Instituto de Estudos Miñoráns
entidade cultural do Val Miñor
O Instituto de Estudos Miñoráns, tamén coñecido polas siglas IEM, é unha asociación da bisbarra do Val Miñor creada o 27 de outubro de 1999[1].
Instituto de Estudos Miñoráns | |
---|---|
Placa na sede do instituto. | |
Acrónimo | IEM |
Tipo | asociación cultural e organización sen ánimo de lucro |
Data de fundación | 27 de outubro de 1999 |
Localización | |
Sede | Gondomar |
Enderezo | Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar (galego) |
En | Gondomar |
País | Galicia |
42°06′44″N 8°45′56″O / 42.1123098, -8.7655581 | |
Na rede | |
http://iem.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarO instituto ten como principais obxectivos a divulgación da cultura galega e, en xeral, todo o referente ao patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico etc., dos tres concellos do Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar). Así mesmo promove a realización de estudos de todo tipo sobre os ámbitos sinalados e fomenta a conservación e respecto polo patrimonio miñorano como un ben económico e cultural actual.
Desde 2008 organiza, xunto á entidade local de Morgadáns, os Premios de poesía Victoriano Taibo[2] .
Notas
editar- ↑ IEM. "Documento fundacional". www.iem.gal. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2018. Consultado o 2018-10-31.
- ↑ "Morgadáns convoca el concurso de poesía «Victoriano Taibo» con un premio de 3.000 euros". La Voz de Galicia. 30 de maio de 2008. Consultado o 30 de outubro de 2018.(en castelán)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Instituto de Estudos Miñoráns |