Prusia
Preußen (de) | ||||
Himno | Preußenlied (en) (1830-1840) | |||
---|---|---|---|---|
Lema | «Gott mit uns (pt) » | |||
Epónimo | Prussianos (pt) | |||
Localización | ||||
Capital | Königsberg (1525–1701) Berlín (1701–1947) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 41.915.040 (1939) (141,12 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua alemá | |||
Relixión | protestantismo | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 297.007 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1525 | |||
Disolución | 25 de febreiro de 1947 1933 | |||
Sucedido por | Alemaña nazi e Alemaña | |||
Santo padrón | Jutta of Kulmsee (en) | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía (1525–1918) república (1919–1947) | |||
Prusia (en alemán: Preußen ou Preussen; en polaco: Prusy; en ruso: Пру́ссия; en latín: Borussia, Prutenia) foi un Estado do mar Báltico entre Pomerania, Polonia e Lituania que existiu dende finais da idade media. Despois de 1701, o seu nome estendeuse a un estado máis grande xurdido de Brandeburgo-Prusia, que finalmente abrangueu case toda a Alemaña do norte, e existiu ata o final da segunda guerra mundial. Como a segunda superpotencia alemá, Prusia tivo un papel importante no concerto europeo de potencias dende o século XVIII e foi un destacado centro da Ilustración. Iniciu progresivas reformas no século XIX e finalmente converteuse na forza impulsora detrás da fundación do estado nación alemán.[1]
Orixinariamente, o nome Prusia só se refería ao núcleo do estado da Orde Teutónica na antiga área tribal dos prusios, un pobo báltico occidental, e os territorios que xurdiron fóra do Sacro Imperio Romano Xermánico. Despois de que o elector Hohenzollern de Brandeburgo (como Duque de Prusia en 1701) asumise o título de rei en Prusia, a designación xeral do reino de Prusia converteuse na norma para todas as posicións da súa casa dentro e fóra do imperio.[2]
De ser un estado membro da Confederación Alemá dende 1815, o reino de Prusia converteuse no poder supremo da Confederación Alemá do Norte en 1866 e do Imperio Alemán en 1871. En 1918, transformouse no Estado Libre Republicano de Prusia, considerado o "baluarte da democracia" na República de Weimar.[3] Porén, despois do golpe de estado de Prusia de 1932 e do Gleichschaltung durante a era nazi, o Estado libre perdeu a súa autonomía. Finalmente en 1947, o Consello de Control Aliado declarou a disolución de iure de Prusia.[4]
Dende 2004, todos os territorios que unha vez perceron a Prusia, agás Kaliningrado, forman parte da Unión Europea.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Winkler, Heinrich August (14 de setembro de 2018). "La fundación del Imperio". Deutschland. Consultado o 17 de maio de 2020.
- ↑ Kaufmann, Sabine (29 de abril de 2020). "Preußen". Planet Wissen (en alemán). Consultado o 16 de maio de 2020.
- ↑ Möller, Horst (2015). "III". La República de Weimar: Una democracia inacabada. ISBN 849114076X.
- ↑ Solar, David (23 de outubro de 2016). "Prusia: el chivo expiatorio de Alemania". La Razón (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2020.
- ↑ "Kaliningrado: ¿Primeros pasos hacia la Unión Europea?". Cafe Babel. Refundación de la Unión Europea. 14 de xullo de 2006. Consultado o 16 de maio de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prusia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Davies, Norman (2013). Reinos desaparecidos. La historia olvidada de Europa. Barcelona: Círculo de Lectores/Galaxia Gutenberg. ISBN 978-84-672-5594-2.
- Voltes, Pedro (2004). Bismarck. Palabra. ISBN 8482398415.
- Andreevich Korf, Modest (1845). Historias de Alemania, Prusia y Austria: desde los tiempos más remotos hasta 1840. Imprenta de A. Brusi.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Preußen
- Prusia Arquivado 13 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.