EXPO 98
Expo '98 , oficialmente, Exposição Internacional de Lisboa de 1998,[1] foi a exposición especializada celebrada en Lisboa do 22 de maio ao 30 de setembro de 1998, cuxo tema foi "Os oceanos: um património para o futuro".[2]
EXPO 98 | |
---|---|
Tipo | exposición universal |
Campo de traballo | artes escénicas |
Data de fundación | 1998 |
En | Distrito de Lisboa |
País | Portugal |
38°46′04″N 9°05′45″O / 38.767703, -9.095821 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A zona escollida para acoller a exposición foi a parte oriental da cidade próxima ao río Texo.
Construíronse varios pavillóns que ficaron ao servizo dos habitantes e turistas no que hoxe se chama Parque das Nações, onde se atopa o Oceanario, formado por 5 ambientes mariños diferentes e poboado por numerosas especies de peixes e mamíferos mariños) e un complexo de redes de transporte como estacións de metro e ferrocarril.
A Expo '98 tivo preto de 11 millóns de visitantes. O seu éxito débese tamén ás numerosas actividades culturais, por exemplo, os seus preto de 5.000 eventos musicais convertérono no festival de música máis grande da historia da humanidade. A exposición revolucionou esta parte da cidade dende o punto de vista arquitectónico, cambiando tamén os hábitos dos portugueses.
Tema
editarO tema da Exposición Internacional de Lisboa do 98 foi "Os oceanos: um património para o futuro". Esta elección fíxose co fin de poder debater sobre o papel que teñen os océanos no mundo actual e como os recursos do mar poden contribuír mellor ao desenvolvemento sostible do planeta, para reflexionar sobre a destrución de hábitats oceánicos ricos en vida e recursos e razoar sobre a importancia do mar no equilibrio da Natureza.
Escolleuse o termo herdanza para expresar un dobre concepto. Por unha banda a relativa ás riquezas físicas e culturais do mar, por outra a necesidade da conservación do medio oceánico. Este último aspecto tivo como obxectivo o nacemento do sentido da responsabilidade no visitante, que puidese reflexionar sobre como poder deixar intacto un ben tan importante ás xeracións futuras.
Dentro do tema principal foi posible, polo tanto, identificar algúns subtemas, como:
- O coñecemento dos mares, dos recursos dos océanos
- Os océanos e o equilibrio do planeta
- Os océanos e o lecer
- Os océanos como fonte de inspiración artística
Sitio
editarA zona elixida para acoller a Expo '98 foi ao leste da cidade, á beira do río Texo, e despois pasou a chamarse Parque das Nações (Parque das Nacións). A zona acolleu todos os pavillóns dos países expositores, os temáticos, un acuario, un pavillón multifuncional (Pavilhão Atlântico), o pavillón portugués, a Torre Vasco de Gama e a Estação do Oriente proxectada polo arquitecto Santiago Calatrava.
Participantes
editarUn total de 146 países e Estados-nación, numerosas asociacións internacionais como a Liga Árabe, Unión Europea, Cruz Vermella Internacional, Nacións Unidas…), algunhas organizacións portuguesas e unha serie de empresas (entre elas Sony, Swatch, TAP Portugal etc.).
Imaxe da Expo
editarLogotipo
editarO logotipo da Expo '98 simboliza o mar e o sol. Foi deseñado por Augusto Tavares Dias que gañou un concurso no que participaron 1288 propostas.
Mascota
editarA mascota da Expo de Lisboa chamábase Gil e foi deseñada polo pintor António Modesto e o escultor Artur Moreira. O seu personaxe, cuxo nome provén do navegante portugués Gil Eanes, pasou a selección entre 309 propostas.
Galería de imaxes
editar-
O Parque das Naçoes, lugar da Expo '98, visto desde a torre Vasco de Gama
-
Torre Vasco de Gama
-
Gil a mascota no Parque das Naçoes
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: EXPO 98 |
A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |