Parque Nacional de Yellowstone
Yellowstone National Park (en) | ||||
Epónimo | Río Yellowstone | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Wyoming | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 898.349 ha | |||
Punto máis alto | pico Eagle (3.462,8 m) | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1 de marzo de 1872 | |||
Evento clave | ||||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio natural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1978 (2ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii), (viii), (ix) e (x) | |||
En perigo | 1995 - 2003 | |||
Identificador | 28 | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
Reserva da biosfera | ||||
Identificador | Entrada: unesco.org… | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 377207 | |||
Páxina web | nps.gov… | |||
O Parque nacional de Yellowstone é un Parque Nacional dos E.U.A. situado nas Montañas Rochosas nos estados de Idaho, Montana e Wyoming. Yellowstone é o primeiro e máis antigo dos parques nacionais do mundo. Foi establecido polo Congreso de E.U.A. e asinado en lei polo presidente Ulysses S. Grant o 1 de marzo de 1872.[1][2] Cobre unha superficie de 8.980 km², a maior parte no noroeste de Wyoming. O parque é famoso polas súas mostras de antigo vulcanismo, os seus géysers e caldas e outros fenómenos xeotermais, e pola súa fauna salvaxe: osos grizzly e lobos, cervos e bisontes. Ten moitos tipos de ecosistemas, pero o bosque subalpino é o máis abundante. Forma parte da ecorrexión South Central Rockies Forest.
Os nativos americanos viviron na rexión de Yellowstone durante polo menos 11.000 anos.[3] Ademais das visitas de homes de montaña durante o inicio de mediados do século XIX, a exploración organizada non comezou ata finais da década de 1860. A xestión e control do parque orixinalmente caeu baixo a xurisdición do Secretario de Gobernación dos Estados Unidos, sendo o primeiro Columbus Delano. Non obstante, o Exército dos Estados Unidos de América foi posteriormente encargado de supervisar a xestión de Yellowstone durante un período de 30 anos entre 1886 e 1916.[4] En 1917, a administración do parque foi trasladada ao Servizo de Parques Nacionais, que fora creado o ano anterior. Construíronse centos de estruturas que están protexidas pola súa importancia arquitectónica e histórica, e os investigadores examinaron máis de mil sitios arqueolóxicos.
O Parque Nacional de Yellowstone atravesa unha área de 8.983 km², que comprende lagos, canóns, ríos e serras. O lago Yellowstone é un dos máis grandes lagos elevados de América do Norte e está centrado sobre a Caldeira de Yellowstone, o supervolcán máis grande do continente. A caldeira considérase un volcán activo. Xurdiu con forza tremenda varias veces nos últimos dous millóns de anos.[5] A metade dos géisers do mundo[6][7] e atraccións xeotermais[8] están en Yellowstone, alimentadas por esta actividade volcánica. Os fluxos e as rochas das erupcións volcánicas cobren a maior parte da superficie de Yellowstone. O parque é a peza central do gran ecosistema de Yellowstone, o maior ecosistema case intacto que queda na zona tépeda norte da Terra. En 1978, Yellowstone foi nomeado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade. Documentáronse censos de especies de mamíferos, aves, peixes e réptiles, incluídos varios que están en perigo ou ameazados de extinción. Os bosques extensivos e pastos tamén inclúen especies únicas de plantas. Yellowstone Park é a maior e máis famosa localización de megafauna nos Estados Unidos continentais. Oso gris, lobo gris e mandas de bisontes e alces americanos viven neste parque. A manda de bisontes de Yellowstone Park é o rabaño de bisontes público máis antigo e maior dos Estados Unidos. Os incendios forestais sucédense no parque cada ano. Nos grandes incendios forestais de 1988, case un terzo do parque foi queimado. Yellowstone ten numerosas actividades recreativas, incluíndo sendeirismo, camping, paseos en barca, pesca e paseos turísticos. As estradas pavimentadas proporcionan un acceso próximo ás principais áreas xeotérmicas, así como a algúns lagos e fervenzas. Durante o inverno, os visitantes frecuentemente acceden ao parque a través de visitas guiadas que usan vehículas para a neve ou motoneves.
Notas
- ↑ "Yellowstone, the First National Park". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2017. Consultado o 17 de novembro de 2018.
- ↑ "U.S. Statutes at Large, Vol. 17, Chap. 24, pp. 32–33. "An Act to set apart a certain Tract of Land lying near the Head-waters of the Yellowstone River as a public Park." [S. 392]". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2013. Consultado o 17 de novembro de 2018.
- ↑ "Yellowstone, History and Culture". National Park Service. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2013. Consultado o 8 de maio de 2011.
- ↑ "eRecords of the National Park Service [NPS]". National Archives. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2014. Consultado o 9 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Questions About Yellowstone Volcanic History". United States Geological Survey, Yellowstone Volcano Observatory. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2011. Consultado o 6 de maio de 2011.
- ↑ Bryan, T. Scott (2008). The Geysers of Yellowstone (Fourth ed.). University Press of Colorado. p. 9.
- ↑ Johnson, JB; Anderson, JF; Anthony, RE; Sciotto, M (15 de abril de 2013). "Detecting geyser activity with infrasound". Journal of Volcanology and Geothermal Research 256: 105–117.
- ↑ "Parque Nacional de Yellowstone". Encyclopedia Britannica. Consultado o 5 de agosto de 2018.
As principais atraccións de Yellowstone son, porén, uns 10.000 géyseres, que constitúen aproximadamente a metade de todos os coñecidos no mundo.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional de Yellowstone |
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina oficial do National Park Service
- Act Establishing Yellowstone National Park from the Library of Congress
- Congressional Acts Pertaining to Yellowstone
- The Yellowstone magmatic system from the mantle plume to the upper crust at Science (registration required)
- BYU Larsen Yellowstone collection at the L. Tom Perry Special Collections Library of Brigham Young University
- Yellowstone articles, photos and videos at National Geographic
- Photographic library of the U.S. Geological Survey (archive)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |