Árbore de Gernika
A árbore de Gernika (en éuscaro: Gernikako Arbola) é un carballo situado diante da Casa de Xuntas da localidade biscaíña de Gernika, en Euskadi.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Esta árbore simboliza as liberdades tradicionais de Biscaia e os biscaíños e, por extensión, as dos vascos. O Señor de Biscaia, e posteriormente os reis de Castela, xuraban respectar as liberdades biscaíñas baixo este carballo, e o lugar no cal se localiza é o lugar onde o Lehendakari do País Vasco promete cumprir co seu cargo ao comezo de cada novo mandato.
A árbore actual é descendente dunha anterior, o tronco da cal se conserva nos xardíns anexos. En 2004 foi declarado morto, sendo substituído por un dos seus vástagos na primavera de 2005. Existen varias árbores que descenden deste carballo espalladas por todo o mundo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Árbore de Gernika |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Árbore de Guernica.Arquivado 20 de novembro de 2008 en Wayback Machine. (en castelán)