A abella Maia
A abella Maia | |
---|---|
みつばちマーヤの冒険 (Mitsubachi Māya no Bōken) | |
Anime A abella Maia | |
Dirixido por | Hiroshi Saitō, Mitsuo Kaminashi e Seiji Endō |
Estudio | Nippon Animation |
Canle televisiva | TV Asahi |
Primeira emisión | 1 de abril do 1975 19 de setembro do 2011 |
Última emisión | 20 de abril do 1976 ??? |
Núm. de capítulos | 52 |
Anime A abella Maia | |
Dirixido por | Mitsuo Kaminashi |
Estudio | Wako Productions, Apollo Film Wien |
Canle televisiva | ZDF, TV Osaka, TV Tokyo |
Primeira emisión | 1 de setembro do 1979 |
Última emisión | 13 de setembro do 1980 |
Núm. de capítulos | 52 |
A abella Maia (みつばちマーヤの冒険 Mitsubachi Maya no boken?, lit. "As aventuras da abella Maia") é unha serie de televisión de anime producida por Zuiyo Enterprise (hoxe: Nippon Animation) no Xapón. A serie consta de 52 episodios e a súa estrea foi na canle xaponesa TV Asahi no 1975. Baseado no libro do escritor alemán Waldemar Bonsels, publicado en 1912, que acadou grande sona durante a Segunda Guerra mundial[1]. A serie de anime volveuse sumamente popular en Europa e foi retransmitida numerosas veces en diversos países e linguas en todo o mundo dende a súa estrea.
Unha segunda serie d'A abella Maia, 新みつばちマーヤの冒険 Shin Mitsubachi Māya no Bōken (As novas aventuras da abella Maia), foi co-producida no 1979 por Wako Productions e mais Apollo Film Wien. Estreouse primeiro en Alemaña na canle ZDF, en setembro do 1979 ata setembro do 1980. Esta segunda serie doutros 52 episodios, non foi moi popular e non se estreu no Xapón ata outubro do 1982, na canle tv Osaka. Dez episodios desta serie foron engadidos ós 45 episodios da orixinal para a emisión dos EUA, transmitindo en total en Nickelodeon 55 episodios nos EUA.
En Galicia a súa estrea en galego chegou o 19 de setembro do 2011, emitida na tvG2 da man do Xabarín Club.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia céntrase nas aventuras de Maia, unha pequena abella inqueda, aventureira e preguntona, así como da forma que ten de se desenvolver nunha contorna infestada de todo tipo de insectos e demais bechos. Maia é enviada pola abella raíña a buscar pole para a súa colmea. Nesa tarefa, Maia, canda ó seu inseparable amigo Willi o abáboro, descobre un mundo novo ó seu redor e establece amizade con numerosas criaturas do bosque como o saltón Flip, araña Tecla, a mosca Puck, o escaravello Kurt ou o rato Alexandro.
Dobraxe
[editar | editar a fonte]Personaxe | Seiyū |
Actor de dobraxe |
---|---|---|
Maia | Michiko Nomura | Ana Santos |
Willi | Ichirō Nagai | Antía Álvarez Jiménez |
Flip | Ichirō Nagai | Xoán Dieguez |
Alexandre | Daniel Lema | |
Tecla | Terue Nunami | |
Kurt |
Novos episodios
[editar | editar a fonte]Co gaio do cen aniversario a cadea ZDF ten anunciada a estrea de 78 novos episodios rodados en 3D.