Saltar ao contido

SAMPA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 10 de outubro de 2024 ás 16:32 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

O Speech Assessment Methods Phonetic Alphabet ou SAMPA é un alfabeto fonético leXible por computador mediante caracteres ASCII de 7 bits. Está baseado no Alfabeto Fonético Internacional ou IPA.

Foi desenvolvido por ESPRIT information technology research and development program pertencente á que era Comunidade Económica Europea (actual Unión Europea) nos anos oitenta. O propósito inicial era aplicalo a seis idiomas europeos. Tentaron utilizar o maior número posible de símbolos do IPA, pero cando iso non era posible, empregaron símbolos alternativos. Por exemplo, [@] para o son vocálico débil do inglés schwa, [2] para o son vocálico do francés deux e [9] para o son vocálico do francés neuf.

Hoxe en día, SAMPA desenvolveuse oficialmente para todos os sons das linguas que aparecen a continuación:

Os caracteres ["s{mp@] representan a pronuncia do nome de SAMPA en inglés. Do mesmo xeito que o IPA, SAMPA adoita pecharse entre corchetes cadrados, que non pertencen ao alfabeto propiamente dito e tan só cumpren unha función diferenciadora para indicar que son caracteres fonéticos e non texto de escritura regular.

Problemas do SAMPA

[editar | editar a fonte]

As táboas de SAMPA tan só son válidas naquelas linguas para as que están deseñadas. As táboas das distintas linguas non son compatibles entre si e iso crea conflitos entre as distintas linguas. Como consecuencia, SAMPA non se pode utilizar como unha representación alternativa en ASCII ao alfabeto xeral da IPA. X-SAMPA creouse para solucionar ese problema. Este outro código prové unha soa táboa sen diferenzas específicas entre linguas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ranchhod, Elisabeth & J. Mamede, Nuno (2002). Advances in Natural Language Processing: Third International Conference, PorTAL 2002, Faro, Portugal, June 23–26, 2002. Proceedings (Lecture Notes in Computer Science). (1st ed.). Springer. ISBN 3-540-43829-7.
  • L. DeMiller, Anna & Rettig, James (2000). Linguistics: A Guide to the Reference Literature (2nd ed.). Libraries Unlimited. ISBN 1-56308-619-0.
  • Lamberts, Koen & Goldstone, Rob (2004). Handbook of Cognition. Sage Publications Ltd. ISBN 0-7619-7277-3.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]