Stabri Monogo
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Stabri Monogo (máis coñecido como Stabri ou O Boneco Viaxeiro)[1] é un personaxe popular da rede que pasa de man en man e viaxa por todo o mundo. Creado en 2006,[2] xorde como unha idea espontánea de dous informáticos españois que buscaban ata onde podían chegar os lazos creados dende Internet.[3][4]
Stabri Monogo | |
---|---|
Stabri, en París baixo a Torre Eiffel | |
Creador(es) | Mariano Munuera e Ángel Téllez |
Información | |
Raza | Boneco |
Nacemento | 2006 |
Orixe
editarDous informáticos galegos, Mariano Munuera e Ángel Téllez,[5] decidiron experimentar ata onde poderían chegar os lazos creados dende Internet. Para iso idearon un boneco global, Stabri, que pasa de man en man viaxando por todo o mundo[6][7]. Para iso, dispuxeron a creación dunha páxina de formato web 2.0 na que os usuarios puidesen interactuar entre eles similar ás redes sociais coñecidas ata o momento, o deseño e construción do personaxe en si, e un primeiro portador que o dese a coñecer entre as primeiras persoas. Esta última parte sería a máis importante, pois é a que daría vida á idea orixinal dos creadores.[8]
Aventura
editarStabri non é máis que un boneco que viaxa, e o cal transporta unha soa persoa denominada "portador" ou "portadora"[9], a única diferenza é que esta persoa que o porta é diferente en cada percorrido (pois pasa de man en man). O portador leva a Stabri a visitar os lugares máis destacados da zona e fai partícipe das súas afeccións segundo crea conveniente. Desta forma créase unha serie de aventuras, as cales son gravadas ou fotografadas e subidas á web, alí, compártese cada movemento do boneco e os usuarios da web poden ser participes deles con comentarios e outras achegas.
Personalidade
editarAo igual que Frank Oz falaba sobre que a personalidade dos bonecos da famosa serie Barrio Sésamo[10] estaba condicionada pola súa imaxe, Stabri, baseándose no contraste do seu aspecto non ten un carácter cambiante, senón unha actitude extravertida que se mantén.
Stabri está caracterizado así pola súa pel branca, unha camiseta de relas vermellas e branca, uns lentes e un sorriso eterna[11], a parte dunha maleta (que xeralmente contén un carné con algúns datos como a páxina web e o nome). Todos estes elementos son esenciais pois forman as características do personaxe.
Páxina web
editarA web de Stabri é tamén unha zona gratuíta de redes sociais fundada polos autores do boneco. Orixinalmente dispoñía dun deseño moi básico de equipo (o creado en 2006), no que os seus usuarios podían compartir fotografías e comentarios de forma pública podendo acceder calquera persoa que contase cun correo electrónico. Ademais, a presenza do moneco non se foi solo pola web oficial, senón por outras redes populares, así como Tuenti[12], Facebook[13] ou Twitter[14] entre outras. A mediados do ano 2010 presentouse un novo deseño que convertía á rede nunha zona mais social, permitindo interactuar máis entre os usuarios e co mesmo boneco. Esta remodelación contou con novos apartados da ruta de viaxe, contos educativos que facía chegar esta aventura a outro sector da poboación mais infantil[15] e un apartado de compra de produtos.
Notas
editar- ↑ http://elprogreso.galiciae.com/nova/62645.html
- ↑ Fernando Sarasketa. "Stabri: o boneco galego que viaxa polo mundo grazas á Internet". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2019-07-25.
- ↑ http://www.xornal.com/artigo/2010/06/05/sociedad/ciencia-y-tecnologia/boneco-trapo-navega-na-rede/2010060501492901655.html?idioma=gl[Ligazón morta]
- ↑ "¿Hasta donde se puede llegar con las redes sociales?". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2011. Consultado o 25 de febreiro de 2011.
- ↑ "Stabri, el muñeco global, vive la movida nocturna de Compostela". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2019. Consultado o 2019-07-25.
- ↑ Sarasketa, Fernando (7 de xuño do 2010). "Stabri: o boneco galego que viaxa polo mundo grazas á Internet". Código cero. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 03 de febreiro de 2011.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2017. Consultado o 03 de febreiro de 2011.
- ↑ "Stabri, el muñeco trotamundos". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-07-25.
- ↑ "Stabri, el muñeco viajero". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2010. Consultado o 03 de febreiro de 2011.
- ↑ http://www.domotica.us/Epi_y_Blas[Ligazón morta]
- ↑ "Stabri visita laprovincia.es". www.laprovincia.es (en castelán). Consultado o 2019-07-25.
- ↑ "Tuenti: la compañía móvil que te ofrece mucho más". www.tuenti.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2016. Consultado o 2020-04-19.
- ↑ http://www.facebook.com/La.aventura.de.Stabri
- ↑ http://twitter.com/#!/stabritour
- ↑ "Los cuentos de Stabri". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2011. Consultado o 03 de febreiro de 2011.