Estrutura tridimensional da Met-encefalina, cos carbonos alfa mostrados como bólas e etiquetados por residuo.[1]
Encefalina
Identificadores
Símbolo PENK
Entrez 5179
HUGO 8831
OMIM

131330

RefSeq NM_006211
UniProt P01210
Outros datos
Locus Cr. 8 q23-q24

Unha encefalina é un pentapéptido que intervén na regulación da nocicepción (sensación de dor) no corpo. As encefalinas denomínanse ligandos endóxenos, xa que son derivados formados internamente no corpo e únense aos receptores de opiáceos corporais. Atopáronse dúas formas de encefalina, descubertas en 1975, unha que contén leucina ("Leu") e outra que contén metionina ("Met"). Ambas as dúas son produtos do xene da proencefalina.[2]

Péptidos opiáceos endóxenos

editar

Hai tres familias ben caracterizadas de péptidos opiáceos producidos polo corpo: encefalinas, β-endorfina e dinorfinas. A secuencia do péptido Met-encefalina está codificada no xene da encefalina, mentres que a secuencia da Leu-encefalina está codificada tanto polo xene da encefalina coma polo xene da dinorfina.[3] O xene da proopiomelanocortina (POMC) tamén contén a secuencia da Met-encefalina no N-terminal da beta-endorfina, pero o péptido endorfina non é procesado para lugar a encefalina.

Efectos sobre o estrés

editar

A encefalina é tamén considerada un neuropéptido, o cal no corpo humano actúa como unha importante molécula de sinalización no cerebro. As encefalinas atópanse en alta concentración no cerebro e nas células da medula adrenal. En resposta á dor a norepinefrina (ou noradrenalina), unha hormona que é activada na resposta de loita ou fuxida, libérase xunto con endorfinas.[4] Un estudo de 2017 indica que este polipéptido pode ser ligado ao funcionamento do cerebro durante a resposta ao estrés, especialmente no hipocampo e no córtex prefrontal. Esta investigación suxeriu que, como parte da resposta ao estrés, varios análogos da Met-encefalina incrementan a súa actividade no hipocampo, mentres que os análogos da Leu-encefalina e as somatostatinas son regulados á baixa durante o estrés. Os estresantes poden afectar aos neuropéptidos cuxa acción está localizada nunha rexión específica do cerebro.[5]

Receptor de encefalina

editar

Os receptores da encefalina son os receptores opiáceos delta e receptores opiáceos mu. Os receptores opiáceos son un grupo de receptores acoplados á proteína G que teñen tamén outros opiáceos como ligandos. Os outros opiáceos endóxenos son as dinorfinas (que se unen a receptores kappa), endorfinas (a receptores mu), endomorfinas e nociceptina/orfanina FQ. Os receptores opiáceos son ~40 % idénticos aos receptores da somatostatina (SSTRs).[6][7][8]

  1. PDB 1plx; Marcotte I, Separovic F, Auger M, Gagné SM (marzo de 2004). "A multidimensional 1H NMR investigation of the conformation of methionine-enkephalin in fast-tumbling bicelles". Biophys. J. 86 (3): 1587–600. Bibcode:2004BpJ....86.1587M. PMC 1303993. PMID 14990485. doi:10.1016/S0006-3495(04)74226-5. 
  2. Noda M, Teranishi Y, Takahashi H, Toyosato M, Notake M, Nakanishi S, Numa S (xuño de 1982). "Isolation and structural organization of the human preproenkephalin gene". Nature 297 (5865): 431–4. Bibcode:1982Natur.297..431N. PMID 6281660. doi:10.1038/297431a0. 
  3. Opioid peptides: Molecular pharmacology, biosynthesis and analysis Arquivado 2009-08-26 en Wayback Machine., R.S. Rapaka and R. L. Hawks (editors) in a National Institute on Drug Abuse Research Monograph (#70), 1986.
  4. Pasternak, Gavril W. "Endorphins". AccessScience. doi:10.1036/1097-8542.232500. 
  5. Henry MS, Gendron L, Tremblay ME, Drolet G (2017). "Enkephalins: Endogenous Analgesics with an Emerging Role in Stress Resilience". Neural Plasticity 2017: 1546125. PMC 5525068. PMID 28781901. doi:10.1155/2017/1546125. 
  6. Dhawan BN, Cesselin F, Raghubir R, Reisine T, Bradley PB, Portoghese PS, Hamon M (decembro de 1996). "International Union of Pharmacology. XII. Classification of opioid receptors" (PDF). Pharmacological Reviews 48 (4): 567–92. PMID 8981566. 
  7. Janecka A, Fichna J, Janecki T (2004). "Opioid receptors and their ligands". Current Topics in Medicinal Chemistry 4 (1): 1–17. PMID 14754373. doi:10.2174/1568026043451618. 
  8. Waldhoer M, Bartlett SE, Whistler JL (2004). "Opioid receptors". Annual Review of Biochemistry 73: 953–90. PMID 15189164. doi:10.1146/annurev.biochem.73.011303.073940. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.