Ubaldo Pasarón
Ubaldo Pasarón Lastra, nado en Ribadeo o 16 de agosto de 1827 e finado en Santo Domingo de Guzmán o 21 de marzo de 1864,[1] foi un militar, inventor e escritor en lingua castelá de orixe galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de agosto de 1827 Ribadeo, España |
Morte | 21 de marzo de 1864 (36 anos) Santo Domingo, República Dominicana |
Actividade | |
Ocupación | inventor, escritor |
Familia | |
Irmáns | Ramón Pasarón Lastra |
Traxectoria
editarIrmán de Ramón Pasarón Lastra. Foi Capitán do exército español, co que foi destinado a Hispanoamérica. Escribiu dende moi novo poesía, teatro e diversos textos verbo da milicia. Foi colaborador de varios xornais madrileños. Publicou Poesías y leyendas (1850) e Instrución castrametaria o breve método para acampar la Infantería en yermos y despoblados (1861).
Como inventor, ideou un globo dirixíbel de rumbo fixo co que sería posible dar a volta ao mundo, a unha altura dunha legua e en 11 días. Ideouno estando na Habana e sendo capitán de infantaría, e fíxoo público nun artigo na Gaceta de La Habana dos días 24 e 29 de abril de 1862, e pouco despois mediante un folleto publicado na devandita cidade e reeditado ese mesmo ano, moi ampliado e corrixido, baixo o título Pilotage Aereonáutico.
Notas
editar- ↑ «Ubaldo Pasarón y Lastra», Diccionario biográfico español, Real Academia de la Historia.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ubaldo Pasarón |
Bibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 67.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 43.