Manuel Prado Pereira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1906 Panxón, España |
Morte | 4 de marzo de 1939 (32/33 anos) Priegue, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Lolito |
Actividade | |
Ocupación | maquis, pescador |
Membro de | |
Manuel Prado Pereira, coñecido como Lolito, nado en Panxón (Nigrán) cara a 1906 e finado en Priegue o 4 de marzo de 1939, foi un mariñeiro e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Veciño da Area Alta (Panxón). Dirixente do Sindicato de Mariñeiros de Panxón da CNT. Foi detido en marzo de 1935 con Franklin Acevedo Méndez e Florencio Trigo Cabral, acusados de coacción durante a folga xeral revolucionaria de 1934,[1] foron xulgados en Vigo o 18 de marzo e absoltos.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Liderou unha partida de fuxidos que actuaban na contorna de Gondomar. En febreiro de 1938 asasinaron en Priegue a Francisco López dos Santos, un tratante de madeira portugués considerado informante da Garda Civil. Detido o 18 de decembro de 1938, foi xulgado en Vigo por rebelión militar o 16 de febreiro de 1939, e condenado a pena de morte. Foi executado en Priegue, rexistrándose a morte en Nigrán a causa de hemorraxia interna.[3] En xullo de 1940 iniciaron un expediente de responsabilidades políticas contra el.[4]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. pp. 309–314. ISBN 84-89599-33-5.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 112. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas
- A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado Arquivado 21 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine..
- Manuel Prado Pereira na base de datos do proxecto Nomes e voces.