A historia de Cuba abrangue a historia de Cuba e a dos seus estados predecesores. Cuba foi unha das primeiras illas ocupadas polos conquistadores casteláns. A illa, chamada polos nativos Bohío, foi visitada por Colón na súa primeira viaxe o 24 de outubro de 1492, aínda que o almirante a consideraba terra continental pertencente aos dominios do Gran Khan. Déuselle o nome de La Juana, nome da filla dos Reis Católicos e a súa insularidade foi probada en 1509 por Sebastián de Ocampo.

Historia de Cuba

Mapa de 1680.
Historia de Cuba
Cronoloxía Cronoloxía de Cuba
Categoría Historia de Cuba

Idade Moderna

editar

Colonia española

editar
 
Soldados cubanos, 1898

O gobernador da Española, Diego Colón, encargou a Diego Velázquez de Cuéllar organizar unha expedición para conquistar e poboar Cuba en 1511, o que Velázquez realizou, sendo o seu primeiro gobernador.

Foi ocupada durante once meses por Inglaterra, de agosto de 1762 a xullo de 1763. No Tratado de París (1763), España obtén a devolución de Cuba.

Os colonizadores españois estableceron a cría de gando e a sementeira de cana de azucre e tabaco como os principais obxectivos económicos de Cuba. A medida que a poboación indíxena desaparecía, importábanse escravos africanos para traballar nos ranchos e plantacións. A escravitude foi abolida en 1886.

Idade Contemporánea

editar
 
Oficiais españois e estadounidenses durante a evacuación española da Habana, 1898.
 
Memorial de José Martí na Habana.

Cuba foi a última colonia española importante en lograr a independencia, tras unha loita de 30 anos que comezou en 1868. José Martí, o heroe nacional cubano, iniciou o pulo final para a independencia en 1895. En 1898, despois de que o USS Maine afundise na Baía da Habana o 15 de febreiro, debido a unha explosión de orixe descoñecida, Estados Unidos entrou na guerra. En decembro do mesmo ano, España entregou o control de Cuba aos Estados Unidos segundo o Tratado de París.

Século XX

editar

Independencia de España

editar

O 20 de maio de 1902 Estados Unidos outorgoulle a Cuba a independencia, mais retivo o dereito de intervir para preservar a independencia e estabilidade de Cuba de acordo coa emenda Platt. En 1934 a emenda foi abolida e os Estados Unidos e Cuba reafirmaron o acordo de 1903, segundo o cal se lle arrendaba a base naval da Baía de Guantánamo aos Estados Unidos.

A Cuba independente foi gobernada, en numerosas ocasións, por figuras autoritarias políticas e militares que ás veces chegaban ao poder ou se mantiñan nel pola forza. En 1925 chegou ao poder Gerardo Machado que iniciou unha política represora contra os políticos opositores e os movementos sindicais. Fulgencio Batista, un sarxento do exército, organizou unha revolta de suboficiais en setembro de 1933 e exerceu un importante poder tras bastidores ata que foi elixido presidente en 1940. En 1944 non foi reelixido, e en 1948 non se postulou como candidato. Ambas eleccións ganáronas figuras políticas civís que contaban co apoio das organizacións partidistas. En 1952, cando se presentou de novo ás eleccións presidenciais, Batista tomou o poder nun golpe de estado non violento, tres meses antes das eleccións. Ademais, suspendeu a elección e comezou a rexer por decreto. Moitas figuras e movementos, que querían unha volta ao goberno baixo a Constitución de 1940, disputaron a autoridade non democrática de Batista. O 26 de xullo de 1953, Fidel Castro, quen fora activista político antes do golpe de Batista, liderou un ataque infrutuoso contra o cuartel Moncada do exército en Santiago de Cuba. Castro foi ao cárcere e trala súa liberación exiliouse a México. Desde alí, organizou o Movemento do 26 de xullo co obxectivo de derrocar a Batista. O grupo partiu rumbo a Cuba no iate Granma, arribado á parte leste da illa en decembro de 1956.

Revolución cubana

editar
 
Cartel enfronte da oficina de intereses estadounidenses, na Habana

A autoridade ditatorial de Batista incentivou a crecente insatisfacción popular e o alzamento de moitos grupos activos de resistencia urbanas e rurais, o cal se presentaba como terreo político fértil para Castro e o seu Movemento 26 de xullo. Enfrontado a forzas militares en si corruptas e pouco efectivas, desalentadas polo embargo estadounidense imposto á venda de armas a Cuba, xunto coa indignación e o rexeito público ante a brutalidade demostrada cos seus adversarios, Batista escapou da illa o 1 de xaneiro de 1959. Aínda que Castro prometera a volta á autoridade constitucional e eleccións democráticas, ademais das reformas sociais, utilizou o seu control sobre as forzas militares para consolidar o seu poder reprimindo así a toda disidencia ás súas decisións, marxinando a outras figuras da resistencia e encarcerando ou executando a opoñentes. A medida que a revolución se fixo máis radical, centos de millares de cubanos abandonaron a illa.

 
Unha das fotografías que desencadeou a crise dos mísiles

Castro proclamou a Cuba estado socialista o 16 de abril de 1961. Durante os 30 anos seguintes, estableceu unha relación estreita coa Unión Soviética, ata que esta última desapareceu en 1991. A relación entre os Estados Unidos e Cuba deteriorouse axiña a medida que o réxime cubano expropiaba propiedades estadounidenses e avanzaba para a adopción dun sistema comunista de partido único. En resposta a isto, Estados Unidos impuxo un embargo sobre Cuba en outubro de 1960 e, para responder ás provocacións de Castro, rompeu relacións diplomáticas o 3 de xaneiro de 1961. O 17 de abril dese ano produciuse a invasión de Baía de Cochinos por parte dun grupo de 1500 exiliados organizados pola CIA. A tensión entre os dous gobernos culminou coa crise dos mísiles en outubro de 1962.

A caída da Unión Soviética significou un duro golpe para a illa, fortemente subsidiada polos soviéticos, mais Castro logrou manterse no poder, grazas a recibir algunhas divisas polo turismo e, nos últimos anos, co orzamento petroleiro do goberno venezolano de Hugo Chávez.