Tikal
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde maio de 2019) |
Tikal (ou Tik'al, de acordo coa ortografía maia moderna) son as ruínas dunha cidade antiga, que probablemente se chamaba Yax Mutal e que se atopan nunha selva tropical de Guatemala.[1] É un dos maiores sitios arqueolóxicos e centros urbanos da civilización prehispánica. Está situado na rexión arqueolóxica da Conca do Petén no que hoxe é o norte de Guatemala. Situado no departamento de Guatemala de El Petén, o sitio forma parte do Parque Nacional Tikal de Guatemala e en 1979 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[2]
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Tikal National Park (en) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Departamento de El Petén, Guatemala | |||
| ||||
Páxina web | tikalpark.com | |||
Tikal foi a capital dun estado que se converteu nun dos reinos máis poderosos dos antigos pobos maias.[3] Aínda que a arquitectura monumental no sitio data do século IV a.C., Tikal alcanzou o seu apoxeo durante o Período Clásico, c. 200 a 900 d.C. Durante este tempo, a cidade dominou gran parte da rexión maia política, económica e militarmente, mentres interactuaba con áreas de toda Mesoamérica como a gran metrópole de Teotihuacan no afastado Val de México. Hai evidencias de que Tikal foi conquistado por Teotihuacan no século IV a.C.[4] Tras o final do Período Clásico Tardío, non se construíron novos monumentos importantes en Tikal e hai evidencias de que se queimaron os palacios da elite. Estes acontecementos sumáronse a un descenso gradual da poboación, que culminou co abandono do sitio a finais do século X.
Tikal é a máis coñecida das grandes cidades Maias das terras baixas, cunha longa lista de gobernantes dinásticos, descubríronse moitas das tumbas dos gobernantes desta lista e investigáronse os seus monumentos, templos e palacios.[5]
Etimoloxía
editarO nome Tikal pode derivarse de ti ak'al na Lingua maia iucateca, dise que é un nome relativamente moderno que significa "no pozo de auga". O nome aparentemente foi aplicado a un dos antigos depósitos do sitio por cazadores e viaxeiros na rexión.[6] Alternativamente o seu significado interpretouse como "o lugar das voces" na lingua Itza Maia. Tikal, porén, non é o antigo nome do sitio, senón o nome adoptado pouco despois do seu descubrimento na década de 1840.[7] Inscricións xeróglifas nas ruínas refírense á antiga cidade como "Yax Mutal" ou "Yax Mutul", que significa "Primeira Mutal".[6] Tikal pode ter sido chamado así porque Dos Pilas tamén usou o mesmo glifo de emblema, os gobernantes da cidade presumiblemente querían distinguirse como a primeira cidade en levar o nome.[8]
O reino, no seu conxunto, chamouse Mutul, sendo a lectura do glifo que se ve na foto. O seu significado exacto non está claro, [9] aínda que algúns científicos pensan que fai referencia ao peiteado do Ku'hul Ahaw, ou máximo gobernador.
Xeografía
editarOs asentamentos máis modernos máis próximos son Flores e Santa Elena, aproximadamente a 64 km. por estrada ao suroeste.[10] Tikal está aproximadamente a 303 km. ao norte da Cidade de Guatemala. É 19 km. ao sur da cidade maia contemporánea de Uaxactun e 30 km. ao noroeste de Yaxha.[6][11] A cidade estaba situada 100 km. ao sueste do seu gran rival do Período Clásico, Calakmul, e a 85 km. ao noroeste aliado de Calakmul Caracol, agora en Belize.[12]
A cidade foi completamente mapeada e cubriu unha área superior a 16 km² que incluía preto de 3.000 estruturas.[13] A topografía do sitio está composta por unha serie de cristas de calcaria paralelas que se elevan por riba das zonas baixas pantanosas. A principal arquitectura do sitio está agrupada en áreas de terreo máis elevado e unidas por unha calzada elevada que abrangue os pantanos.[14] A área ao redor de Tikal foi declarada como Parque Nacional de Tikal e a área preservada cobre 570 km².[15] Foi creado o 26 de maio de 1955 baixo os auspicios do Instituto de Antropoloxía e Historia e foi a primeira área protexida de Guatemala.[16]
As ruínas atópanse entre os bosques tropicais do norte de Guatemala que formaron o berce da civilización Maia das terras baixas. A cidade en si estaba situada entre abundantes terreos fértiles e as terras altas e pode haber dominado unha ruta natural comercial leste-oeste a través da península do Iucatán.[17] As árbores pertencentes ao parque Tikal inclúen a xigantesca kapok (Ceiba pentandra) a árbore sagrada dos maias, cedro tropical (Cedrela odorata), e caoba hondureña (Swietenia macrophylla). Xaguares, ocelotes e pumas tamén vagan no parque.[18]
Tikal non tiña máis auga que o que se recollía a partir de auga de choiva e se almacenaba en dez depósitos. Os arqueólogos que traballaron en Tikal durante o século XX renovaron un destes antigos depósitos para almacenar auga para o seu uso. A precipitación anual media de Tikal é de 1945 mm.. Con todo, a chegada da choiva era a miúdo imprevisible, e ocorrian longos períodos de seca antes de que as colleitas madurásen, o que ameazaba gravemente aos habitantes da cidade.[19]
Poboación
editarAs estimacións de poboación para Tikal varían entre 10.000 e 90.000 habitantes, sendo o dato máis probable o do extremo superior deste rango. A poboación de Tikal comezou unha curva continua de crecemento a partir do período preclásico (aproximadamente 2000 a. C. - 200 d.C.), cun pico no clásico tardío coa poboación crecendo rapidamente desde o 700 ata o 830, seguido dun forte descenso. Para a superficie de 120 km² que se atopa dentro das defensas de terra do hinterland, a poboación máxima estímase en 517 habitantes por quilómetro cadrado. Nunha área dentro dun radio de 12 km do núcleo do sitio, a poboación máxima estímase en 120.000 habitantes. A densidade de poboación estímase en 265 habitantes por quilómetro cadrado. Nunha rexión dentro dun radio de 25 km do núcleo do sitio e incluíndo algúns sitios satélites, a poboación máxima estímase en 425.000 habitantes cunha densidade de 216 habitantes por quilómetro cadrado. Estas cifras de poboación son aínda máis impresionantes debido ás extensas terras pantanosas que eran inadecuadas para a súa habitabilidade ou a agricultura mesoamericana. Non obstante, algúns arqueólogos, como David Webster, consideran que estas cifras son moi altas.
Historia
editarPreclásica
editarHai rastros dunha temperá agricultura en Tikal datada no 1000 a. C., no Preclásico Medio. Atopouse un escondedoiro de cerámica de Maia datada no 700-400 a. C., nun chultún selado, unha cavidade subterránea en forma de botella.
As construcións principais de Tikal xa tiveron lugar no período preclásico tardío, aparecendo entre o 400 e 300 a. C., incluén a construción das principais pirámides e plataformas mesoamericanas, aínda que a cidade estaba eclipsada por outros sitios máis poderosos ao norte como El Mirador e Nakbé.
Neste momento, Tikal foemaba parte da cultura Chikanel que dominaba as áreas do centro e do norte de Maia neste momento, unha rexión que incluía toda a península do Iucatán incluíndo o norte e oeste de Guatemala e todo p territorio de Belize.
Dous templos que datan dos tempos tardíos de Chikanel tiñan muros de cachotería, cuxas superstructuras puideron ser arcos maias, aínda que isto non se probou. Unha delas tiña elaboradas pinturas nos muros exteriores que mostraban figuras humanas sobre un fondo de figuras decorativas, pintado en amarelo, negro, rosa e vermello.
No século I d.C. aparecen por primeiravez ricas sepulturas e Tikal experimentou unha florecemento político e cultural a medida que os seus poderosos veciños do norte languidecían. Ao final do Preclásico Tardío, a arte e arquitectura do estilo de Izapa, da costa do Pacífico comezou a influír en Tikal, como demostran os primeiros murais da cidade e unha escultura rota na acrópole.
Clásico temperá
editarA dinastía dinastía entre os maias das terras baixas está máis arraigada en Tikal. O goberno dinástico, un réxime común entre os maias das terras baixas, estivo fortemente arraigado en Tikal. Segundo os rexistros posteriores dos xeróglifos, a dinastía fundouna Yax Ehb Xook, quizais no século I d.C. A comezos do clásico temperán, o poder na rexión maia concentrouse en Tikal e Calakmul, no núcleo da rexión central Maia.
