Saltar ao contido

Hans Fischer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 5 de xuño de 2024 ás 14:37 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaHans Fischer

(1930) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1881 Editar o valor en Wikidata
Höchst am Main, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte31 de marzo de 1945 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Múnic, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOstfriedhof (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Lausana
Universidade de Múnic
Universidade Philipps de Marburgo
Universidade Técnica de Múnic Editar o valor en Wikidata
Director de teseHermann Emil Fischer Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica orgánica, Bioquímica, medicina, clínica médica (pt) Traducir e química clínica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Múnic Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, profesor universitario, internista, bioquímico, médico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Viena
Universidade Técnica de Múnic
Universidade de Innsbruck Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresHermann Emil Fischer Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoMagnus von Braun, Werner Zerweck (pt) Traducir e Isaak Postovskiy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Medvik >>>:Fischer, Hans, 1881-1945, Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 221692213 Editar o valor en Wikidata

Hans Fischer, nado en Frankfurt (Alemaña) o 27 de xullo de 1881 e finado en Múnic o 31 de marzo de 1945, foi un químico, médico e profesor universitario alemán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron Eugen Fischer, director da compañía Kalle & Co, de Wiesbaden, e profesor na Escola Técnica de Stuttgart, e Anna Herdegen. Foi á escola primaria en Stuttgart, matriculándose en 1899 en Gymnasium de Wiesbaden. Estudou química e medicina, primeiro na Universidade de Lausana e posteriormente na Universidade de Marburg. Graduouse en 1904 e en 1908 obtivo o doutoramento.

Primeiramente traballou na Clínica Médica de Múnic e despois no Primeiro Instituto Químico de Berlín, con Hermann Emil Fischer. Volveu a Múnic en 1911 e obtivo praza de profesor de medicina interna un ano máis tarde. En 1913 chegou a ser profesor de fisioloxía no Instituto Fisiolóxico de Múnic. In 1916 obtivo praza como profesor de química médica na Universidade de Innsbruck e de aí pasou á Universidade de Viena en 1918. Desde 1921 ata a súa morte tivo praza de profesor de química orgárnica no Technische Hochschule en Múnic.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

O traballo científico de Fischer estaba principalmente relacionado coa investigación dos pigmentos do sangue, a bile e tamén a clorofila das follas, así como a química das porfirinas, dos que derivan eses pigmentos. De especial importacia foi a síntese da bilirrubina e da hemina, un dos compoñentes da hemoglobina.

Recibiu moitas honras por estes traballos, incluído o premio Nobel de Química co que foi galardoado en 1930 polos seus traballos na composición estrutural da clorofila e do sangue así como pola síntese da hemina e a bilirrubina.

Os seus numerosos traballos foron publicados en Liebigs Annalen der Chemie e en Hoppe-Seylers Zeitschrift für physiologische Chemie, destacando Die Chemie des Pyrrols.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Arthur Harden e Hans von Euler-Chelpin
Premio Nobel de Química

1930
Sucesor:
Carl Bosch e Friedrich Bergius