Abaý Qunanbaýulı
Nome orixinal | (kk) Абай Құнанбайұлы |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (kk) Ибраһим Құнанбайұлы 29 de xullo de 1845 (Xuliano) Jidebai (en) |
Morte | 23 de xuño de 1904 (Xuliano) (58 anos) Jidebai (en) |
Lugar de sepultura | Mausoleum of Abai Qunanbaiuly (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso |
Grupo étnico | Pobo casaco |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, literatura, poesía e música |
Ocupación | lingüista , figura pública , escritor , compositor , poeta , tradutor , filósofo |
Alumnos | Kokbai Janataiuli (en) |
Lingua | Lingua rusa e Lingua casaca |
Familia | |
Cónxuxe | Dilda Alshinbayovna |
Fillos | Turagul Abaiuli (en) , Kulbadan Abayovna (en) , Abdirakhman Uskenbaev (en) , Raikhan Abayovna (en) , Akylbai Abayuly Kunanbaev (en) , Magauiya Abayuly Kunanbaev (en) |
Pais | Kunanbai Uskenbayuly (en) e Ulzhan (en) |
Irmáns | Kudaiberdi Kunanbayuly (en) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Abai (Ibrahim) Qunanbaiuli (en casaco Абай - Ибраһим - Құнанбайұлы), nado en Karauyl o 10 de agosto de 1845 e finado na mesma localidade o 6 de xullo de 1904, foi un poeta, compositor e filósofo casaco, loitou por adaptar a cultura casaca seguindo o modelo europeo e ruso sobre a base dun islam reformador e está considerado o pai da literatura escrita casaca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado nunha familia da aristocracia casaca, comezou a estudar nunha madrasa tradicional onde recibiu unha formación islámica tradicional, pasando despois a unha escola rusa en Semipalatinsk, quedando moi influído polas obras de Mikhail Lermontov e Alexander Pushkin.
Obra
[editar | editar a fonte]A principal contribución de Abai á cultura casaca foi a súa poesía, onde expresa un sentimento nacionalista que bebe da cultura tradicional, antes del a maioría da poesía casaca era oral, que reflectía os hábitos nómades dun pobo que habitaba as duras estepas. Pero durante a vida de Abai producíronse importantes mudanzas sociais, políticas e económicas que comezou a alterar a vida tradicional do pobo, a influencia rusa continuou a medrar en Casaquistán, aumentando tamén as posibilidade de acceder a unha educación formal e achegarse ás diferentes filosofías que traían os europeos.
E nese clima Abai traduciu ao casaco as obras de autores como Mikhail Lermontov, Johann Wolfgang von Goethe, Lord Byron, as fábulas de Ivan Krylov e Alexander Pushkin. Pero a súa principal obra foi қара сөздері (‘’Qara sözderi’’, literalmente “O libro das palabras”) un tratado filosófico e unha colección de poemas onde alenta ao seu pobo a abraza a educación, a alfabetización e unha boa moral para fuxir da pobreza, a escravitude e a corrupción.