Tikal puido beneficiarse do colapso dos grandes estados preclásicos como El Mirador. No Clásoctemprano Tikal converteuse rapidamente na cidade máis dinámica da rexión Maia, estimulando o desenvolvemento doutras cidades maias.
tikal, con todo, estaba frecuentemente en guerra e as inscricións contan alianzas e conflitos con outros estados maias, incluíndo Uaxactún, El Caracol, Naranjo e Calakmul. Tikal foi derrotado ao final do clásico temperán por Caracol, que substituíu a Tikal como principal centro de poder das terras baixas maias do sur. A primeira parte do clásico temperán tamén sucedéronse hostilidades entre Tikal e o seu veciño Uaxactun, en Uaxactun existen gravados sobre captura de prisioneiros de Tikal.
Parece que houbo unha ruptura na sucesión masculina no 317, cando a señora Unen Bahlam realizou unha cerimonia de finalización de katún, aparentemente como a raíña da cidade.
Tikal e Teotihuacan
editarXa no 200 d. C., Teotihuacan tiña embaixadas en Tikal.[20]
O décimo cuarto rei de Tikal foi Chak Tok Ich'aak (Gran Pouta de Xaguar).[21] Chak Tok Ich'aak construíu un palacio que foi preservado e desenvolvido polos gobernantes posteriores ata que se converteu no núcleo da Acrópole Central. Pouco se sabe sobre Chak Tok Ich'aak, agás que foi asasinado o 14 de xaneiro do 378 d.C. O mesmo día, Siyah K’ak’ (nace o lume) chegou desde o oeste, pasando por El Perú, un sitio ao oeste de Tikal, o 8 de xaneiro. Na estela 31 é nomeado como "Señor de Occidente". Siyah K'ak' era probablemente un xeneral estranxeiro que servía a unha figura representada por un xeróglifo non-maia, composto dun lanzadardos, en combinación cun bufo, un glifo ben coñecido da gran metrópole de Teotihuacan no afastado val de México. Bufo lanzadardos incluso puido ser o gobernante de Teotihuacan. Estes acontecementos gravados suxiren con seguridade que Siyah K'ak' liderou unha invasión de Teotihuacan que derrotou ao rei nativo de Tikal, que foi capturado e executado de inmediato. Siyah K'ak' parece que foi axudado por unha poderosa facción política no propio Tikal. Aproximadamente no momento da conquista, un grupo de nativos de Teotihuacan aparentemente residía preto do complexo Mundo Perdido. Tamén exercía o control sobre outras cidades na área, incluíndo Uaxactun, onde se converteu en rei, pero non tomou o trono de Tikal por si mesmo. No curso dun ano , o fillo de Bufo lanzadardos co nome de Yax Nuun Ayiin I (primeiro crocodilo), instalouse como o décimo quinto rei de Tikal mentres aínda era un neno, sendo entronizado o 13 de setembro do 379. Reineu durante 47 anos como rei de Tikal, e permaneceu como vasalo de Siyah K'ak' mentres este viviu. Parece probable que Yax Nuun Ayiin casara cunha das esposas preexistentes da derrotada dinastía Tikal e así lexitimase o dereito de gobernar do seu fillo Siyaj Chan K'awiil II.
Río Azul, un pequeno sitio 100 km ao nordés de Tikal, foi conquistado por este durante o reinado de Yax Nuun Ayiin I. O sitio converteuse nunha avanzada de Tikal, protexéndoa de cidades hostís máis ao norte, e tamén se converteu nunha ligazón comercial co Caribe.
Aínda que os novos gobernantes de Tikal eran estranxeiros, os seus descendentes foron rapidamente Maianizados. Tikal converteuse no principal aliado e socio comercial de Teotihuacan nas terras baixas Maias. Despois de ser conquistada por Teotihuacan, Tikal dominou rapidamente o norte e oeste do Petén. Uaxactun, xunto coas pequenas cidades da rexión, foron absorbidos polo reino de Tikal. Outros sitios, como Bejucal e Motul de San José preto do Lago Petén Itzá, convertéronse no vasalos do seu veciño máis poderoso ao norte. A mediados do século V Tikal tiña un territorio central de polo menos 25 km en cada dirección.
