Playboy
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2021.) |
Playboy é unha revista de entretemento para adultos fundada en 1953 por Hugh Hefner, que creceu en Playboy Enterprises, Inc. Playboy é unha das marcas máis coñecidas internacionalmente. Edicións especiais da revista foron publicadas en todo o mundo.
Playboy | |
---|---|
País | Estados Unidos de América |
Lingua | lingua inglesa |
Categoría | Revista pornográfica |
Fundación | 1 de outubro de 1953 |
Primeira edición | decembro de 1953 |
Editorial | Playboy Enterprises e Hubert Burda Media Holding |
Circulación | |
ISSN | 0032-1478 |
Na rede | |
http://www.playboy.com e https://www.playboy.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A revista publícase con periodicidade mensual e contén fotografías de muller espidas, xunto con varios artigos de moda, ou produtos de consumo, e tamén libros dalgúns escritores (por exemplo Arthur C. Clarke, Ian Fleming, Vladimir Nabokov, Margaret Atwood). A revista tamén contén opinións políticas en case todas as edicións.
Playboy utiliza elegantes fotos de espidos clasificadas como material para adultos. Visto o éxito que cultivou Playboy, a mediados da década de 1970 xurdiron outras revistas con contido erótico-pornográfico, destacando como principal rival a revista Penthouse.
Entrevistas Playboy
editarAs entrevistas Playboy, cada mes é entrevistado alguén importante, volvéronse famosas polo seu estilo de confrontar e o proceso de longas entrevistas.
As entrevistas Playboy comezaron con Miles Davis en setembro de 1962 (Volume 9 Núm.. 9). Ao paso dos anos houbo entrevistas con Jimmy Carter, Fidel Castro, Ayn Rand, Malcolm X, Kurt Vonnegut, Bertrand Russell, Salvador Dalí, Martin Luther King Jr., Jean-Paul Sartre, Al Capone, George Wallace, Cassius Clay (Muhammed Ali), Madalyn Murray O'Hair, Orson Welles, Ralph Nader, Arthur C. Clarke, Yasser Arafat, Stephen Hawking, Shintaro Ishihara, Carl Sagan e John Lennon
Historia
editarA primeira portada foi Marilyn Monroe, aínda que a fotografía foi, en primeiro lugar, tomada para un calendario co nome de Playboy. Hefner comprou os dereitos da foto de Monroe xunto con outras.
A primeira edición, publicada en decembro de 1953, non tiña data, xa que Hefner estaba inseguro de se ía haber unha segunda edición. A primeira edición foi inmediatamente unha sensación e vendeuse sen problemas en poucas semanas. Coñecida a circulación, foi de 53.991 revistas.
O famoso logo Playboy dun coello cunha gravata elegante, foi deseñado por Art Paul para a segunda edición da revista, e desde entón aparece en cada número. Hefner di escoller ao coello pola súa simpática connotación, e porque na imaxe víase xoguetón e coqueto.
Desde estar na cima en 1970, Playboy tivo un lento declive no éxito de circulación, en parte por un mal investimento en clubs nocturnos e casinos e por outra banda pola forte competitividade dalgunhas outras compañías. A primeira rival foi Penthouse, nos anos setenta. Recentemente tamén compite coas revistas Maxim, FHM, e H para homes, da cal os creadores desta última copiaron a idea de facer o seu propio tipo de centerfold (en galego, póster central) coa facilidade de facelo "recortable" para que, opcionalmente, o lector o retire da revista e o poña nun lugar visible.
En resposta Playboy dedicou a revista a mozas de entre 18 e 35 anos, incluíndo entrevistas a personalidades máis apropiadas para esta audiencia, tal como artistas hip-hop.
Christina Hefner, filla de Hugh Hefner, converteuse na Oficial Cabeza Executiva, sendo Presidente do consello.
Prohibicións da venda de Playboy
editarEn Singapur, a publicación está prohibida. No 2003, o comité revisou e concluíu que a revista non se vendería máis porque a poboación de Singapur non estaba lista para o uso liberal da sexualidade con fotos explícitas, utilizado en Playboy.
Récord
editarA revista Playboy máis vendida foi a de novembro de 1972, que vendeu 7.161.561 copias, tendo de playmate a Lenna Sjooblom.
Famosas
editarAlgunhas famosas (cantantes, actrices, modelos etc.) que pousaron para Playboy, ou apareceron fotos súas na revista, a través dos anos:
Actrices:
- Marilyn Monroe (decembro 1953)
- Jayne Mansfield (febreiro 1955)
- Mara Corday (outubro 1958)
- Dorothy Stratten (xuño 1980)
- Janet Jones (marzo 1987)
- Drew Barrymore (xaneiro 1995)
- Charlize Theron (maio 1999)
- Daryl Hannah (novembro 2003)
- Denise Richards (decembro 2004)
- Bai Ling (xuño 2005)
- Alicia Machado (febreiro 2006)
Cantantes:
- Madonna (setembro 1985)
- Samantha Fox (febreiro 1989)
- Nancy Sinatra (maio 1995)
- Linda Brava (abril 1998)
- Geri Halliwell (maio 1998)
- Belinda Carlisle (agosto 2001)
- Tiffany (abril 2002)
- Carnie Wilson (agosto 2003)
- Debbie Gibson (marzo 2005)
- Willa Ford (marzo 2006)
Deportistas:
- Katarina Witt (decembro 1998)
- Tanja Szewczenko (abril 1999 edición alemá)
- Mia St. John (novembro 1999)
- Joanie Laurer (novembro 2000 e xaneiro 2002)
- Gabrielle Reece (xaneiro 2001)
- Ashley Massaro
- Amy Hayes (marzo 2002)
- Kiana Tom (maio 2002)
- Torrie Wilson (maio 2003 e marzo 2004)
- Sabre (abril e setembro 1999 e marzo 2004)
- Christy Hemme (abril 2005)
Televisión:
- Linda Evans (xullo 1971)
- Claudia Christian (outubro 1999)
- Charisma Carpenter (xuño 2004)
- Shannen Doherty (marzo 1994 e decembro 2003)
- Farrah Fawcett (decembro 1995 e xullo 1997)
- Actuaron na serie Vixilantes da praia (Baywatch) (xuño 1998)
- Shari Belafonte (setembro 2000)
- Brooke Burke (maio 2001 e novembro 2004)
- Gena Le Nolin (decembro 2001)
- Peta Wilson (xullo 2004)
Edicións internacionais
editar- Alemaña (1972 ao presente)
- Arxentina (1985 a 1993 e 2005 ao presente)
- Australia (1979 a 2000)
- Brasil (1975 ao presente)
- Colombia (1992 ao presente)
- Bulgaria (abril de 2002)
- Chequia, (República Checa) (1991 ao presente)
- China (1990 a 2003)
- Croacia (1997 ao presente)
- Eslovaquia (1997 a 2002)
- Eslovenia (xuño de 2001 ao presente)
- España (1978 ao presente)
- Francia (1973 ao presente)
- Grecia (1985 ao presente)
- Hong Kong (1986 a 1993)
- Hungría (1989 a 1993, 1999 ao presente)
- Italia (1972 a 2003)
- Xapón (1975 ao presente)
- México (1976 a 1998, 2002 ao presente)
- Nova Zelandia (1983 ao presente)
- Polonia (1992 ao presente)
- Reino Unido (1953)
- Romanía (1999 ao presente)
- Rusia (1995 ao presente)
- Serbia (2004 ao presente)
- Suráfrica (1993 a 1996)
- Suecia (1999 soamente)
- Turquía (1986 a 1995)
- Venezuela (2006 ao presente)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Playboy |