Achille Valenciennes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de agosto de 1794 former 9th arrondissement of Paris, Francia (en) |
Morte | 13 de abril de 1865 (70 anos) 5º distrito de París, Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía, Ictioloxía e Malacoloxía |
Ocupación | zoólogo, herpetólogo, parasitólogo, ornitólogo, ictiólogo, malacólogo, profesor universitario |
Empregador | Museo Nacional de Historia Natural de Francia |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Valenciennes |
Familia | |
Parentes | Pierre-Henri de Valenciennes, tío |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Achille Valenciennes, nado o 9 de agosto de 1794 en París, e finado na mesma cidade o 13 de abril de 1865, foi un zoólogo francés, especializado en ictioloxía (o estudo dos peixes).[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Valenciennes estudou baixo a dirección de Georges Cuvier.
Os seus estudos sobre os vermes parasitos dos humanos constitúen unha etapa importante da historia da parasitoloxía. Estudou tamén diversos sistemas de clasificación e estableceu as relacións entre os fósiles e as especies actuais.
Traballou con Cuvier na monumental obra en vinte e dous volumes Histoire naturelle des poissons (1828-1848), e proseguiu en solitario esta obra despois da morte de Cuvier en 1832.
Foi membro da Academia das Ciencias de Francia desde 1844. Despois desta data, foi asistente no Museo Nacional de Historia Natural de Francia, onde ensinou zooloxía.
Lista parcial de publicacións
[editar | editar a fonte]- 1841. "Aspidophoroide". En: Dictionnaire universel d’histoire naturelle. C. d’Orbigny, dir., vol. 2: 237–238.
- 1858. "Description d’une nouvelle espèce d’Aspidophore pêché dans l’une des anses du port de l’empereur Nicolas… C. R. Acad. Sci. Paris, v. 47: 1040–1043.
Honores
[editar | editar a fonte]Epónimos
[editar | editar a fonte]- Acropora valenciennesi, Milne Edwards & Haime, 1860
- Ophiacantha valenciennesi, Lyman 1879
- Glossodoris valenciennesi, Cantraine 1835
- Hypselodoris valenciennesi, Cantraine 1841
- Lithuaria valenciennesi, d'Hondt 1984
- Montastrea valenciennesi, Milne Edwards & Haime 1848
- Symphyllia valenciennesi, Milne Edwards & Haime 1849
- Oculina valenciennesi, Milne Edwards & Haime 1850
- Callionymus valenciennei, Temminck & Schlegel 1845 [2]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Valenciennes emprégase para recoñecer a Achille Valenciennes como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jean-Jacques Amigo, « Valenciennes (Achille) », in Nouveau Dictionnaire de biographies roussillonnaises, vol. 3 Sciences de la Vie et de la Terre, Perpignan, Publications de l'olivier, 2017, 915 p. (ISBN 9782908866506)
- ↑ "Biographische Etymologie mariner Organismen und deren Namen" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2013. Consultado o 14 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Achille Valenciennes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jean-Jacques Amigo, « Valenciennes (Achille) », in Nouveau Dictionnaire de biographies roussillonnaises, vol. 3 Sciences de la Vie et de la Terre, Perpignan, Publications de l'olivier, 2017, 915 p. (ISBN 9782908866506)
- Monod T.: "Achille Valenciennes et l'histoire naturelle des poissons", Mélanges ichthyologiques, Mémoire IFAN, núm. 88, 1963-1964, Dakat Publications.
- Monod T.; Noirot P. & Théodoridès, J. (1967): Achille Valenciennes (Biographie). Éd. du Muséum d'histoire naturelle de Paris, 109 p.
- Théodoridès, J. (1965): "Une amitié de savants au siècle dernier: Alexander von Humboldt et Achille Valenciennes". Biologie médicale, Fóra de serie, febreiro de 1965, cxxix p.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Achille Valenciennes en Biografías y Vidas (en castelán).