Ao redor do século V construíuse un impresionante sistema de fortificacións que consistía en gabias e construcións de terra en toda a periferia norte do interior do Tikal, uníndose coas defensas naturais provistas por grandes áreas de pantanos que se estenden cara ao leste e oeste da cidade. Probablemente construíronse fortificacións adicionais no sur. Estas defensas protexeron a poboación principal e os recursos agrícolas de Tikal, rodeando unha área de aproximadamente 120 km². Recentes investigacións suxiren que os movementos de terra serviron como sistema de recollida de auga en vez de ter un propósito defensivo.
Tikal e Copán
editarNo século V o poder da cidade chegou tan ao sur como Xukpi (actual Copán), cuxo fundador K'inich Yax K'uk' Mo' estaba claramente conectado con Tikal. Copán non estaba nunha rexión etnicamente maia e a fundación da dinastía de Copán probablemente implicou a intervención directa de Tikal. K'inich Yax K'uk 'Mo' chegou a Copán en decembro do 426 e a análise ósea dos seus restos mostra que pasou a súa infancia e mocidade en Tikal. Un individuo coñecido como Ajaw K'uk' Mo' (señor K'uk' Mo') é mencionado nun texto temperá en Tikal e pode ser a mesma persoa. A súa tumba tiña características de Teotihuacán e foi representado en retratos posteriores vestido como un guerreiro de Teotihuacan. Os textos xeroglíficos refírense a el como "Señor de Occidente", ao igual que Siyah K’ak’. Ao mesmo tempo, a finais do 426, Copán fundou o lugar próximo de Quiriguá, posiblemente patrocinado por Tikal. A fundación destes dous centros pode ser parte dun esforzo por impoñer a autoridade de Tikal sobre a porción sueste da rexión maia. A interacción entre estes sitios e Tikal foi intensa nos seguintes tres séculos.
No século VI comezou unha longa rivalidade entre Tikal e Calakmul, e cada unha das dúas cidades formou unha rede propia de alianzas mutuamente hostís entre si nunha longa guerra entre as dúas superpotencias maias. Os reis destas dúas capitais adoptaron o título "kaloomte", un termo que non traducíuse con precisión, pero que implica algo semellante a "rei supemo".
A comezos do século VI viu unha raíña gobernou a cidade, coñecida como a "Señora de Tikal", é moi probable que fose unha filla de Chak Tok Ich'aak II. Parece que nunca gobernou por dereito propio, senón que se asociou con compañeiros de goberno masculinos. O primeiro deles foi Kaloomte 'B'alam, que parece ter unha longa carreira como xeneral en Tikal antes de converterse no 19º co-gobernante na secuencia dinástica. A Señora de Tikal parece que non se contou na numeración dinástica. Parece que máis tarde foi emparellada co señor "Garra de Paxaro", que se presume que foi 20º gobernante, polo demais descoñecido.
Clásico tardío
editarHiato de Tikal
editarA mediados do século VI, Caracol parece haberse aliado con Calakmul derrotando a Tikal, pechando o Clásico temperá. O "Hiato de Tikal" refírese a un período entre a finais do século V a finais do século VII onde houbo un lapso na escritura de inscricións e construción a grande escala en Tikal. Na segunda metade do século VI dC, unha grave crise chegou á cidade, sen construír novas estelas e con mutilación deliberada xeneralizada das esculturas públicas. Este tempo de inactividade de Tikal foi inesplicable durante moito tempo ata que posteriormente a resolución dos xeroglíficos identificaron que este período foi provocado pola derrota completa de Tikal a mans de Calakmul e Caracol no 562, unha derrota que resultou na captura e sacrificio do rei de Tikal. O moi erosionado Altar 21 en Caracol describe como Tikal sufriu esta desastrosa derrota nunha gran guerra en abril de 562.[22] Parece que Caracol era un aliado de Calakmul no conflito máis amplo entre esta cidade e Tikal, a derrota de Tikal tivo un impacto duradeiro sobre a cidade. Tikal non foi saqueada pero o seu poder e influencia foron elimnados. Logo da súa gran vitoria, Caracol creceu rapidamente e algúns habitantes de Tikal puideron ser trasladados á forza alí. Durante o período do hiato, polo menos un dos gobernantes de Tikal refuxiouse con Janaab 'Pakal de Palenque, outra das vítimas de Calakmul. Calakmul prosperou durante o longo período de recesión de Tikal.
O comezo do hiato de Tikal serviu como un marcador polo cal o arqueólogos frecuentemente sub-dividen o período Clásico da cronoloxía mesoamericana, no Clásico Temperá e Clásico Tardío.
Tikal e Dos Pilas
editarNo 629 Tikal fundou Dos Pilas, a úns 110 km ao suroeste, como unha avanzada militar para controlar o comercio ao longo do río La Pasión. B'alaj Chan K'awiil foi declarado rei do novo posto avanzado a idade de catro anos, no 635 e durante moitos anos serviu como leal vasalo do seu irmán, o rei de Tikal. Máis ou menos vinte anos despois, Dos Pilas foi atacada por Calakmul e foi derrotada. B'alaj Chan K'awiil foi capturado polo rei de Calakmul pero, no canto de ser sacrificado, foi reinstalado no seu trono como vasalo do seu ex-inimigo, e atacou a Tikal no 657, obrigando a Nuun Ujol Chaak, o entón rei de Tikal, a abandonar temporalmente a cidade. Os dous primeiros gobernantes de Dos Pilas continuaron usando o "Mutal" o glifo emblema de Tikal, e probablemente sentiron que tiñan un dereito lexítimo ao trono de Tikal. Por algunha razón, B'alaj Chan K'awiil non se instalou como o novo gobernante de Tikal, e quedou en Dos Pilas. Tikal contraatacou contra Dos Pilas no 672, obrigando a B'alaj Chan K'awiil a exiliarse durante cinco anos. Calakmul intentou cercar a Tikal dentro dunha área dominada polos seus aliados, como El Perú, Dos Pilas e El Caracol.
No 682, Jasaw Chan K'awiil I erixiu o primeiro monumento datado en Tikal en 120 anos e reivindicou o título de Kaloomte', poñendo fin ao hiato. Iniciou un programa de novas construcións e reverteu a relación con Calakmul cando, no 695, capturou aos nobres inimigos e levoua ao estado inimigo a un longo declive do que nunca se recuperou por completo. Despois diso, Calakmul nunca volveu a erixir un monumento celebrando unha vitoria militar.
Tikal despois Teotihuacán
editarO século VII, non houbo presenza activa de Teotihuacan en ningún sitio maia e do centro de Teotihuacan fora arrasada cara ao 700 dC .. Con todo, o traxe de guerra formal, que ilustra os monumentos, mantívose no estilo de Teotihuacan. Jasaw Chan K'awiil I e o seu herdeiro Yik'in K'awiil Chan continuaron as hostilidades contra Calakmul e os seus aliados e impuxeron un control rexional firme sobre a área en torno a Tikal, estendéndose cara ao territorio en torno ao Lago Petén Itzá. Estes dous gobernantes foron responsables de gran parte da impresionante arquitectura visible a día de hoxe.
No 738, Quiriguá, un vasalo de Copán, o aliado clave de Tikal, no sur, cambiou a súa lealdade, favorecendo Calakmul derrotou a Copán e obtivo a súa independencia. Este foi aparentemente o resultado dun esforzo consciente por parte de Calakmul, para acadar o colapso dos aliados ao sur de Tikal . Isto alterou o equilibrio de poder no sur da rexión Maia e deu como resultado a decadencia de Copán.
No século VIII, os gobernantes de Tikal recolleron monumentos de todas as partes da cidade e os transladaron á fronte da Acrópole norte. Ao final do século VIII e do século IX, a actividade de construción en Tikal desacelerouse. Aínda se construíu arquitectura impresionante, pero existen poucas inscricións referidas a gobernantes posteriores.
Clásico Terminal
editarNo século IX, a crise do colapso maia estendeuse por toda a rexión, cunha poboación en caída libre e unha cidade tras outra caendo no silencio. Cada vez máis, a guerra endémica na rexión maia obrigou á poboación rural que sostivo a Tikal a concentrarse preto da cidade, acelerando o uso da agricultura intensiva e o correspondente deterioración do medio. A construción continuou a comezos de século, coa construción do Templo 3, a última das importantes pirámides da cidade e a construción de monumentos, para conmemorar o décimo noveno k'atun no 810.
Como Tikal e os seus arredores alcanzaron a súa poboación máxima, a área viuse afectada pola deforestación, a erosión e a perda de nutrientes, seguido dunha rápida despoboación. Tikal e os seus arredores, ao parecer, perderon a maior parte da súa poboación entre o 830 e o 950 e a autoridade central puido derrubarse rapidamente. Non hai moitas evidencias de que a cidade de Tikal estivese directamente afectada pola guerra endémica, que afectou a partes da rexión maia durante o Clásico Terminal, aínda que a afluencia de refuxiados da rexión Petexbatún puido exacerbar os problemas derivados dos recursos insuficientes dispoñibles no medio.
Na segunda metade do século IX, houbo un intento de restablecer o poder real na pequena cidade de Tikal, como evidencia unha estela erixida na gran Praza por Jasaw Chan K'awiil II, no ano 869. Este foi o último monumento erixido en Tikal antes de que a cidade finalmente caese no silencio. Os antigos satélites de Tikal, como Jimbal e Uaxactún, non duraron moito máis tempo, ergueron o seu último monumento no 889. Ao final do século IX, a gran maioría da poboación de Tikal deixara a cidade. Os seus palacios foron habitados por ocupantes ilegais e construíronse casas simples, con tellado de palla, nas prazas cerimoniais da cidade. Os novos ocupantes bloquearon algunhas entradas nas salas das estruturas monumentais e deixaron lixo, que incluía unha mestura de residuos domésticos e elementos inútiless, como instrumentos musicais. Estes habitantes reutilizaron os monumentos para os seus propios rituais, moi lonxe dos da dinastía real que os levantaron. Algúns monumentos foron danados e algúns foron trasladados a novos lugares. Antes do abandono final da cidade, desaparecera todo o respecto para os antigos gobernantes, os túmulos da necrópole norte foron asaltados en busca de Xade e os máis accesibles foron saqueados. Tras o ano 950, Tikal quedou case deserta, aínda que un resto de poboación puido permanecer en cabanas perecedeiras intercaladas entre as ruínas. No século X ou XI, os últimos habitantes deixaron a cidade e o bosque ocultou as ruínas duanteos seguintes mil anos.
Notas
editar- ↑ "Tikal Information". CyArk. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2008. Consultado o 19 de decembro de 2014.
- ↑ UNESCO World Heritage Center.
- ↑ Sharer & Traxler 2006, p.1. Hammond 2000, p.233.
- ↑ Martin & Grube 2008, pp.29–32.
- ↑ Adams 2000, p.34.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Martin & Grube 2000, p.30.
- ↑ Drew 1999, p.136.
- ↑ Schele & Mathews 1999, p.64.
- ↑ Martin & Grube 2000, p. 30.
- ↑ Kelly 1996, pp.111–2.
- ↑ Webster 2002, p.118.
- ↑ Webster 2002, pp.188, 192.
- ↑ Coe 1999, p.104.
- ↑ Drew 1999, p.185.
- ↑ Kelly 1996, p.140.
- ↑ Torres.
- ↑ Webster 2002, p.261.
- ↑ Coe 1967, pp. 9-10. Hidinger 1996, p. 52.
- ↑ Webster 2002, p.239.
- ↑ The Origins & Collapse of the Preclassic Maya in the Mirador Basin - Richard Hansen at The Library of Congress (2014)
- ↑ Coe 1999, p.90.
- ↑ Historical Dictionary of Mesoamerica by Walter Robert Thurmond Witschey and Clifford T. Brown, p. 313.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tikal |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Adams, Richard E.W. (2000). "Introduction to a Survey of the Native Prehistoric Cultures of Mesoamerica". En Richard E.W. Adams y Murdo J. Macleod (eds.). The Cambridge History of the Native Peoples of the Americas, Vol. II: Mesoamerica, part 1 (en inglés). Cambridge, Reino Unido: Cambridge University Press. pp. 1–44. ISBN 0-521-35165-0. OCLC 33359444.
- Andrews, E. Wyllys; Fash, William L. (2005). "Issues in Copán Archaeology". En E. Wyllys Andrews y William L. Fash (eds.). Copán: The History of an Ancient Maya Kingdom (en inglés). Santa Fe y Oxford: School of American Research Press and James Currey Ltd. pp. 395–425. ISBN 0-85255-981-X. OCLC 56194789.
- Banco de Guatemala. "Monedas". Banco de Guatemala. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2009.
- Authentic Maya (2011). "Yax Mutul, Tikal". Authentic Maya (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019.
- Barillas, Edgar (2013). "50 películas filmadas en Guatemala y una que no (1935-1996). Apuntes para una cartografía de los lugares filmados en Guatemala". Revista Historia de la Universidad de San Carlos de Guatemala. Guatemala. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2015. Consultado o 22 de outubro de 2015.
- Coe, Michael D. (1999). The Maya. Ancient peoples and places series (en inglés) (6.ª edición revisada y ampliada ed.). Londres e Nova Iorque: Thames & Hudson. ISBN 0-500-28066-5. OCLC 59432778.
- Coe, William R. (1988) [1967]. Tikal: guía de las antiguas ruinas mayas. Guatemala: Piedra Santa. ISBN 84-8377-246-9.
- Drew, David (1999). The Lost Chronicles of the Mayan Kings (en inglés). Los Ángeles, EE.UU.: University of California Press.
- Fash, William L.; Agurcia Fasquelle, Ricardo (2005). "Contributions and Controversies in the Archaeology and History of Copán". En E. Wyllys Andrews y William L. Fash (eds.). Copán: The History of an Ancient Maya Kingdom (en inglés). Santa Fe e Oxford: School of American Research Press and James Currey Ltd. pp. 3–32. ISBN 0-85255-981-X. OCLC 56194789.
- Gill, Richardson B. (2000). The Great Maya Droughts: Water, Life, and Death (en inglés). Albuquerque: University of New Mexico Press. ISBN 0-826-32194-1. OCLC 43567384.
- Hammond, Norman (2000). "The Maya Lowlands: Pioneer Farmers to Merchant Princes". En Richard E.W. Adams y Murdo J. Macleod (eds.). The Cambridge History of the Native Peoples of the Americas, Vol. II: Mesoamerica, part 1 (en inglés). Cambridge, Reino Unido: Cambridge University Press. pp. 197–249. ISBN 0-521-35165-0. OCLC 33359444.
- Harrison, Peter D. (2006). "Maya Architecture at Tikal". En Nikolai Grube (ed.). Maya: Divine Kings of the Rain Forest (en inglés). Eva Eggebrecht e Matthias Seidel (editores asistentes). Köln: Könemann. pp. 218–231. ISBN 3-8331-1957-8. OCLC 71165439.
- Kelly, Joyce (1996). An Archaeological Guide to Northern Central America: Belize, Guatemala, Honduras, and El Salvador (en inglés). Norman: University of Oklahoma Press. ISBN 0-8061-2858-5. OCLC 34658843.
- Kerr, Justin (n.d.). "A Precolumbian Portfolio" (online database). FAMSI Research Materials (en inglés). Foundation for the Advancement of Mesoamerican Studies, Inc. Consultado o 13 de xuño de 2007.
- Looper, Matthew G. (1999). "New Perspectives on the Late Classic Political History of Quirigua, Guatemala". Ancient Mesoamerica (en inglés) (Cambridge e Nova Iorque: Cambridge University Press) 10 (2): 263–280. ISSN 0956-5361. OCLC 86542758. doi:10.1017/S0956536199101135.
- Looper, Matthew G. (2003). Lightning Warrior: Maya Art and Kingship at Quirigua. Linda Schele series in Maya and pre-Columbian studies (en inglés). Austin: University of Texas Press. ISBN 0-292-70556-5. OCLC 52208614.
- Martin, Simon; Grube, Nikolai (2000). Chronicle of the Maya Kings and Queens: Deciphering the Dynasties of the Ancient Maya (en inglés). Londres e Nova Iorque: Thames & Hudson. ISBN 0-500-05103-8. OCLC 47358325.
- Martin, Simon; Grube, Nikolai (2008). Chronicle of the Maya Kings and Queens: Deciphering the Dynasties of the Ancient Maya (en inglés) (2.ª ed.). Londres e Nova Iorque: Thames & Hudson. ISBN 978-0-500-28726-2. OCLC 191753193.
- Martínez, Horacio; Webster, David; Silverstein, Jay; Murtha, Timothy; Straight, Kirk; Montepeque, Irinna (2004). "Reconocimiento en la periferia de Tikal: Los Terraplenes Norte, Oeste y Este, nuevas exploraciones y perspectivas" (PDF). XVII Simposio de Investigaciones Arqueológicas en Guatemala, 2003 (editado por J.P. Laporte, B. Arroyo, H. Escobedo y H. Mejía). Museo Nacional de Arqueología y Etnología, Guatemala. pp. 635–641. Arquivado dende o orixinal (PDF publicación en línea) o 14 de setembro de 2011. Consultado o 24 de xuño de 2009.
