José Miguel Alcalde
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1896 Santiago de Compostela, España |
Morte | setembro de 1987 (90/91 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
José Miguel Alcalde, nado en Santiago de Compostela cara a 1896 e finado na Coruña en setembro de 1987,[1] foi un industrial e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi vogal da directiva da Juventud Jaimista de Santiago de Compostela en 1916,[2] e volveu ser elixido vogal en 1917.[3] En 1919 foi elixido vicesecretario da directiva da Junta Tradicionalista de Santiago de Compostela.[4] Embarcou en Vigo con rumbo a Filipinas en maio de 1923.[5] Retornado a Compostela, na República foi membro do Centro Republicano Federal de Izquierda Gallega de Santiago de Compostela,[6] do que chegou a ser secretario en 1935, e na súa representación acudiu ao congreso do Partido Federal Español que se celebrou en Madrid en maio dese ano.[7] Tamén foi membro do Aero Club Compostela. Logo do triunfo do Frente Popular foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela en febreiro de 1936.[8] Dimitiu, como a maioría dos concelleiros, a principios de xullo de 1936.[9] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou fuxir. Xulgado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas, foi condenado en 1940 a seis anos de inhabilitación absoluta, seis anos de desterro a máis de douscentos quilómetros de Santiago de Compostela e o pago de cinco mil pesetas.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 22-9-1987, p. 28
- ↑ El Correo de Galicia, 17-1-1916, p. 2.
- ↑ El Correo de Galicia, 22-1-1917, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 9-2-1919, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 22-5-1923, p. 2.
- ↑ El Compostelano27-4-1931, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-5-1935, p. 12.
- ↑ El Compostelano, 24-2-1936, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 10-7-1936, p. 1.
- ↑ BOE, 2-3-1940, p. 1111.