Saltar ao contido

Servio Tulio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 19 de xullo de 2021 ás 08:53 por Chairego apc (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «pola seu»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaServio Tulio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Ser.Tullius Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI a. C. Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte535 a. C. Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Rei de Roma (pt) Traducir
578 a. C. – 534 a. C.
← Lucio Tarquinio PriscoLucio Tarquinio o Soberbio → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Período de tempoSegundo Reino Romano Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTarquinia the Elder
Gegania Editar o valor en Wikidata
FillosTullia Major
 () Tarquinia the Elder
Tullia Minor
 () Tarquinia the Elder Editar o valor en Wikidata
PaisTullius Editar o valor en Wikidata  e Ocrisia Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Infernal Dictionary, 6th ed. (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Reis de Roma
Rei Período de reinado
Rómulo -753 --716
Numa Pompilio -715--674
Tulio Hostilio -673--642
Anco Marcio -642--617
Tarquinio Prisco -616--579
Servio Tulio -578--535
Tarquinio o Soberbio -535--510

Tras a morte de Prisco, o seu xenro Servio Tulio sucedeuno no trono, sendo o segundo rei de orixe etrusca que gobernaba Roma. Coma o seu sogro anteriormente, Servio librou varias guerras vitoriosas contra os etruscos. Utilizou o botín obtido nas súas campañas para erixir as primeiras murallas que cercaran os sete outeiros romanos sobre o pomerium, os chamados muros servianos. Tamén realizou cambios na organización do exército romano.

Acadou sona por desenvolver unha nova constitución para os romanos, con maior atención ás clases cidadás. Instituíu o primeiro censo da historia, dividindo as xentes de Roma en cinco clases económicas, creando ademais a Asemblea centuriada. Utilizou asemade o censo para dividir a cidade en catro tribos urbanas, baseadas na súa localización espacial dentro da cidade, establecendo a Asemblea tribal. O seu reinado tamén destacou pola edificación do templo de Diana no outeiro do Aventino.

As reformas de Servio supuxeron un gran cambio na vida romana: o dereito a voto foi establecido en base á riqueza económica, polo cal gran parte do poder político ficou reservado ás elites romanas. Así a todo, co tempo Servio favoreceu gradualmente ás clases máis desfavorecidas, para obter desta forma un maior apoio de entre os plebeos, polo que o seu mandato pode definirse como insatisfactoria para a clase patricia. O longo reinado de 44 anos de Servio Tulio finalizou co seu asasinato nunha conspiración urdida pola súa propia filla Tulia e o seu marido Tarquinio, o seu sucesor no trono.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]