Hexánquidos
Hexánquidos (Hexanchidae) Rango fósil: xurásico superior - actualidade [1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hexanchus griseus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
Os hexáquidos (Hexanchidae) son unha familia de elasmobranquios (Elasmobrachii) da orde dos hexanquiformes (Hexachiformes) caracterizados por presentaren seis ou sete pares de branquias, en vez dos cinco habituais noutros tiburóns.
Están considerados como os tiburóns máis primitivos, dado que o seu esqueleto conserva algunhas características xa extinguidas, con algunhas adaptacións modernas. Os seus aparellos excretor e dixestivo están pouco especializados, o que suxire tamén que poden parecerse aos de tiburóns primitivos antepasados seus. O trazo máis distintivo, porén, é a presenza dun sexto e, en dous xéneros, un sétimo par de fendeduras branquiais.[2]
Poden medir entre 140 e 550 cm de loinxitude. Son ovovivíparos. Aliméntanse de peixes relativamente grandes de todo tipo, incluíndo outros tiburóns, así como de crustáceos e preas.
A familia está represntada nas augas galegas por unha especie, Hexanchus griseus, o bocadoce.[3][4]
Clasificación
editarA familia conta con 4 especies actuais,[1] ademais de moitas outras extintas:
Especies actuais
editar- Xénero Heptranchias
- Heptranchias perlo (Bonnaterre, 1788)
- Xénero Hexanchus
- Hexanchus griseus (Bonnaterre, 1788), o bocadoce
- Hexanchus nakamurai Teng, 1962
- Xénero Notorynchus
- Notorynchus cepedianus Poey, 1861
Especies extinguidas
editar- Xénero Paraheptranchias † Pfeil, 1981
- Paraheptranchias repens † (Probst, 1879)
- Paranotidanus “Eonotidanus” contrarius † (Munster, 1843)
- Paranotidanus intermedius † (Wagner, 1861)
- Paranotidanus munsteri † (Agassiz, 1843)
- Paranotidanus serratus † (Fraas, 1855)
- Xénero Notidanoides † Maisey 1986 [5]
- Xénero Notidanodon † Cappetta, 1975
- Notidanodon antarcti † Grande & Chatterjee, 1987
- Notidanodon brotzeni † Siverson, 1995
- Notidanodon dentatus † (Woodward, 1886)
- Notidanodon lanceolatus † (Woodward, 1886)
- Notidanodon loozi † (Vincent, 1876)
- Notidanodon pectinatus † (Agassiz, 1843)
- Xénero Pseudonotidanus † Underwood & Ward, 2004
- Pseudonotidanus semirugosus † Underwood & Ward, 2004
- Xénero Weltonia † Ward, 1979
- Weltonia ancistrodon † (Arambourg, 1952)
- Weltonia burnhamensis † Ward, 1979
- Familia ? Mcmurdodontidae
- Xénero Mcmurdodus † White, 1968
- Mcmurdodus featherensis † White, 1968
- Mcmurdodus whitei † Turner, & Young, 1987
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2011): Hexanchidae en FishBase. Versión de febreiro de 2011. Consultada o 1/12/2012.
- ↑ Matt's, J. & Last P. R. (1998). Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N. (eds.), ed. Encyclopedia of Fishes. Academic Press (San Diego). p. 61. ISBN 0-12-547665-5.
- ↑ Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
- ↑ Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
- ↑ Notatonoides Arquivado 10 de marzo de 2012 en Wayback Machine. en Paleobiology Database. Consultada o 1/12/2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hexánquidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hexánquidos |
Bibliografía
editar- Allen, Thomas B. (1999): The Shark Almanac. Nova York: The Lyons Press. ISBN 1-55821-582-4.
- Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Identificación vsual das 4 especies en FishBase. Consultada o 1/12/2012.
- Hexanchidae en ITIS. (en inglés) Consultada o 12/02/2021.
- Hexanchidae en Animal Diversity Web. (en inglés) Consultada o 1/12/2012.
- Hexanchidae en NCBI. (en inglés) Consultada o 1/12/2012.