Saltar ao contido

Amandino Neira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de xuño de 2022 ás 20:04 por Zaosbot (conversa | contribucións) (Cat pers de Galicia sen imaxes +80 dd/cabeceiras wiki con espazos/etc. sen coma (via JWB))
Modelo:BiografíaAmandino Neira
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor en Wikidata
Mera de Arriba, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xuño de 1939 Editar o valor en Wikidata (26/27 anos)
Montemeao, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsJosé Neira Fernández Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3194

Amandino Neira Fernández, coñecido como Neira, nado en Mera de Arriba (Ortigueira) cara a 1912 e finado en Ortigueira o 1 de xuño de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Músico, traballou de ferreiro en Cuíña, pertenceu á UGT e foi vocal da Agrupación Socialista de Ortigueira.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O 1 de xuño de 1939 a Garda Civil e tropas do exército procedentes de Ferrol rodearon a cova de Montemeao onde estaba acubillado co seu irmán José e Modesto Villar Ínsua; Amandino e Modesto morreron polos disparos,[2] e José, ferido nunha man, conseguiu saír do cerco grazas a colaboración dun grupo de soldados sitiadores. O 18 de xullo de 1939 os seus pais, dúas irmás, a súa cuñada e varios veciños foron deportados a Herrera del Pisuerga acusados de colaborar cos fuxidos; Gloria Giz Castro, a súa moza, foi encarcerada na prisión de Ferrol.

Notas

  1. El Obrero, 9-5-1936, p. 1.
  2. La Voz de Ortigueira, 22-7-1939, p. 3.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. pp. 107–110. ISBN 84-87783-79-1. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas