Rexión de Odesa
A rexión de Odesa (en ucraíno Одеська область, "Odeska oblast"; nome informal: Одещина, "Odeshyna") é unha rexión (oblast) do suroeste de Ucraína, con capital na cidade de Odesa.
Одеська область (uk) | |||||
Alcume | Одещина | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Ucraína | ||||
Capital | Odesa | ||||
Contén a división administrativa | Berezivka Raion (en) (2020–) Bilhorod-Dnistrovskyi Raion (en) (2020–) Bolhrad Raion (en) (2020–) Izmail Raion (en) (2020–) Odesa Raion (en) (2020–) Podilsk Raion (en) (2020–) Rozdilna Raion (en) (2020–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.351.392 (2022) (70,59 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua ucraína | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 33.310 km² | ||||
Bañado por | Mar Negro | ||||
Altitude | 281 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 9 de febreiro de 1932 | ||||
Organización política | |||||
• Governor of Odesa Oblast (en) | Serhii Hrynevetskyi (en) (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Odesa Oblast Council (en) , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 65000–65999, 66000–66999, 67000–67999 e 68000–68999 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 48 | ||||
ISO 3166-2 | UA-51 | ||||
Identificador KOATUU | 5100000000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Prefectura de Kanagawa (1986–) | ||||
Sitio web | oda.od.gov.ua | ||||
Ten unha superficie de 33.000 km², abarcando o 5,5% do territorio do país. A súa poboación alcanzaba en 2013 os 2.395.358 habitantes, cerca do 5% da poboación do país.[Cómpre referencia]
Os principais ríos que a atravesan son o Danubio e o Dniéster.
Divisións administrativas
editarA rexión de Odesa está dividida en 26 distritos (s. район, "raion", pl. райони, raiony, subdivisión administrativa similar ás comarcas galegas[Cómpre referencia]) e 7 cidades que non dependen de ningún distrito, senón directamente da rexión.
Estas últimas son as cidades de:
- Bilhorod-Dnistrovskyi (Білгород-Дністровський)
- Izmail Ізмаїл).
- Illichivsk (Іллічівськ).
- Kotovsk (Котовськ).
- Odesa (Одеса).
- Teplodar (Теплодар).
- Yuzhne (Южне).
Composición da poboación
editarDemograficamente a rexión é considerada un enclave multiétnico:[1]
Historia
editarA rexión inclúe a parte sur do territorio histórico da Besarabia, chamado Budzhak, que pertenceu historicamente ao Principado de Moldova e que foi anexionado en 1812 polo Imperio Ruso.
Nestas terras viviron escitas, sármatas, romanos, godos, rus de Kíiv, hunos, mongois, tártaros, gagauz, turcos etc. Os pobos turcos, como os tártaros, gagauz e turcos, legaron moitos dos topónimos da metade sur da rexión.
A rexión uniuse ao Reino de Romanía en 1918 e foi novamente ocupada pola Unión Soviética en 1940 en virtude do pacto Ribbentrop-Molotov.
Galería
editar-
Estación de ferrocarril de Odesa
-
A fortaleza de Bilhorod-Dnistrovskyi ou Akkerman
Notas
editar- ↑ Censo do 2001.
- ↑ Pequeno grupo étnico que vive principalmente no sur de Moldova (Gagauzia), suroeste de Ucraína (Budjak) e no noreste de Bulgaria (Dobruxa). A diferenza doutros pobos turcos, os gagauz son na súa maioría cristiáns ortodoxos.