Ennsthaler. 5ª ed.(1999). 108 páginas
- ↑ "Acorus calamus". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 9 de octubre de 2009.
- ↑ "Acorus calamus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 15 de outubre de 2012."Acorus calamus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 15 de outubro de 2012.
- ↑ "Acorus calamus en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2020. Consultado o 28 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Acorus calamus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Johnson, Derek; Kershaw, Linda; MacKinnon, Andy; Pojar, Jim (1995). Plants of the Western Boreal Forest & Aspen Parkland (en inglés). Edmonton: Lone Pine Publishing. ISBN 978-1-55105-058-4.
- Mukherjee, Pulok Kumar; Kumar, Venkatesan; Mal, Mainak; Houghton, Peter J. (2007). "Acorus calamus: Scientific validation of ayurvedic tradition from natural resources". Pharmaceutical Biology 8 (45): 651–666. doi:10.1080/13880200701538724.
- Niering, William A.; Olmstead, Nancy C. (1985 [1979]). he Audubon Society Field Guide to North American Wildflowers, Eastern Region (en inglés). Nova York: T. Knopf. ISBN 0-394-50432-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Family Araceae Arquivado 14 de febreiro de 2005 en Wayback Machine. in L. Watson and M.J. Dallwitz (1992 onwards). The families of flowering plants: descriptions, illustrations, identification, information retrieval. Arquivado 03 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. http://delta-intkey.com Arquivado 03 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine.
- FDA street drug alternative warning letter
- Acorus calamus at Plants for a Future