KH-8
KH-8 (Keyhole-8) ou Gambit-3 foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola NRO, da Forza Aérea dos Estados Unidos, e que contou con catro variedades ou bloques máis un satélite especialmente modificado.[1][2][3][4][5][6]
KH-8 Bloque 1
editarOs KH-8 foron a segunda xeración de satélites de recoñecemento de alta resolución, co Bloque 1 sendo a primeira iteración desta serie.[2]
A diferenza dos KH-7, os KH-8 volveron a usar a etapa Agena D como sistema de control de voo. Os sistemas ópticos e de retorno de película estaban situados nun compartimento na parte anterior da etapa. A cámara tiña unha distancia focal de 4,46 m e usaba un sistema de espellos para chegar a unha resolución de 0,1 m, cerca do límite teórico de resolución imposto pola turbulencia atmosférica. Ademais da cámara principal, os KH-7 levaban un conxunto de tres cámaras denominado APTC (Astro-Position Terrain Camera) para contextualizar as imaxes de alta resolución.[2]
Lanzáronse un total de 22 KH-8 Bloque 1 entre 1966 e 1969 usando foguetes Titan 3B, con tres fallos durante o lanzamento.[2]
KH-8 Bloque 2
editarO Bloque 2 introduciu un segundo vehículo de reentrada para poder enviar a terra película fotográfica adicional, incrementando a información que proporcionaba cada satélite. Tiñan a mesma estrutura xeral que o Bloque 1 e a cámara as mesmas prestacións, con 0,1 m de resolución. Os 14 KH-8 Bloque 2 foron lanzados entre 1969 e 1972 usando foguetes Titan 23B e Titan 24B, cun so fallo durante o lanzamento.[3]
KH-8 Bloque 3
editarCo Bloque 3 mellorouse a interconexión móbil entre a etapa Agena D e o compartimento da cámara e as cápsulas de retorno, mellorando a axilidade da cámara para tomar fotos. Tamén se incrementou a cantidade de película dispoñible. Lanzáronse 11 KH-8 Bloque 3 entre 1972 e 1976 usando foguetes Titan 24B, cun so fallo durante o lanzamento.[4]
KH-8 Bloque 4
editarO Bloque 4 engadiu varias melloras, como un motor mellorado para a película, un escudo térmico de material mellorado para as cápsulas de retorno de película, un novo sistema de enfocado, melloras en redundancia e fiabilidade e telemetría mellorada, entre outros. Un novo sistema de exposición permitía usar dous tipos de película á vez, mellorando a eficiencia do sistema. Lanzáronse seis KH-8 Bloque 4 entre 1977 e 1984 usando foguetes Titan 24B.[5]
KH-8 Dual Mode ou Highboy
editarO KH-8 Dual Mode foi un KH-8 especialmente modificado para obter imaxes tanto en alta como en baixa resolución. Unha das dúas cápsulas de retorno de película non puido ser recuperada e a outro regresou, pero coa película degradada.[6]
Historial de lanzamentos
editarMisión[1][2][3][4][5][6] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6] | Notas[1][2][3][4][5][6] |
---|---|---|---|
KH-8 1 | 29 de xullo de 1966 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 2 | 28 de setembro de 1966 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 3 | 14 de decembro de 1966 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 4 | 24 de febreiro de 1967 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 5 | 26 de abril de 1967 | Titan-3B Agena-D | Fallo. Bloque 1. |
KH-8 6 | 20 de xuño de 1967 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 7 | 16 de agosto de 1967 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 8 | 19 de setembro de 1967 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 9 | 25 de outubro de 1967 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 10 | 5 de decembro de 1967 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 11 | 18 de xaneiro de 1968 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 12 | 13 de marzo de 1968 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 13 | 17 de abril de 1968 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 14 | 5 de xuño de 1968 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 15 | 6 de agosto de 1968 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 16 | 10 de setembro de 1968 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 17 | 6 de novembro de 1968 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 18 | 4 de decembro de 1968 | Titan-3B Agena-D | Fallo parcial. Bloque 1. |
KH-8 19 | 22 de xaneiro de 1969 | Titan-3B Agena-D | Fallo parcial. Bloque 1. |
KH-8 20 | 4 de marzo de 1969 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 21 | 15 de abril de 1969 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 22 | 3 de xuño de 1969 | Titan-3B Agena-D | Éxito. Bloque 1. |
KH-8 23 | 23 de agosto de 1969 | Titan-3(23)B Agena-D | Éxito. Bloque 2. |
KH-8 24 | 24 de outubro de 1969 | Titan-3(23)B Agena-D | Éxito. Bloque 2. |
KH-8 25 | 14 de xaneiro de 1970 | Titan-3(23)B Agena-D | Éxito. Bloque 2. |
KH-8 26 | 15 de abril de 1970 | Titan-3(23)B Agena-D | Éxito. Bloque 2. |
KH-8 27 | 25 de xuño de 1970 | Titan-3(23)B Agena-D | Éxito. Bloque 2. |
KH-8 28 | 18 de agosto de 1970 | Titan-3(23)B Agena-D | Éxito. Bloque 2. |
KH-8 29 | 23 de outubro de 1970 | Titan-3(23)B Agena-D | Éxito. Bloque 2. |
KH-8 30 | 21 de xaneiro de 1971 | Titan-3(23)B Agena-D | Éxito. Bloque 2. |
KH-8 31 | 22 de abril de 1971 | Titan-3(23)B Agena-D | Éxito. Bloque 2. |
KH-8 32 | 12 de agosto de 1971 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 2. |
KH-8 33 | 23 de outubro de 1971 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 2. |
KH-8 34 | 17 de marzo de 1972 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 2. |
KH-8 35 | 20 de maio de 1972 | Titan-3(24)B Agena-D | Fallo. Bloque 2. |
KH-8 36 | 1 de setembro de 1972 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 2. |
KH-8 37 | 21 de decembro de 1972 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 3. |
KH-8 38 | 16 de maio de 1973 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 3. |
KH-8 39 | 26 de xuño de 1973 | Titan-3(24)B Agena-D | Fallo. Bloque 3. |
KH-8 40 | 27 de setembro de 1973 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 3. |
KH-8 41 | 13 de febreiro de 1974 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 3. |
KH-8 42 | 6 de xuño de 1974 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 3. |
KH-8 43 | 14 de agosto de 1974 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 3. |
KH-8 44 | 18 de abril de 1975 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 3. |
KH-8 45 | 9 de outubro de 1975 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 3. |
KH-8 46 | 22 de marzo de 1976 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 3. |
KH-8 47 | 15 de setembro de 1976 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 3. |
KH-8 48 | 13 de marzo de 1977 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 4. |
KH-8 49 | 23 de setembro de 1977 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 4. |
KH-8 50 | 28 de maio de 1979 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 4. |
KH-8 51 | 28 de febreiro de 1981 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 4. |
KH-8 52 | 21 de xaneiro de 1982 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Dual Mode. |
KH-8 53 | 15 de abril de 1983 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 4. |
KH-8 54 | 17 de abril de 1984 | Titan-3(24)B Agena-D | Éxito. Bloque 4. |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "KH-8" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-8 Gambit-3 (Block 1)" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-8 Gambit-3 (Block 2)" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-8 Gambit-3 (Block 3)" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-8 Gambit-3 (Block 4)" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-8 Gambit-3 (Dual mode, Higherboy)" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: KH-8 |