Nezahualcóyotl
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México | ||||
Estado federado | Estado de México | ||||
Concello | Nezahualcóyotl | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.072.676 (2020) (16.908,51 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 63.440.000 m² | ||||
Altitude | 2.870 m-2,98 m | ||||
Creación | 23 de abril de 1963 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 57000 | ||||
Prefixo telefónico | 55 | ||||
Páxina web | neza.gob.mx |
Nezahualcóyotl é un concello do oriente do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades mexicanas de Chimalhuacán, Ecatepec de Morelos e con La Paz. A súa área é de 63.74 km²,[1] e a súa poboación era de 1.039.867 habitantes no ano 2015.[2] A cabeceira municipal é Cidade Nezahualcóyotl.[3] O municipio foi creado en 1963 con terreos que pertencían ós municipio de Texcoco e Chimalhuacán, ocupando superficie das augas do antigo lago de Texcoco.[4] É un dos concellos con maior densidade de poboación do seu país e do propio estado ó que pertence.[1][5][6] Considerada unha cidade dormitorio polo seu carácter maioritariamente residencial, nas últimas décadas repuntou na súa capacidade económica, produción de empregos e de impacto socioeconómico nos municipios adxacentes.[7]
Toponimia, glifo emblema e xentilicio
[editar | editar a fonte]Nezahualcóyotl foi o nome dun tlatoani de Texcoco.[8][9] e quere dicir «coiote que xaxúa», do náhuatl nezāhual —xaxún— coyōtl —coiote—.
Oficialmente o municipio non conta cun emblema, porén, distintas administracións municipais a través dos anos basearon os seus deseños no pictograma co que era representado Nezahualcóyotl nos códices Ixtlilxóchitl, Durán e Xólotl: a cabeza dun coiote do cal pendura un pectoral real. O xentilicio é nezahualcoyotlense.[8]
Política e goberno
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Instituto Nacional de Estadística y Geografía. "Información Nacional, por entidad federativa y municipios". México: Instituto Nacional de Estadística y Geografía. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2010. Consultado o 30 de decembro de 2010.
- ↑ Nezahualcóyotl Arquivado 07 de maio de 2016 en Wayback Machine. Catálogo de Localidades, SEDESOL.
- ↑ Monografia municipal de Nezahualcóyotl Arquivado 13 de abril de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ H. Ayuntamiento de Ciudad Nezahualcóyotl. "Reseña Histórica". Nezahualcóyotl, Estado de México: H. Ayuntamiento de Ciudad Nezahualcóyotl. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2010. Consultado o 30 de deceembro de 2010.
- ↑ "Ciudad Neza, una historia de contrastes". National Geographic en Español. Consultado o 10 de maio de 2016.
- ↑ "Lo que tienes que saber de Nezahualcóyotl". El Universal EdoMex. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 10 de maio de 2016.
- ↑ Linares Zarco, Jaime (xullo-decembro de 2013). "Nezahualcóyotl, de ciudad dormitorio a polo de desarrollo de la región Oriente del Valle de México" (PDF). Paradigma económico, Año 5, No. 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de maio de 2016. Consultado o 06 de setembro de 2017.
- ↑ 8,0 8,1 E-local (23 de decembro de 2008). "Enciclopedia de los Municipios de México". México: Secretaría de Gobernación. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 20 de abril de 2010.
- ↑ Fernando de Alva Ixtlilxóchitl (2002). Nezahualcóyotl Acolmiztli (2 ed.). Estado de México, México: Instituto Mexiquense de Cultura, Universidad Autónoma del Estado de México. p. 31. ISBN 968-484-553-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Concello de Nezahualcóyotl INEGI, 2009.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |