Saltar ao contido

SriLankan Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 19 de outubro de 2022 ás 18:37 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «uníuse» + mejoras cosméticas)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
SriLankan Airlines
ශ්‍රී ලංකන් ගුවන් සේවය
இலங்கை விமான சேவை
IATA
UL
OACI
ALK
Indicativo
SRILANKAN
Fundación1 de setembro de 1979 (como Air Lanka)
Aeroporto principalaeroporto internacional Bandaranaike
Plan de voo frecuenteFlySmiLes
AlianzaOneworld
Frota26
Destinos43
Eslogan da compañíaYou're Our World
Sedeaeroporto internacional Bandaranaike
Páxina web: http://www.srilankan.com

SriLankan Airlines é a aeroliña nacional de Sri Lanka é un membro da alianza Oneworld. É a aeroliña máis grande do país en número de avión e edestinos. Fundouse no ano 1979 co nome de Air Lanka tras o peche da anterior aeroliña de bandeira, Air Ceylon. Despois da súa adquisición parcial por parte de Emirates en 1998, foi rebautizada e introducíuse a presente librea. Tras rematar a colaboración con Emirates a compañía continuou usando o mesmo nome e a identidade gráfica.[1]

A aeroliña opera voos a 105 destinos en 47 países dende o seu centro de conexións principal no aeroporto internacional Bandaranaike, preto de Colombo.[2] A súa sede está nas istalacións do propio aeroporto. SriLankan Airlines uniuse o 1 de maio de 2014.[3]

Airbus A320-200
Airbus A330-200
Airbus A330-300

En abril de 2018 a frota de SriLankan Airlines estaba formada polos seguintes avións:[4]

Frota de SriLankan Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
J Y Total
Airbus A320-200 5 16 120 136 Os tres aparellos máis vellos serán retirados en 2018.
4R-ABO coa librea de Oneworld.
12 150 162
12 138 150
Airbus A320neo 2 4[5] 12 138 150
Airbus A321-200 3 16 153 169
Airbus A321neo 3 1[6] 16 153 169
Airbus A330-200 6 18 251 269 4R-ALH coa librea de Oneworld.
252 270
256 274
Airbus A330-300 7 28 269 297
Total 26 5
  1. The Economic Times (ed.). "Sri Lankan Airlines buys back 43.6 pc stake from Emirates". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  2. SriLankan Airlines (ed.). "Flight Routes". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  3. Oneworld (ed.). "SriLankan Airlines joins oneworld". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2018. Consultado o 8 de maio de 2018. 
  4. Planespotters (ed.). "SriLankan Airlines Fleet Details and History". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  5. Flight Global (ed.). "ROUTES: SriLankan Airlines keeps eye on breakeven target". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  6. ch-aviation (ed.). "SriLankan finalizes A321neo leases with AerCap, ALC". Consultado o 8 de maio de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]