Saltar ao contido

Balduíno II de Constantinopla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de decembro de 2023 ás 18:01 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaBalduíno II de Constantinopla

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1217 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte1273 Editar o valor en Wikidata (55/56 anos)
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBarletta Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde
Latin emperor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCapetian House of Courtenay (en) Traducir e Casa de Courtenay Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaría de Brienne (1229 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosFilipe de Courtenay Editar o valor en Wikidata
PaisPedro II de Courtenay Editar o valor en Wikidata  e Iolanda de Flandres Editar o valor en Wikidata
IrmánsInés de Courtenay (princesa de Acaia)
Iolanda de Courtenay
Elisabeth of Courtenay
Mathilde von Courtenay
Margarida de Namur
María de Courtenay
Philip II, Marquis of Namur
Roberto I de Constantinopla
Henry II of Namur Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
15 de abril de 1240 (Gregoriano)coroación (Constantinopla) Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Nuttall Encyclopædia >>>:Baldwin II.
Enciclopedia militar Sytin
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Courtenay-507

Balduíno II de Courtenay, nado en 1217 e finado en 1273, foi o último Emperador Latino de Constantinopla.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi o menor dos fillos de Iolanda de Flandres, irmá dos emperadores Balduíno I e Henrique I. O seu pai foi Pedro II de Courtenay, terceiro emperador latino, que reinou xunto a Iolanda e foron sucedidos polo irmán máis vello de Balduíno, Roberto de Courtenay, que ao morrer en 1228 transforma a Balduíno de 11 anos no emperador Balduíno II de Constantinopla.

En vista da idade do novo emperador os baróns dos estados latinos en oriente elixiron como emperador-rexente vitalicio ao rei titular de Xerusalén, Xoán de Brienne, e prometeron en matrimonio a Balduíno II coa filla de Xoán, María de Brienne. Así só á morte de Xoán de Brienne o emperador gobernaría todos os territorios do seu imperio. Esta elección de Brienne ocorre coa esperanza de que este reverta a situación na que se atopa Constantinopla desde a morte de Henrique de Flandres, na que o Imperio de Nicea ameaza máis e máis as fronteiras.

Aos 20 anos, en 1237 Balduíno II asume o goberno do seu imperio, pero o seu verdadeiro poder apenas se estendía xa máis aló da cidade de Constantinopla, a súa situación económica era precaria e a súa vida dedicouse especialmente a pedir diñeiro nas cortes europeas. Marchou ao Oeste en 1236, visitou Roma, Francia e Flandres, tentando reunir diñeiro e homes para recuperar o territorio perdido do seu reino. En 1237, co apoio do rei de Francia e a condesa de Flandres, perseguiu á súa irmá Margarida expulsándoa do poder para se converter no seguinte conde de Namur. Pero Balduíno case nunca estaba presente, e despois da invasión e conquista de Namur en 1256 polo conde Henrique V de Luxemburgo, vendeu os dereitos ao condado ao seu primo Guy de Dampierre.

Viuse obrigado a vender a Coroa de espiñas. As súas viaxes por Francia, Flandres e Italia deron resultado. Coa convocatoria do papa Gregorio IX da coñecida como Cruzada dos baróns, un pequeno grupo de cruzados, completamente separado, escoitou o chamado do papa para redirixir a cruzada para ir defender o Imperio Latino de Xoán III Ducas Vatatzés de Nicea e Ivan Asen II de Bulgaria. A comezos de xullo de 1239, Balduíno viaxou a Constantinopla cun numeroso exército (tres veces máis pequeno que a expedición da cruzada dos baróns), incluídos os cinco magnates seculares Humbert de Beaujeu, Thomas de Marle, Josseran de Brancion, William de Cayeaux e Watins de la Haverie[1]. Na súa marcha, coa axuda de Lois IX, Balduíno puido cruzar o territorio de Frederico II. Continuou o seu camiño a través de Alemaña e Hungría, e na fronteira búlgara, recibiu unha invitación amigábel e un permiso para marchar polas súas terras. No inverno de 1239, Balduíno finalmente regresou a Constantinopla, onde foi coroado emperador nalgún momento ao redor da Pascua de 1240, despois do cal lanzou a súa cruzada[2]. Balduíno logo cercou e capturou Tzurulum, un bastión niceno localizado a unhas setenta e cinco millas ao oeste de Constantinopla. Tzurulum estaba na confluencia de dúas grandes rutas cara ao leste no camiño a Constantinopla, unha chegaba desde Tesalónica e a outra desde Adrianópolis. A posesión deste sitio estratexicamente importante debería proporcionar máis seguridade para Constantinopla. Con todo, esa vitoria non puido compensar a perda doutras dúas cidades de Asia Menor, Darivya e Nikitiaton, que foron capturadas por Vatatzés. A pesar da posesión de Tzurulum por Balduíno, o Imperio Latino seguiu dependendo da axuda occidental. Tivo que volver a Europa Occidental, e en Venecia empeñou ao seu fillo máis vello Filipe para obter capital, pero finalmente en 1261 a súa capital foi tomada polo seu rival bizantino, Miguel VIII Paleólogo[2]. Balduíno fuxiu a Italia, pondo fin ao Imperio Latino en Oriente.

Asinou o tratado de Viterbo con Carlos I de Sicilia, que comprometía en matrimonio ao seu fillo e herdeiro, Filipe de Courtenay e a unha filla do rei, logrando así ser recoñecidos nalgúns sectores de Oriente.

Balduíno II morreu en 1273.

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]

Casou en 1234 con María de Brienne, morta en 1280 e enterrada na abadía de Maubuisson. Era filla de Xoán de Brienne, rei de Xerusalén e emperador latino de Constantinopla, e Berenguela de León, con quen tamén tivo un fillo:

Devanceiros

[editar | editar a fonte]