Máis aló do ben e do mal
Máis aló do ben e do mal (en italiano: Al di là del bene e del male) é un filme dramático dirixido por Liliana Cavani que se estreou en 1977. Está protagonizado por Dominique Sanda, Erland Josephson e Robert Powell. O filme conta a intensa relación que xurdiu entre Friedrich Nietzsche, Lou Salomé e Paul Rée na década de 1880.
Máis aló do ben e do mal | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Al di là del bene e del male |
Director | Liliana Cavani |
Produtor | Robert Gordon Edwards |
Guión | Franco Arcalli Liliana Cavani |
Intérpretes | Dominique Sanda Robert Powell Erland Josephson Virna Lisi Carmen Scarpitta |
Música | Charles Gounod Gustav Mahler Wolfgang Amadeus Mozart Daniele Paris Robert Schumann |
Fotografía | Armando Nannuzzi |
Montaxe | Franco Arcalli |
Distribuidora | Les Artistes Associés (United Artists) |
Estrea | 1977 1 de outubro de 2017 (TVG) |
Duración | 127 minutos |
Orixe | Italia Francia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
É a segunda parte da "Triloxía alemá" dirixida por Liliana Cavani. En O porteiro de noite representou a conexión entre a perversión e o fascismo. Desta volta, representa a vida de Friedrich Nietzsche, un filósofo alemán que escribiu Also sprach Zarathustra e Jenseits von Gut und Böse.
Estreouse en galego o 1 de outubro de 2017 a través da TVG.[1]
Personaxes
editar- Dominique Sanda como Lou Salomé
- Erland Josephson como Friedrich Nietzsche
- Robert Powell como Paul Rée
- Virna Lisi como Elisabeth Nietzsche
- Philippe Leroy como Peter Gast
- Elisa Cegani como Franziska Nietzsche
- Umberto Orsini como Bernhard Förster
- Michael Degen como Carl Andreas
- Amedeo Amodio como Doutor Dulcamara
- Carmen Scarpitta como Malvida
- Clara Algranti como Madame Thérèse
Notas
editar- ↑ "Programación da TVG". El Mundo. 1 de outubro de 2017. Consultado o 1 de outubro de 2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Máis aló do ben e do mal na IMDb (en inglés).