- Méndez, Modesto (6 de marzo de 1848). "Informe del Corregidor del Petén Modesto Méndez de 6 de marzo de 1848". La Gaceta de Guatemala (Guatemala).
- Miller, Mary Ellen (1999). Maya Art and Architecture (en inglés). Londres e Nova Iorque: Thames & Hudson. ISBN 0-500-20327-X. OCLC 41659173.
- Miller, Mary; Taube, Karl (1993). The Gods and Symbols of Ancient Mexico and the Maya: An Illustrated Dictionary of Mesoamerican Religion (en inglés). Londres: Thames & Hudson. ISBN 0-500-05068-6. OCLC 27667317.
- Morales, Tirso; Burgos, Benito; Acosta, Miguel; Pinelo, Sergio; Tulio Castellanos, Marco; González, Leopoldo; Castañeda, Francisco; Barrios, Edy; Larios, Rudy; et al. (2008). "Trabajos realizados por la Unidad de Arqueología del Parque Nacional Tikal, 2006-2007." (PDF). XXI Simposio de Arqueología en Guatemala, 2007 (editado por J.P. Laporte, B. Arroyo y H. Mejía) (Guatemala: Museo Nacional de Arqueología y Etnología): 413–436. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de setembro de 2011. Consultado o 21 de xuño de 2011.
- Puleston, Dennis E.; Callender, Donald W. (1967). "Defensive earthworks at Tikal" (PDF). Expedition (en inglés) 9 (3): 40–48. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de maio de 2020. Consultado o 24 de xaneiro de 2019.
- Salisbury, David; Koumenalis, Mimi; Moffett, Barbara (2002). "Newly revealed hieroglyphs tell story of superpower conflict in the Maya world" (PDF). Exploration: the online research journal of Vanderbilt University (en inglés) (Nashville, TN: Vanderbilt University Office of Science and Research Communications). OCLC 50324967. Arquivado dende o orixinal (PDF, publicación en línea) o 02 de novembro de 2014. Consultado o 22 de setembro de 2009.
- Schele, Linda; Mathews, Peter (1999). The Code of Kings: The language of seven Maya temples and tombs (en inglés). Nueva York: Simon & Schuster. ISBN 978-0-684-85209-6. OCLC 41423034.
- Sharer, Robert J.; Traxler, Loa P. (2006). The Ancient Maya (en inglés) (6.ª ed.). Stanford, California: Stanford University Press. ISBN 0-8047-4817-9. OCLC 57577446.
- Silverstein, Jay; Webster, David; Martinez, Horacio; Soto, Alvaro (2009). Rethinking the Earthworks of Tikal: A Hydraulic Hypothesis for the Classic Maya Polity (en inglés). Ancient Mesoamerican 20(1),Cambridge Journals.
- StarWars.com. "Star Wars: Episode IV A New Hope" (en inglés). Lucasfilm Ltd. Consultado o 13 de novembro de 2009.
- Stephens, John Lloyd; Catherwood, Frederick (1854). Incidents of travel in Central America, Chiapas, and Yucatan (en inglés). Londres, Inglaterra: Arthur Hall, Virtue and Co.
- Torres, Estuardo. "Parque Nacional Tikal". Ministerio de Cultura y Deportes. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2009. Consultado o 14 de novembro de 2009.
- UNESCO World Heritage Centre. "Tikal National Park" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 13 de novembro de 2009.
- Sharer, Robert J.; Traxler, Loa P. (2006). The Ancient Maya (en inglés) (6.ª ed.). Stanford, California: Stanford University Press. ISBN 0-8047-4817-9. OCLC 57577446.
- Webster, David L. (2002). The Fall of the Ancient Maya: Solving the Mystery of the Maya Collapse (en inglés). Londres: Thames & Hudson. ISBN 0-500-05113-5. OCLC 48753878.
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial Arquivado 09 de maio de 2017 en Wayback Machine., Ministerio de Cultura e Depotes de Guatemala (en castelán)
- Tikal Digital Media Archive at CyArk
- Tikal Google Street View